miércoles, 18 de septiembre de 2013

ESCOLA DE LAGO-SETEMBRO 2013

Ola!!!!
Estamos eiquí de novo!!!
Este curso somos 11 nenos e nenas de 3 a 7 anos
os de primaria
e os de infantil...
A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
1- o inicio do curso
2- reencontro co parque
3- horta
4-castañas
5-billetes e moedas
6- celebración do cumpre de Candela
7- celebración do cumpre de Mateo B.
.8- algún debuxo
...

 
1- Empeza un novo curso, agora somos 11 nenos e nenas de 3 a 7 anos. Xa non están Sabela Graña, Sara, Alba, Gabriel e Miguel. Bótamolos de menos e mandámoslles moitos bicos ós 5. Agora entraron Montxo, Gael e Mateo Bacorelle que son tranquilos e... ninguén chora...!
 
2- Que gusto poder disfrutar de novo do parque...!!!!




 
3- Como o verán veu seco e ninguén regou... as cebolas da escola case non medraron!!! Pero as que levamos para plantar na casa, sí. As da horta de Chelo arrincáronas moi grandes!!!
 Mirade 1 que mostra Mateo...!
Trouxéronnos da horta de Montxo figos, e tomatiños cherris cos que aproveitamos a facer numeración antes de comelos...
Vedes os 38 do 2º día ?

 

 

4- Un ano máis seguimos recollendo castañas, pesámolas coa romana e coa pesa de cociña e, de momento,
andamos a comelas en zonchos e asadas... Están moi ricas!
5- O día 18 trouxéronnos un agasallo: un amigo dos pais de Mateo Santiago, mandounos billetes e moedas para traballar na escola.
Graciñas mil!!!!
 
6- O día 23 celébrámoslle na escola o cumpre a Candela con todos os rituais que facemos sempre:


O caderno que se lle agasallou:

 


7- O cumpre de Mateo Bacorelle celebrámosllo o día 27
con todos os rituais tamén...
Ana sorprendeunos con galletas artesanas co noso nome, para o postre na casa
e o seu caderno



 
 8- Algún debuxo facendo surf, de Montxo e Gael.