lunes, 4 de julio de 2016

ESCOLA DE LAGO- XULLO e AGOSTO 2016

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
o mesmo que o empezado no 2010.
Creáronse en xuño-16: un novo blogue para subir as fotos o curso que ven, e un novo correo, para alixeirar as búsquedas.

escoladelago2016@gmail.com


43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

Este verán hai que recoller
 e reestructurar a escola 
porque van entrar 6 nenos-as 
e vanse só 2.

De pronto, o día 5 de xullo 
xa había un motivo maior.
 Eu decidín pedir a xubilación 
porque o virus da Mononucleose que collín dos nenos e nenas en xuño 2014 "non me abandoa" e nestas condicións non poido seguir facendo o tipo de escola que sempre fixen...
Dixéronme que tardaban 3 meses en xestionar a xubilación, anque logo foi moito máis rápido! Díronma para o 31 de agosto, como pedín para non romperlle o novo curso á escola.
Entón a recollida tivo que ser máis definitiva 
e dura todo o verán...
Finalmente o blogue aberto
 para unha nova etapa,
 vai ser moito máis novo!
Terá a impronta dunha nova persoa,
 máis xove e con máis enerxía, sen dúbida, 
 con novas e estupendas ideas que callarán singularmente 
coa actual comunidade escolar dando lugar a unha nova experiencia escolar que  dará moito para poder reflexar 
nese novo blogue.

O verán
Durante o mes de xullo foron medrando as cousas sementadas 
 O freixo de flor voltou florear  a primeiros de xullo.
Florearon tamén algúns gladiolos...
 A escola pasou o verán con todo por medio para ir revisando.
Algunhas nais (Mari Carmen, Carmen, María, Susana...) e ex-nais (Mónica e Patricia), viñeron axudarme algo, cando poideron.
Fotos da situación na aula.

A finais de xullo os garavanzos e lentellas estaban secos e preparados para a recolleita, algúns nenos e nenas pasaban cando eu estaba traballando na escola e recolleron  comprobando o resultado...
O resto queda para que todos o debaguen en setembro
e algo vai ir a unha exposición sobre legumes...


Estiven indo a traballar cada mércores de agosto e o día 17  atopei 
postos os colgadores que faltaban.
O 24 volverei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario