sábado, 5 de diciembre de 2015

ESCOLA DE LAGO- DECEMBRO 2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

00- fixemos o Belén Vivinte o día 12 pola tarde.
para ve-lo relativo ó Belén, o enlace é:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2015/12/escola-de-lago-dos-esquios.html

0- O día 18 celebramos o cumpre de Lía!

Nesta entrada temos:
00- Fixemos o Belén, enlace.
0- O cumpre de Lía celebrámolo o día 18
...............................................................................
primeira semá: do 30 de Novembro  ó 4 de decembro
1- rematamos de debagar e pesamos do maínzo
2-leite de coco e batido de froitas
3- na 1ª semá empezamos as tarxetas dixitais
e do concello viñeron a cubrir as chaves da auga
e a podar e cortar no parque.
4- o día 7 fomos de excursión a Ares
5- Nos días 9, 10, 11:
comimos as galletas feitas na extraescolar,
xogos na sustitución en Ed. Física
ensaios do belén vivinte
6- e así temos a horta o día 11...
7- enlace co  Belén Vivinte
representación da noite do Apalpador
e festa de Nadal o dia 12,
 porque na seguinte fin de semá a aula estará ocupada
 por ser centro de votacións.
8- contando os carozos  do maínzo debagado
9- clasificación do recollido paa o programa Axuda
10- enlace coa visita ó museo de Ciencias de Ferrol
11- tarxetas postais persoais e enlace co envío desde correos´
12- tarxetas dixitais persoais
13- observacións de legumes e corno de corzo
14- entrega do recollida solidaria de tapóns
e os problemas feitos (a primeiros de xaneiro) relacionados coa recollida.
15- cumpre de Lía
16- falta por subir a festa do día 18 e a Tronca Aragonesa
17- recolleron da aula o das eleccións
18- aproveitamos a recolocar todo
e a preparar cousas da horta e dos legumes
19- tarxeta que nos enviaron os de Infantil do C.P. da Capela
20- A nosa tarxeta dixital conxunta (en 3 partes)

------------------------------
1- O día 1 rematouse de debagar o maínzo traído da casa de Jimena e antes de devolvelo pesámolo para plantexar e resolver problemas.
Os problemas do maínzo fóronse facendo despois e quedou un exercicio que se veu rematar meses despois 

2- auga ou leite de coco e batido de froitas. 
O leite de coco ebeuse ese día e reservouse o coco triturado 
para outra receita.
 No batido púxose parte da auga do coco e Lola
meteu caqui, mazá, piña...
3- Nesta primeira semá de Decembro empezamos a facer a tarxeta dixital de felicitación individual e colectiva. 
Do Concello viñeron a cubrir as chaves da auga. Graciñas! 
Tamén estiveron podando no parque e...  cortando árbores. Non quedaríamos sen castiñeiros? 
Cando nos fumos seguían cortando pero xa non parece o parque!!!

4- O día 7 fomos co CRA a Ares e vimos o belén da Asociación cultural "O Tilo" de volta, entre todas-os, anotamos o que recordábamos que había:
movíanse: a mula, muíño, carpinteiro, arreendeira cos nenos xogando, un que serraba, outro cortaba leña, o panadeiro, 1 neno agachado na árbore, 1 oleiro. 1 ferreiro, 1 fiando na lá, 1 tecendo no tear, 1 amañando redes, 1 anxo do portal...
Había sen movemento: 1 castelo e as casas de Belén eran orientais, había vivendas nas rochas da montaña, víanse as pirámides de Exipto, Había fontes, fervenza, río, barca, pescador, caganet,  o portal con , Xosé, María neno e boi, anxos, pastores, estrela... e polo belén: ovellas, neno con aro....    E anoitecía e amencía.
Foron moi amables e tamén nos ensinaron o obradoiro  onde fan figuras para as cabalgatas.
Poidemos probar algúns  cabezudos!!
 Despois fomos tomar xuntos (os nenos e nenas das escolas de Taraza, Vilarrube e Lago) chocolate con churros nunha cafetería
do paseo marítimo de Ares.

5- nos días 9, 10 e 11
Comendo as galletas feitas na extraescolar do día anterior
 en plan merendola!!!

Na sustitución da clase de Ed. Física
 ensaios do belén...

6- Así estaba a horta o día 11 de decembro,  coas nabizas sementadas o 21 outubro e as fabas, garabanzos e lentellas (estamos co tema central dos legumes) sementadas na 2ª semá de novembro, 
o mesmo que as patacas...!
E o día 11 aínda comeron frambuesas!!!
Fotos coa nova cámara, xa.

7- O día 12, sábado pola tarde, fixemos o Belén Vivinte,
representamos a noite do Apalpador coa participación das familias e fixemos a festa do Nadal.
enlace para velo:
!_ Dálle que dálle na escola de Lago- Decembro 2015.html
8- co apoio de Xan os de infantil contaron os carozos das mazarocas que  se debagaron e xa se devoleron. Rexistramos todo para usar eses datos para plantexar problemas e resolvelos.

 9- O día 17 clasificamos todo o  que se trouxo para o Programa Axuda de Alimentos que convocou o Concello. Os de Infantil, co apoio de Óscar, clasificaron, as pastas en xeral pero con subgrupos, a sopa por separado, as lentellas, arroz (que nos correspondía traer) e mesmo 1 de fabas. Logo os maiores, con Sabela calcularon os quilos de cada cousa e anotouse todo para despois plantexar problemas con eses datos e resolvelos.

 Á volta de xaneiro fixemos estes cálculos e poñémolos eiquí
para resaltar a súa relación coa recollida.

10- O día 16 pola tarde fomos coas familias a visitar
o museo de Ciencias de Ferrol
enlace:
!_ Dálle que dálle na escola de Lago- Decembro 2015.html


11- Fixéronse tarxetas `postais que se enviaron por correo postal
enlace:
!_ Dálle que dálle na escola de Lago- Decembro 2015.html
desde Ferrol, a maioría o mércores, despois de visitar
o museo de Ciencias en Ferrol

12- Desde o mércores fóronse enviando, por correo-e as tarxetas dixitais persoais, cada quen á súa familia.

13-  O día 18 estivemos facendo observacións entre os legumes que estiveran a remollo e os que non.
E co corno de corzo que Angel, o pai de Alba, nos trouxo despois de estar a tarde do mércores no Museo de Ciencias de Ferrol.

14- subimos os tapóns recollidos ultimamente para que os envíen

15- O día 18 celebrámo-lo cumpre de Lía pois o día 25, que é cando cumpre, xa estamos de vacacións...
Fixemos todos os rituais habituais...

 O caderno que lle agasallamos



16-faltan máis  fotos da festa do 18 e da Tronca Aragonesa
A tronca deixou noces, améndoas e polvoróns... para comer na pequena festa que se fixo despois do pequeno festival de despedida.
17- O día 21 recolleron o material da eleccións

18- Alba e Marta aproveitaron a preparar na horta e nos legumes con Sabela. xa que Sabela veu a recolocar a escola e quedouse.
Intentamos plastificar algunha planta de legume das que nos naceran pero cos talos grosos e a semente que deu orixe a cada planta tivemos dificultades para aplastalas.
Con este traballo adiantamos o proceso para o estudo dos legumes.
Sementaron incluso cacahuetes...! Que tamén son legumes.
Deixamos xermolando todo dentro da escola.
Fora plantamos moitos dos bulbos de flores,
 que se nos foran multiplicando,
 para que florezan antes que si esperamos a facelo á volta das vacacións.
Nun dos areeiros aínda quedaban túneles dos que lles deu por facer ultimamente nos recreos...


19- Recibimos a tarxeta postal dos de Infantil
do colexio público da Capela. Graciñas!!

20- Nós enviamos o xoves a Tarxeta dixital conxunta,
 formada por 3 páxinas.


domingo, 1 de noviembre de 2015

ESCOLA DE LAGO- NOVEMBRO 2015






 A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O
00-Os farois de San Martiño, 
como en Centro Europa

0- Iniciando a esfolla

Nesta entrada temos:
00- os farois centroeuropeos do San Martiño
0- Iniciando a esfolla
................................................................................................
primeira semá: do 4 ó 6
1- experimentos do día da ciencia en galego
2- a esfolla
3- peso das cabazas pequenas
4- pesando maínzo
segunda semá: do 9 ó 13
5- a horta, concello, experimentos, lectura
6- o día 11, día do peón en San Sadurniño
7- día 12 as follas do outono
8- o día 13: magosto, Carlos triturando follas, a fermentación do mosto e os farois de San Martiño de Centro Europa.
9- falamos de como nacemos, cunha nai embarazada.
10- debagar maínzo, xogo do peón, froita, recollida de follas
11- 4ª semá
puxeron un interruptor
puré de cabaza, auga de pipas de cabaza, auga, ou leite, de noz,
xogo dopeón e do dominó,
visita doutra nai embarazada.

------------------------------
Semá do 4 ó  día 6
1-experimentos do día da Ciencia en Galego:
a luz branca que se descompón nas cores do arco da vella
e as cores do arco da vella que se ven brancas facéndoas xirar (neste caso apoiadas nunha boliña...
Tamén iniciamos unha serie de problemas sobre datos dos científicos Christian Huygens, Max Plank, Isidro Parga Pondal 
e Carlos Gómez-Reino Carnota a quen se lles adica este día no 2015.
2- A esfolla das mazarocas traídas da casa de Jimena.
separamos a barbuxa, e a penica para o composteiro...

 3- Pesamos por este orde as cabazas que quedaron do Samaín e que pesaban menos dun kilo. Esas cantidades servirán para que os de primaria as ordenen de menor a maior.
 Quedou unha de 605g que non sae na foto.
Os de 3 e 4 anos pesaron logo algunha para comprobar como se move a agulla según pesaran máis ou menos.

Estes outros foron quedando relegados e foron feitos en xaneiro 2016:
En xaneiro tamén as de 4 anos fixeron coa profe os primeiros problemas-debuxo-gráfico, en papel, relacionados con actividades da escola, normalmente só poñemos  un exemplo dun neno ou nena pero agora van os 5 para ver como a recuperación que lles foi facendo Sabela durante este curso vai dando posibilidades a todos-as.

4- Os de infantil pesaron medio kg de graus de maínzo individualmente. As de 3 anos tamen o fixeron 
xuntas anque non hai foto.

5- Na segunda semá na horta...

6- Día 11 o noso CRA foi celebrar o día do peón ó C.P. de San Sadurniño.
Polo San Martiño (11 novembro), peóns ó camiño;
polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez;
polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ó tellado,
polo San Antón (17 xaneiro), peóns ó caixón;
pola Santa Olalla (12 de febreiro), peóns á borralla;
e polas Pascuas, trompos ás áscuas.

Ó chegar xa comimos a parva...
e logo asistimos a moitos obradoiros xunto con rapaces de Valón, Moeche, Fene, San Sadurniño...
Os de Infantil de Lago fixemos grupo cos de infantil de Vilarrube
 Hai moitos tipos de bailaretes!!!

 Tamén vimos como facían 1 bailarete con madeira de sapeli pero antes soíanse facer de madeira de buxo.

 No manifesto cantamos todos:
Unha volta polo medio, unha volta polo medio
outras polo arredore (bis)
Así fai o que ben baila, así fai o que ben beila
así fai o vira, vira (bis)
 (hai a versión de "así fai o bailadore")

Os de primaria de Lago fixeron grupo cun grupo do C.P. de Moeche,
Benxa mandounos estas fotos que lles fixo. Graciñas Benxa!
Eles levaron peóns para bailalos cos maiores dos outros colexios.
Nós traballamos esta adiviña na escola:
"Para bailar póñome a capa
e para bailar ma volvo quitar
porque non poido bailar coa capa
e sen a capa non poido bailar"
Nós aprendimos tamén unha cantiga do Concurso Cantareliña,
de cantigas escolares,
que se celebraba hai moitos anos xustamente en San Sadurniño.
"1, 2, 3, 4, 5, 6,   7, 8,    9 e 10 (bis)
Teño unha buxaina, baila, baila, baila (bis)
o mesmo no chan ou pola man ela non para (bis)
Teño unha piola, tola, tola, tola (bis)
texe do dereito, do revés e fía soa (bis)
Coa miña buxaina e a miña piola (bis)
chámanme os rapaces a ledicia da escola (bis)"

Vídeo das actividades do día 11 
que preparou o Colexio de San Sadurniño
nel vense algúns dos nosos nenos e nenas e xusto puxeron de fondo a cantiga que aprendimos  na nosa escola!

7- Aproveitando as follas do outono e o bo tempo, para disfrutar lanzándoas, pisándoas, deitándose nelas...

8- o día 13 celebramos o magosto na aula
(cantamos "No magosto asamos castañas..."
 "Non chas quero, non chas quero... etc), 
vimos a Carlos triturando fallas no parque
e acabamos co experimento da fermentación do mosto.
O día 13 tamén celebramos a festa do farol  como en Centro Europa
cos farois que fomos facendo este anos.
Non poidemos facelo o día 11 porque fomos celebrar a festa do peón.
Cando viñeron os familiares cantamos a cantiga de
Farol, farol...

9- O día 16 veu a nai de Lía á escola porque está embarazada e 
falamos de como nacemos, vimos libros e falámoslle
 e cantámoslle á nena que vai ter.
Estamos desexando vela!

10- Na terceira semá debamos parte do maínzo, xogamos ó peón e aínda que non hai fotos o venres Elena xa logrou 
bailalo varias veces seguidas.
Xan ensinounos a arrastrar o peón mentras baila.
Trouxéronnos quivis e noces e os de 4 anos fomos recoller folliñas para un traballo de follas caducas.

11- Nesta última semá viñeron separar un interruptor para acender 2 luces por separado. Así gastaremos menos enerxía!!

12- Hai  2 semás Marta fíxonos puré de cabaza e esta semá nolo fixo Lola. Ó paso Lola trouxo todo para facernos  auga de pipas de cabaza: mesturounas con auga, triturounas, coou todo e logo con mel e canela completou o sabor. O que quedou de coar levouno e ó día seguinte  tróuxonos bolas feitas con iso e outras sementes trituradas
 envoltas en cacao puro. Graciñas nais!!!
 E o mércores Lola veu facernos, na mesma escola, auga ou leite de noz e co que quedou de coar mesturou outras sementes trituadas
e mel e así o comimos, Lía púxose as botas!!!.
 Xan mostrounos como  coller o peón mentras baila e logo botalo noutro sitio e que siga bailando. Seguimos bailando o peón
e tamén xogamos ó dominó.
O venres veu María para seguir falando dos embarazos.