sábado, 8 de diciembre de 2012

ESCOLA DE LAGO_DECEMBRO 2012

Neste curso estamos  13 nenas e nenos de 3 a 7 anos
A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola
nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
1. Fotos para mandar a outras escolas de Galicia, España e Europa
2- boneca para o museo do xoguete popular
do CPI da Capela, A Coruña
3 - xogo fdas lombas
4- portaservilletas-felicitación
5- amaños na escola
6- debuxo creativo con Estefanía
7- farois
8- portaservilletas pequenos
9- composteiro
10- primeros traballos rematados para Beas de Granada
11- tarxetas a escolas europeas con Mariluz
12- primeiras tarxetas europeas recibidas
13- envío a Beas de Granada
14. felicitación conxunta ós amigos e amigas da escola
15- agasallos especiais
16-mel das abellas
17-museo SGHN
18- Co Apalpador no Cantón, Ferrol
19- bolsa do Apalpador
19a- debuxos para o concurso do Apalpador, en Artabria.
20- en correos, Ferrol
21- as tarxetas do correo postal
22- os envíos e amaños do día 21
23- O Tió
24- o Olentzero
25- O Papá Noel
26- o guiñol e os monicreques
27- tarxetas dixitais
28- o festival de Nadal
29- Premios do concurso de debuxos sobre o Apalpador
---------
1- Fixemos fotos-felicitacións para as escolas que fan con nós correspondencia escolar e para os intercambios de tarxetas con outros centros de Europa que propuxo Mariluz.

 2- Fixemos unha boneca para a exposición do xoguete popular do CPI de A Capela que visitamos en setembro, entregámoslla a Xabier, no noso programa de radio do día 3.
Fixémoslla de mazaroca como as que facían as nenas antes en Galicia, usamos unha espiga reineta pola tradición de que dá sorte e porque se asemella máis á cor das bonecas africanas que tamén teñen na exposición de xoguetes africanos. Foi feita entre todas-os.

3- Xeila está moi contenta porque xa salta moi ben ás lombas!!!
4- Despois de facer as coroas de Nadal quedáronnos os soportes dalgunhas velas, por iso os reutilizamos para facer
porta servilletas-felicitación de Nadal.


5- O día 5 e o 7, fora de horario, houbo amaños na escola, Non temos fotos pero o traballo foi importante para organizarnos millor.


6- O día 10 Estefanía veu a enseñarnos a facer uns debuxos especiais.
Foi moi divertido. Había que mollar a folla, píntar e dobrar, secar a folla e mirar que debuxo suxería para facer despois as líneas.
Graciñas Estefanía
Algúns dos debuxos feitos...




Nós démoslle un porta servilletas-felicitación pequeno
7- O día 12 por fin cantamos cos farois acesos: farol, farol
Este ano fixemos 3 novos: 2 esquíos e 1 cogumelo.
Están rematados desde hai tempo pero cousas máis urxentes  fixeron que deixáramos isto relegado.
 8- Cos soportes das velas pequenas aproveitamos a facer máis agasallos,
moitos son para persoas que fixeron un gran esforzo para
axudar nas actividades da nosa escola. Gracíñas a todos!!!
 9- O día 12 estrenamos o composteiro!!!!

10- Estes son os primeiros traballos rematados para enviar ós nosos amigos do colexio de Beas de Granada, outros están a piques de seren rematados e a ver se este venres mandamos todo por correo postal...

11- tarxetas para escolas europeas, con Mariluz de coordinadora
tarxetas de acivro, xiratorias, de infantil a Turquia
e de primaria a Reino Unido
 Tarxetas feitas en familia para centros europeos, con Mariluz
O mural de Candela finalmente tamén se enviou!!!
Esta xa non deu tempo a enviala e quedou na escola.

12- O día 13 vimos as primeiras tarxetas que trouxo Mariluz
 recibidas dos colexios de Europa

13- envío ó colexio de Beas de Granada do día 15
debuxos-foto carnet

A escola por dentro e por fora
Os traballos foron en castelán, claro!!!! 







Os traballos para Granada foron escaneados por Sonia Bogo.
 Graciñas Sonia!!!
As fotos do sobre e do contido, que vemos a continuación, nolas mandaron desde Beas de Granada despois de aberto!!! Graciñas!!!! 
Chegoulles uns días antes das vacacións. Menos mal!!!!


¡¡¡¡¡ O luns fomos á radio e entrevistamos ó Apalpador, ver fotos en:
 a entrevista pódela ouvir en:
 Ollo!!! está a entrevista completa pero non está o programa completo.
Está cortada a parte do Belén Vivinte que se gravou.

14- felicitación conxunta da nosa escola a amigos e amigas que foi enviada por correo-e con dedicatoria específica a :familias, profesores, radio Filispim, Artabria, SGHN, AVV de Lago, de Meirás, Concello, ás escolas de Beas de Granada e de Carantoña-Vimianzo e de A Capela, para a A. Batalla e Brión, exalumnos, etc e despois con esta dedicatoria a numerosos amigos-as da escola

15- Fixemos agasallos especiais de Nadal para persoas que dedicaron
moito, moito tempo e esforzo en beneficio da escola, como Chelo, Enrique. Carmen, etc.       Graciñas a todos!!!!
tamén llo ofrecimos a entidades que teñen xestos importantes hacia a nosa escola, como é a AVV de Lago, Radio Filispim, etc.
Queremos mostrarlles que lles estamos moi agradecidos!!!
e como non, ó Apalpadore e ós seus elfos!! etc

16- Cristina deulle a Sabela un cacho de panal de mel das súas abellas e Sabela rápido nos animou a tomar.
Encantounos a algúns  e a outros non tanto!!!
Graciñas ás dúas profes!

17- O día 20 fomos a Ferrol ó museo da SGHN,
 cos das escolas de Vilaboa e Vilarrube
Estas fotos do museo foron borradas dun pen, por equivocación, e Vituco as recuperou (o mesmo que fixo un traballo de semáns recuperando os traballos do disco duro que se fundeu con todas as fotos e traballos da escola logrando salvar a maioría)
Graciñas Vituco, por todo o que axudas continuamente!!!!

 Berta guiounos polo museo...


 E Paulino explicounos do universo...
 Logo tomamos alí mesmo o tente en pé de media mañá.

18- Despois fomos ó Cantón e alí apareceron os elfos e o Apalpador.
Vaia sorpresa, pero nós xa lle cantábamos, para que viñera,
unha estrofa que lle fixo Sabela ó ano pasado:
No Nadal chega o Apalpador
e con el os seus elfos
traeranos froitos secos
e xoguetiños de agasallo.
"E viñeron vernos! Iso que o luns estivera con nós na radio
Alí fixémoslle unha entrevista!!!
Pero eiquí ata bailamos!!!!





 Pasámolo en grande...
 Os elfos díronnos mandarinas e quivis para que non nos resfriemos...
de Gabriel:

19- Para que nos deixe as cousas o Apalpador nós facemos unhas bolsas

19a- debuxos para o concurso do Apalpador da
 Fundación Artabria, de Ferrol.
Apenas tivemos tempo pero algúns conseguiron facelos.
Os 3 primeiros son de 5 anos e Gabriel, con moito interés,
xa o fixo na casa e o levou pola súa conta. Os de abaixo
son das nenas de 2º de primaria.
(As fotos dos premios están no apartado 29 desta mesma entrada)

20- Despois de estar co Apalpador no Cantón, o día 20,
 fomos a Correos para botar as cartas
de felicitación ás nosas familias



20a- No nadal facemos varios tipos de tarxetas para as familias
 e estas son as que enviamos polo correo postal,
a todas lles puxemos no sobre o noso selo do Apalpador,
fíxonolo Sabela o ano pasado e todos o poñemos.


21- O día 21 chegounos unha carta de Eslovenia
 pero aínda han chegar máis doutros países!
22-  E mandamos por un Sr. que se chama Dopico os tapóns solidarios que xuntamos neste trimestre e os alimentos para as familias con dificultades económicas e... tamén ven da Consellería un rapaz polo asunto da conexión de Internet e... Tampouco deu resolto nada!!!!
Vaia que resulta dificil...!!! Veña a vir e ir de Santiago para nada!!!!!!!!
Disque é cuestión de burocracia...

23- Como traballamos sobre os mitos españois do solsticio de inverno
O día 21 o Tió catalán deixounos os doces de Nadal para a festa.

24- O Olentzero vasco deixounos 3 preciosos
monicreques para a escola!!!
24-  Papá Noel chegou tamén á escola de Lago!!!!
El non é un mito español, pero como agora é tan coñecido por eiquí...
veunos visitar tamén!!!!
 El tróuxonos para a escola 
moitos máis fermosos monicreques... Menuda festa!!!
 E claro aproveitamos a pedirlle algo...

26- Logo xogamos co guiñol e os monicreques todo o que poidemos...
As bolsiñas que fixeron as de 3 anos...

27- Faltan por subir as tarxetas dixitais e outras cousas...

28- Despois o festival foi o domingo 22, pola tarde,
 con moitos, moitos espectadores!!!
 Despois de anos usando para a actuación a roupa prestada por Pantín, agora temos roupa propia. Foi o estreno!!!
Graciñas á Pantín pola súa xenerosidade, de anos... e graciñas ás familias da escola por facer as novas roupas, sobre todo graciñas a Carmen que sempre é a que carga coa super maioría do traballo de costura, Quedouvos todo moi, moi, moi ben!!!!
 Inés tivo a xentileza de vir desde Ares e participar no belén
Graciñas Inés!!!
Miguel estivo enfermo e non poido actuar ese día (co ben que o sabía todo!!!) polo que os demais supliron o seu rol de pastor, tamén estupendamente ben.
 A verdade é que sabían todo moi ben e que se esforzaron por estar atentos polo que lles saíu moi ben!!!

 Recibiron moitos e merecidos aplausos!!!!
Logo foi a merendola!!!!


Bo Nadal e Feliz Aninovo 2013!!!

29- O día 28, 4 nenas e 1 neno da escola  recibiron premios do concurso sobre o Apalpador, en Artabria. Noraboa!!!!!!!!
Graciñas Ana polas fotos!!!!
Os debuxos premiados están no apartado 19a desta mesma entrada.

Tiveron moitos agasallos pero ademais os primeiros premios (de infantil e primaria) tiveron un fermosísimo Apalpador de tea. Sara tróxoo á escola para ensinalo a todos pero Gabriel ten outro igual...

Feliz Aninovo 2013!!!!!!!!!