lunes, 3 de junio de 2013

ESCOLA DE LAGO- XUÑO 2013


Neste curso estamos 13 nenas e nenos de 3 a 7 anos, pero 3 xa cumpliron  os 8 anos.
Gabriel xa non ven desde o 29 de abril, foise para Vigo coa súa nai. 
Bicos Gabriel!

O día 3 xa empezaron o periodo de adaptación os nenos novos!!!
Benvidos!!!!
A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Nesta entrada temos:
1- aínda África
2- xogos cos nenos do periodo de adaptación, día 3
3- boneca de Antía G.
4- a moto de Xan
5- o día 5 volveron os xogos cos nenos do periodo de adaptación
6- clase de música do día 5
7- o día 5 enviamos paquete a Beas de Granada
8- exemplos de láminas da presentación feita sobre a lagoa, morouzóns e praia.
9- cumpre de Miguel o día 6
10- Vídeo dedicado a Mariluz, profe de inglés
11- fomos ver o tear de Alberto
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/06/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-xuno.html
12- video de weather
13- enlace co noso vídeo d Mosca Chosca feito con Cris
no contacontos
14- periodo de adptación do día 10
15- o aloe saponaria en flor e as cebolas
16 - Folga comarcal, 
17- ensaios de bailes 
e a bolboreta no xardín
18- casca arredor das árbores
18a- Mónica mandounos fotos da flor de Yasmín
19- contacontos de Anxo Moure
20-fomos limpar a praia e papaventos
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/06/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-xuno.html
21- O día 14 sairon as 2 primeiras bolboretas da seda.
22- barcos do contacontos de Cris
23- periodo de adaptación día 14
24- saíron máis bolboretas
25- periodo de adaptación dia 17
26- enlace con radio día 17
27- excursión día 18
28- periodo de adaptación día 19
29- suspendeuse a excursión de fin de curso de todo o CRA coas familias a Ares por mor do mal tempo 
29a- aproveitar debuxos-ficha 
30- lectura
31- cumpre de Xeila
32- viñeron recoller tapóns de novo
33- tarriños
34- os ovos das bolboretas da seda
35- o festival está reflexado no outro blogue

36- enlace co vídeo de Beas de Granada
...............
1- África  sigue motivando particularmente e traen as novidades...

2- xogos cos nenos do periodo de adaptación: Gael e Mateo Bacorelle,  día 3








3- Antía Gutiérrez rematou, tamén  a súa boneca

4- Xan veu na moto e hoxe lle deixou montar a Miguel, outros días serán outros... se pode volver a traela, porque co tempo que vai...

5- O dia 5  volveron os nenos do periodo de adaptación







 6- clase de música do día 5

7- o día 5 enviamos paquete ós de 1º do colexio público de Beas de Granada, cos que mantemos correspondencia escolar 
e debíamoslles carta
No  paquete ían moitas cousas
incluida unha carta
e fotos nos arredores da escola

folletos de Valdoviño  e debuxos do tema de África
Os carteis e folletos do concello no los trouxo 
a Concelleira Cristina Freire. Graciñas!!!!
 foto vestidos con traxes rituais Dogon, de Mali, África

e debuxos
 debuxo da escola
 e de cousas antergas de Galicia


da nosa paisaxe...

colgantes de cunchas de lapas e mexillóns...

O traballo especialmente adicado a eles foron as 6 poesías en galego que escribeu  Federico García Lorca e que foron publicadas en Galicia no 1935, Blanco Amor fíxolle o limiar.
O día 5, día en que por coincideu que mandamos o paquete, resultou que era o 115º aniversario do nacemento de Federico García Lorca!!!!
Estas poesías as leron os nenos e nenas no programa nº 25, de Dálle que dálle nas Ondas e llas mandamos gravadas ademais de poderse escoitar o programa enteiro en Internet en:
http://www.ivoox.com/dalle-dalle-nas-ondas-n-25-audios-mp3_rf_2096802_1.html?autoplay=1
Xa vedes que llas mandamos tamén traducidas, 
para que as entendan...
 Plaza da Quintana, Santiago









8- O traballo da presentación da lagoa, zona dos morouzóns e praia en pps, con 60 diapositivas e centos de  fotos de plantas, aves e todo tipo de animais cos nomes en galego, latín e castelán, foi feito nunha versión en galego para nós e para as escolas galegas coas que mantemos corresponencia escolar (Carantoña, de Vimianzo e a de Camelle) e outra en castelán para os nosos amigos e amigas de Granada. Moitas páxinas valían para as 2 versións  pois ó ir os nomes en galego, latín e castelán  non ofrecían conflicto. Poñemos algún exemplo de diapositivas da versión galega:
lámina 1


lámina 4


lámina 5

lámina 13



lámina 15

lámina 25

lámina 32

lámina 35

lámina 37


 Lámina 38

Lámina 41


lámina 48

lámina 49

lámina 52

Lámina 59

 lámina 60

9-  O cumpre de Miguel o día 6




caderno de debuxos para Miguel





11- o dia 7 pola tarde fomos ver traballar no tear a Alberto.
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/06/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-xuno.html
12- Video feito por Sabela para a gravación e fotos que fixera dunha cantiga  que cantaron con Mariluz , en Inglés, e que agora que se nos vai Mariluz do CRA, con todo o disgusto da comunidade educativa da escola de Lago, que sempre apreciou moito o seu labor profesional, se lle adica con todo o agarimo.
Ogallá non te foras, Mariluz!!!



13- Enlace co video feito no contacontos, con Cris,
o de Lago está en 2 partes.  Graciñas Cris!!!!

14- periodo de adaptación do día 10, estivemos no sobrado do edificio pero non levamos cámara... e logo...


 Tamén cadrou con Xan
15- o aloe saponaria en flor e as cebolas

16- O mércores día 12 houbo folga comarcal e a fixemos todos.

17- día 13 ensaios de bailes

e no recreo unha bolboreta estivo todo o tempo libando nas  flores do noso xardín

18- Puxemos casca arredor das árbores para marcalas e para que non nazan outras plantas que lles quiten o alimento.
Xa está posta na moreira que plantamos este ano, nos 3 frutais que plantamos o ano pasado dunhas caramuñas que sementamos o ano anterior e no acivro que plantamos hai 3 ou 4 anos.
18a- AH...! e o día 12 Mónica mandounos a foto da flor, dunha das plantas que Yasmín levou da escola  para casa, para trasplantar, mirade que fermoso pensamento!

19- O día 13 foron as de segundo a coñecer Atios e logo todos ó contacontos de Anxo Moure
 Saímos Candela, Elena, Sabela Graña e Sara tivo ó nanuxo...


20- pola tarde fomos limpar a praia pola actividade pendente de facer de Voz Natura está en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/06/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-xuno.html
e logo voamos un papaventos
21- o día 14 sairon 2 bolboretas da seda do seu casulo
e no medio, unha eiruga estase a transformar sen ter feito o casulo.


22- barcos do contacontos de Cris
23- Mariluz vaise e fixémolle un broche de recordo...
Que pena que te vaias Mariluz!!!

23- periodo de adaptación día 14, Gael non veu, tiña fiebre...


24- sairon máis bolboretas
 25- periodo de adaptación do día 17


Unha parte con Xan en Ximnasia


26- Enlace co programa de radio do día 17 
fotos dese día:
Este é  programa de radio nº 26 (aparte dos especiais)
27- Excursión coas familias de Lago, do día 18, 
saímos da ponte de Xuvia, mirade cantos munxes...!!!!
Aí nos os pescan porque xusto aí hai unha saída de canalizacións de desaugues dos que se alimentan.
 Fomos hacia a Presa do Rei a pé pola beira do río...
había 2 persoas collendo mostras para analizar,
deixáronnos ver unha larva de cabaliño do diaño...
e contáronnos moitas cousas por exemplo que as samisugas que atopaban eran as que se agarranós peixes
as samisugas que se agarran ás persoas están 
en zonas máis contaminadas... etc...
No medio do río vimos este que parece un trebello para algo... pero para que?
Haberá que investigalo...!!!

A Presa do Rei estaba revosante e preciosa!!!

 Despois de volver atravesamos a PONTE  DE XUVIA, dimoslle unha aperta a un gran magnolio
e pasamos ó parque do lado de Neda pola ponte dos 2 arcos.
Lanzámonos moitas veces pola tirolina gracias a que Lorena
 nos axudou todo o tempo,
Graciñas Lorena!!!!!
 Despois de ver o albergue de peregrinos de Neda
 subimos ó monte de Ancos
 contemplamos a fermosa vista da ría e fumos, 
polo Roxal, comer ó Belelle
 Despois fumos á fervenza e como comenzou a chover volvimos para casa sen subir ó Marraxón...
Tíñamos a posibilidade de ir á biblioteca de Nada pero xusto o día anterior empezaran co horario de verán e estaba pechada!!!!

28- periodo de adaptación día 19, unha parte con María en Música

29- o xoves non houbo a excursión de fin de curso de todo o CRA coas familias, a Ares. 
Suspendeuse por mor do mal tempo .
29a- Aproveitando debuxos-ficha de animais de África,
 como despedida do tema.
Normalmente os debuxos son orixinais deles e delas
polo que isto é unha cousa excepcional no que, con todo, cada un lle pon o seu aquel de persoal.

30-lectura o día 21
31- cumpre de Xeila, celebrado o día 21







Caderno de agasallo
Xeila cumpre en xullo pero llo xelebramos na escola 
o último día do curso




32- Viñeron de Aspanemi a recoller os tapóns, tíñamos poucos porque había poucos días que viñera Dopico a recoller
pero seguiremos xuntando!!!!
33- Estes tarriños no los trouxera Sonia Bogo para que fixeramos algo con eles, pintámolos, na foto están moitos sen rematar, e logo lles metimos esencia de laranxa que hoxe levaron para casa.

34- o día 21 xa puxeran moitos ovos as bolboretas da seda

35- O festival celebrouse pola tarde polo que 
está reflexado no outro blogue
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/06/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-xuno.html
Entre outras cousas fixemos unha obriña de teatro sobre os Dogon e Antía fixo un resumo das súas características culturais...


O barro falta por cocer, en setembro intentaremos cocelo por método sen forno e se non da resultado pagaremos nun forno!

36- Enlace co vídeo de Beas de Granada, colexio co que nos escribimos este curso, e no que aparecen imaxes de fotos e traballos que enviamos nós que non están sinalados pero que nós ben recoñecemos... http://www.youtube.com/watch?v=jbQ2Z1V0C_0