miércoles, 3 de diciembre de 2014

ESCOLA DE LAGO- DECEMBRO 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Cada mes unha árbore:
O abeto no Nadal
decórase a eito
para celebrar o Aninovo
e que empece o ano con xeito.
                                   S.D.R.
Mandamos os tapóns solidarios que xuntamos, e seguiremos xuntando!!
 


Nesta entrada temos:
00- o abeto
0- tapóns solidarios
1- o maínzo antes de esfollalo. 
2- inicio das obras no patio escolar
3- o peón
   4- froitos para probar  
 5-visita a Exponav, o día 12  
6- Domingo, día 14, o Belén Vivinte
7- Veu o Tió 
8- tarxetas postais
8a- e dixitais persoais
9- centros de Nadal, bolsas de Apalpador e abetos dos de 3 anos
10- envío de tarxetas postais o día 18
11- para o solidario banco de alimentos
12- Festival do CRA o día 19
  13- Tarxeta conxunta de felicitación
 
................................................................................................
1- Chegou o maínzo da casa de Alba e para empezar, os de 3 anos, formaron filas de 10 que logo comprobaron os de 4 e 5
e vimos que eran 43 espigas, ou mazarocas.
2- Pedimos permiso a Marcelino, da AVV, para usar a parte de atrás da escola e preparalo para facer xogos populares e  rápidamente nos dixeron que sí, logo falamos con Cristina Freire, do concello, e tamén rápidamente se puxeron á obra e na primeira semá de decembro
puxeronse tamén a renovar a verxa de entrada do patio escolar,,,
3- Seguimos co peón... e vaise collendo habilidade
 


4- O día 10 empezamos a probar outros tipos de froitos e alimentos
Xa rematamos as noces que trouxo Lola, os feixaos de Andrés, comimos das améndoas que nos trouxo Mateo o profe, Graciñas Mateo!
e agora empezamos a probar todo isto...
varios tipos de olivas, altramuces,pepiniños, anacardos, avelás, noces, améndoas, pistachos, pipas de xirasol e cabaza, mazapán como o da panxoliña e ....

5- O día 12 todas as escolas do CRA fomos a Ferrol a visitar Exponav
o único museo do mundo da construcción naval.
Fixemos a aventura pirata!!



Sabedes que os barcos téñense que deformar ó ir navegando,
 para non romper?
Mirade o exemplo vermello e verde!
 Nós vímolo desplazarse na auga e ía  arqueándose.


Cos gorros piratas que nos diron!! Tamén nos diron fichas e un libro sobre Jorge Juan  humanista, inxeñeiro naval e científico español.
Jorge Juan: "Entre 1751 y 1754 estuvo en Ferrol donde, con el ingeniero militar Francisco Llobet, planeó y construyó el arsenal y poco después realizó los primeros planos del que sería el barrio de la Magdalena, que quedaría en manos de Llobet".        
 En tempos do Rei Carlos III.
Pasámolo Guai!!! Pena que Mateo non viñera!
Graciñas a Exponav!!
Algúns debuxos e problemas despois da saída.


6-o día 14 o noso Belén Vivinte que está neste enlace
por ser fora do horario lectivo:
7- veu o Tió catalán e tróuxonos doces de Nadal
 8- tarxetas postais
8a- tarxetas dixitais persoais
 
9- centros de Nadal e sacos para que o Apalpador deixe os agasallos.
Abetos dos de 3 anos

10- o día 18 Gael e Yasmín, con Mónica, foron levar as tarxetas de todos ó buzón despois de comprobar, en correos, que o selo posto era suficiente.
 
11- alimentos solidarios, tocounos traer cousas do almorzo...
 
12- día 19, Festival do CRA
A obra de teatro musical que Lago preparou coa idea e canción de Cuba do profe Mateo: Elena e Antía G. estaban enfermas e non viñeron polo que os seus roles os foron cubrindo Gael e Marta




 ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
13- tarxeta conxunta de felicitación

 

sábado, 1 de noviembre de 2014

ESCOLA DE LAGO- NOVEMBRO 2014

 A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Desde maio... cada mes unha árbore
As candeas do castiñeiro
dan ourizos con castañas
e pro tempo do Magosto
hai que comelas ben asadas!  S.D.R.

Cos chaleques que nos diron os de Tráfico


Nesta entrada temos:
00- o castiñeiro nas 4 estacións
0- sobre o Samaín
1- dia 3 cociña
2-amaño da porta
 3- o día 7: o Magosto do CRA
4- os farois polo San Martiño
e, peóns ó camino...
5- A semá da Ciencia en Galego
a-traballando con sensores
b- cálculos entre calendarios e datas.
c- o círculo de Newton
d- o prisma óptico e a luz branca
6- series etc, de outono
7- a horta e o patio
8- cadros de traballos dos de 3 anos
9- día 24 coa Garda Civil de Tráfico
10- debuxos e textos sobre contos
11- caldo de cabaza, de castañas e carambolas...
12- máis cadros dos de 3 anos  
................................................................................................
0- Nos festivos do Samaín algúns aproveitaron
as actividades da zona sobre ese tema e logo contáronnos.


1- O día 3 obradoiro de cociña con Patricia
Fixemos chulas de cabaza con gofio canario, de maínzo,
 que nos trouxo Patricia.



2- o día 4 tiveron que vir do Concello a amañarnos
rápidamente a porta...
Graciñas!!!

3- O día 7 celebramos o Magosto no CRA
xa subiremos as fotos da "Pota que trota"...
Tivemos unha xoguetona mañá
de actividades dinámicas, Magosto e canto-danza.
O primeiro foi o conto que improvisaron os profes
sobre "A pota que trota"

 





Coa cámara da Carreira
Coa cámara da video-cámara do CRA





En resumo: xogos, castañas e danzas para os país e finalmente cos país. Nós levamos os farois que fixemos e outras escolas outros decorados...

........................................................
4- O día 11 a tradición dos farois centroeuropeos, polo San Martiño
este ano fixémolos de botellas de plástico con pintura de vidrieiras.
Cantamos a cantiga de farol, farol tamén
 cos feitos en equipo desde hai anos...
e polo San Martiño peóns ó Camiño
é o inicio da etapa anual dos xogos co peón...
 
5- A semá da Ciencia en Galego  extendímola no tempo.
 Levamos un tempiño traballando con sensores e gráficas.
recollimos soídos emitidos polo corpo, luces, choques.
Veleiqui algunas gráficas.
 
este ano adícase a Newton e a Xosé Rodríguez González e deunos para plantexar moitos cálculos e descubrir, os de Primaria, as relacións entre os calendarios Juliano e Gregoriano.

A páxina 6 foise facendo parte no ordenador, entre todos, e parte a man cada un a súa folla.
......
 Experimentamos co círculo de Newton:
A cor e a luz branca: buxainas de cores do arco da vella, ó bailar vense abrancuxadas pero non logramos que o rexistre
totalmente, a cámara dixital.

a luz branca e o prisma óptico que visializa as 7 cores do arco da vella   


seguirase subindo
--------------------------------
6- o día 14: series, e como  Lola tróuxo cabaciñas, antes de nada, aproveitamos a ordenalas según distintos conceptos.

 
7- observacións exteriores: as árbores caducas amarelean
as nabizas medran, o sementado vai saíndo
e tamén desapareceu un cacho de campo...
que producto metería no caldeiro de fregar, e vertería aí, a limpadora?
Fora o que fora arrasou coa herba!!!

8- cadros de traballos dos de 3 anos

9- O día 24 a Garda Civil de Tráfico, coa Garda Municipal, deunos unha charla a todos os nenos e nenas do CRA, na Casa da Cultura, sobre seguridade vial, deixáronnos ver os seus coches patrulla, déronnos material para usar na escola e para cada un de nós un chaleque para andar con máis seguridade cando queramos andar pola noite.
Graciñas por todo!


10- Debuxos e textos sobre contos
 

11- Neste mes comimos zonchos, feixaos da avoa Lela e dos pais de Gael. noces e carambola que trouxo Lola, etc
e caldo de cabaza e caldo de castañas!! 
A carambola é o froito da caramboleira (Averrhoa carambola)
 orixinaria de India.
Lola mandounos 2 carambolas para probar...
12- máis cadros dos de 3 anos