sábado, 20 de septiembre de 2014

ESCOLA DE LAGO- SETEMBRO 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

ESTE CURSO ESTAMOS
E FOI BEN DIFICIL FACER A FOTO!!!
Cando non se movía un-unha era o outro-a...

Somos 4 de 1º e 2º de Primaria

e 9 de Infantil


Co brazo e man de Mateo e as mans de Ainara, Lucía, Mauro e Lía.
plantillas de follas de 3 tamaños impresas, pintadas e pegadas
e de figos picados e pintados.
"Trinta dias ten novembro, con abril, xuño e setembro, trintaeún teñen os demáis, agás febreiro, que ten vinteoito namáis, e si é ano bisesto, un mais"



Nesta entrada temos:

000- as fotos de grupo do inicio do curso
00- a figueira
0- puxéronnos, por fin, unha billa no patio!
1-a clase de música no parque
2- os primeiros días
3- cumpre de Candela celebrado o día 22
4- cumpre de Mateo celebrado o día 26
5- cumpre de Lucía e Mauro, celebrados o día 29
6- saída á figueira da horta de Freire, o día 30


.............................................................
0- Por fin nos puxeron unha billa no patio, así poderemos regar mellor a horta e o xardín. Graciñas!!

1- O día 10 só foi a presentación e ás 11 e media xa saímos por que ían pechar a estrada pola volta ciclista. Pero as familias decidiron esperar fora para vela pasar todos xuntos.

O día 11 tivemos clase de música con Mateo, o sustituto de María, quen aproveitou o noso estupendo parque para dar a clase fora.
Trouxo moitos instrumentos!!!

2- Os primeiros días aproveitamos ben o parque e a area cos pequeniños para que se adapten contentos...
Montxo o mesmo primeiro día veunos co seu precioso canciño que se chama               para que o coñecéramos...

3- O día 22 celebrámoslle o cumpre a Candela. Ela cumpreu en agosto pero fixémoslle os debuxos e celebrámosllo na escola cos rituais de sempre: despertala coas "Mañanitas", elección de quen quere que lle sosteñan as velas, os xogos coas orellas, o Cumpreanos feliz, parabéns para ti, etc, os bicos... a empanada e a tarta que trouxo, a celebración na pizarra e a entrega do caderno de debuxos.



Os 4 de 3 anos parten de só debuxar raias...
...........
O día 24 fomos en tren, pola tarde. Mirade o outro
blogue as saídas deste  mes...
Despois fomos facendo as contas na escola e comprobámolas manipulativamente con billetes, moedas e reloxios:

 O inicio e  facendo os trocos parciais
 
....................
4- O día 26 celebrámoslle o cumpreanos a Mateo que cumpreu tamén en agosto. Viñeron os seus avós maternos... e estivo Alba un ratiño!





faltan as fotos do cumpre no ordenador e pizarra ...
.............................................
5- O día 29 celebramos o cumpre de Lucía e Mauro que cumpriron xa o 30 de agosto.
faltan fotos



 
 
 
 

6- O día 30 fomos á horta de Freire, collimos figos, mazás, limóns...
Acompañounos Carmen, a nai de Lía, que chegou e foise en bici...
Alí coñecemos tamén á bisneta dos Freire!!!