martes, 6 de noviembre de 2012

ESCOLA DE LAGO_NOVEMBRO 2012

Este curso estamos: de 3 a 7 anos
Nesta entrada atópase:
1- amaños na escola
2- a Ciencia en Galego
3- horta e comida
4- o Magosto do CRA
5- o 3 en raia e outros xogos
6- cociña do día 12,
gordolobo, pementos e tamarindo
7- o ruter de Internet... e as follas no outono...
8- o día 14 foi a Folga Xeral
9- chegou correo dos nosos amigos de Beas de Granada
10- fomos ó teatro e a biblioteca de Narón.
11- os de primaria fomos a Atios a participar
nun espectáculo de danzas
12- o cumpre de Mateo
13- volta a vir para o de Internet!!
14- o xogo das lombas e dos peóns
15- algunhas comidas tradicionais do outono
16- Xan e o deshumidificador
17- as coroas de nadal
18- cada quen conta ó seu xeito

1- Na mañá do luns día 5 volveron do Concello para seguir colgando e recolocando cousas para ter un aula mellor organizada.
(Vicente viñera colgarnos algúns percheiros novos, para adiantar, xa o venres, que non estábamos, menos mal! graciñas Vicente!!
 Na mañá dos días 6, 7 e 8 viñeron de R e telefónica para poñer a punto o enlace da línea para Internet da Xunta. As fotos son do día 7.
Ben, pois podedes imaxinar que semá de clase na aula!!!
E aínda falta que veñan da Xunta a rematar o da conexión a Internet (ate agora usamos a da AVV de Lago, gracias a eles levamos varios anos con conexión a Internet)
e poñer cousas dos almarios, etc...
Estamos moi contentos de que todo vaia a mellor pero...
no horario de clase todo isto supón unha desconcentración total...
e esta semá foi de campeonato!!!!
E non rematamos a tempo os novos farois, nin fixemos novas caveiras para a exposición do Magosto do CRA!!!

2- A ciencia en Galego
Levamos desde o 16 de outubro facendo actividades dentro do marco
da Ciencia en Galego, algunhas aproveitando outras actividades
como a da fermentación do mosto, despois de vendimar.
Tamén fixemos figuras con debuxos envolventes que encaixan formando tetraedros...
isto último con láminas que  Manuel Díaz Regueiro
lle deu a Sabela, a nosa titora.
E dámoslles as graciñas!!!
"O deseño é de Escher, do libro M.C. Escher Caleidociclos.
 Os caleidociclos son arte en movemento pois, efectivamente hai que pechar esa tira de tetraedros –pechar o ciclo- e, unha vez seca a cola ou pegamento, presionar na parte central para que xire e vaian aparecendo distintas imaxes; de aí o de arte en movemento.
Tal como se describe no libro son “Fermosos aneis tridimensionais formados por tetraedros unidos polas arestas. O sorprendente é que poden xirar en torno ao seu centro. Cada xiro modifica a súa apariencia, polo tanto, ademais de ser un sólido, cunha superficie pechada, é dinámico polo que se poden construír e destruír de forma cíclica novas superficies”

Xogando e posando cos caleidociclos!!!
Construimos rectángulos áureos, de 4 anos en diante,
contando sobre cadrícula, en honor de Leonardo d Vinci.
Dentro dos rectángulos áreos os maiores tratamos de facer
a espiral de Durero...
Os de 5 anos e primaria fixemos contas coa calculadora,
en honor de Ramón Verea
Vimos con atención este libro do avó de Antía...

4- O venres día 8 celebramos o magosto do CRA
Houbo a sorpresa da representación improvisada
de Corre, corre Cabaciña... feita por algúns dos profesores.
 e moitos  xogos no obradoiro de Mariluz, Sabela e Laura.
Ai, ......... a quen lle pola castaña....
 ó pavo, paviño, pavo...

facer torres cos carozos que levamos da nosa escola.
 Pasa Perico pasa Monteiro
Os maiores xogando a... a quen lle pola castaña!


Algúns dos xogos cos pequeniños

Neste obradoiro estaban Xan, Mercedes e Elisa:
Neste obradoiro estaban María, Cris, Maite e Inés, sustituta de Óscar.
 Deu moito traballo facer estes murais de cores calidos e cores frios... e ó final tamén tivo que axudar Mercedes
 Quedaron moi, moi bonitos!!
Repasos con María, mentras se prepara para comer
Algunhas das cousas da exposición de traballos
da Carreira, Vilarrube e Vilaboa
 Que ricas as castañas do magosto...
 a papar castañas ben concentrados...

 Os nenos e nenas das outras escolas....
 Algúns de nós no recreo
 Ó final cantamos e danzamos, o que preparamos con María,
 para as familias
 e logo bailamos o xogo da carrasquiña coas familias...
Foi estupendo, foi un día no que participamos todos, todos...
Conta Sara
Conta Alba
Conta Yasmín e Mateo
texto sen correxir...

5- O luns día 12 xogamos moito ó 3 en raia
con castañas e noces...
pero a miúdo improvisamos xogos...

6- cociña do día 12
Este luns os nenos pequenos fixeron un bizcoito de cabaza e cenoria
para comer o martes.
Antía Dosil Bogo

Os de 5 anos preparamos iogurte con froitas
e copos de avea, para tomar ese día...
O gordolobo medrou moito, aínda tivemos máis pementos
e Cris tróuxonos tamarindo para probar...

7- O día 13 viñeron da Xunta para poñer o ruter da conexión a Internet, con 4 portos para 4 ordenadores. Teñen que vir agora a poñer eses 4 cableados.. Polo que se ve xa non poñen wifi pero na aula temos wifi aínda, da conexión da AVV.
Despois celebramos o outono a conta das follas!!!
Desde o parque vimos cogumelos dos contos, no camiño...
Non hai que tocalos, son tóxicos,    pero moi bonitos!

8- O día 14 foi a Folga Xeral e non tivemos escola.

9- O día 15 chegou correo postal dos nosos correspondentes do colexio 
 de Beas de Granada. Menuda emoción!!!
Mandáronnos traballos sobre o queixo, o viño, a`panadería, os botixos, pan de figo, o xabón, secado de pementos, secado de tomates...   e debuxos do seu pobo e deles. Ademais de 2 folletos e un conto.

10- O día 19 fomos ó teatro a Narón a ver "Grillos y luciérnagas"
que se trata da noite e o día. Gustóunos moito.
 Despois fomos á biblioteca e a un parque.
Antía Dosil Bogo
(as fotos deste día son de Susana, graciñas!)
Miramos libros cos familiares e logo Sabela e Xan contáronnos un  conto en verso que falaba das cores . Mónica colleu, co carnet de Yasmín, 2 contos máis, en préstamo.
 Queríamos ler: "El principio" e "Es un libro"
e ó día seguinte tíñamolos na escola!!!
Os 3 eran libros que hai pouco que se publicaron
e aconselláronnolos as bibliotecarias.
Os 3 eran moi diferentes pero gustáronnos os tres.
Ás 13,30 pechaban a biblioteca e fumos ó parque dalí ó lado...
debuxos desta saída, de 2º, 1º e 5 anos,
2 da obra de teatro e 1 da biblioteca.

11- o martes día 20 os de primaria participaron nunha actividade de música e danza sobre o libro Pesdelán, en Atios. Leváronnos os pais e atoparonse alí con María e os nenos e nenas da Carreira porque a nosa titora, Sabela, quedou na aula cos de infantil, que non lles pertencía ir.
mosaicos feitos coas fotos da Cámara de María Rodeiro,
 graciñas por pasarnolas!!!!
 Pasámolo en grande!!!


 12- o mércores día 21 celebrámos o cumpre de Mateo.
Por primeira vez poido vir Teresa, a súa nai,
para ver como o celebramos na escola.
Yasmín da Silva Lago




 Entregueille...





13- O xoves día 22 veu de Santiago un rapaz a rematar coa conexión de Internet e non poido facer nada porque non estaba avisado do que tiña que facer e non tróuxo o material, vaia descoordinación!!!! 

14- Alba leva varios días propoñendo xogar ás lombas
e a algúns cóstalles un pouco...
 pero tamén xogamos ó peón... algúns conseguimos bailalo
algunha vez... pero moitas non...
Cando logramos que baile é unha grande alegría!!!

15- Este mes xa comimos comidas tradicionais: va
rias veces caldo de cabaza-melón (que nos rechifla),
castañas asadas, e as papas de cabaza-melón
comímolas o d.ía 26 e quedaron para o 27 tamén,
porque eran moitas.
16- Xan limpounos o filtro do deshumidificador
Graciñas Xan!!! 
 Quitando as follas para facer as coroas, o día 29
  17- O día 30 rematamos as coroas de advento ou de Nadal porque o domingo xa toca acender a primeira vela.
Estefanía ensinounos o ano pasado unha que estaba a facer
e este ano as fixemos, ela contounos a radición centroeuropea
e o día 30 veu a axudarnos a rematalas.
Gracias a Lorena e a Estefanía poidemos levalas a tempo!!!!
Graciñaaaaas!!!!!


e podedes ver o inicio das coroas, feito en familia.

Para facer a base das coroas as familias trouxeron as varas e logo tamén as ponliñas de árbores para adornala.

de Sabela, Sara e Alba
18- Cada quen conta ó seu xeito