sábado, 1 de febrero de 2014

ESCOLA DE LAGO- FEBREIRO 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

O día 13 en Santiago diante da facultade das Ciencas da Comunicación:
nenas e nenos, a irmá bebé, nais, pais, tío, avoas e avó.
Foto feita por Carla, coa cámara de Andrés




Nesta entrada temos:
0- a porta xa está reposta
1- cociña día 3
2- xa pasamos a maleta de Asia
3- outras bonecas rusas
4- música dia 7
5- inglés día 7
6- cousas para o tema da Indía, día 7
7- cociña día 10
8-imprimindo
9- viaxe a Santiago o día 13
10- instrumentos de percusión o día 14
11- mandalas
11a- preparando  a entrevista a Alberto Balbona
12- a lámpada máxica e a teteira.
13- debuxos de man de Camelle
14- a maleta de África
15- a última semá antes da festa do Antroido
16- A festa de Antroido

...................
0- A porta xa está reposta e abrindo hacia fora!!!
Graciñas, agora non malgastaremos  enerxía e teremos máis calor e seguridade, ademais de respetar o patrimonio da AVV quen tan xentilmente nos presta o local!!!

1- O día 3 fixemos cociña e mesmo esta vez volvimos a ter os mandis e gorros que xa levábamos tempo sen poñelos...
Fixemos un postre de iogurte e froitas!
Comímolo o día 4 e estaba moi bon!!!!



2- Xa pasamos a maleta de Asia a A Carreira, quedamos só co teatriño Kamishibai pero aínda non nos pasaron un dos contos...
(pero o día 12 xa o tíñamos na aula)

3- Yasmín  tróuxonos as súas matrioskas de 9...
Estas "matrionuskas" regaloullas unha súa tía,
a pequeniña é minúscula...!!!
Xa dixemos o mes pasado: son rusas pero a orixe é xaponesa
e o nome de "matrionuskas" dallo Sabela...
4- Música con Ana Sánchez o día 7: escoitar, cantar, tocar e bailar... 
5- Inglés con María  o día 7: bingo en inglés...
6- O día 7 continuamos cos colares ensartando en serie, macramé...  para os traxes da comparsa, e Candela tróuxonos un xogo para facer mandalas propias... despois de facer de debuxos de Internet.
7- cociña día 10... batido de turrón


 8- imprimindo con carimbos hindúes

9- viaxe a Santiago polo Día Mundial da Radio.
Agradecemos o rápido traspase de fotos
por parte de Mónica, Andrés e Ángel.
os mosaicos están feitos mesturadas coas de Sabela.
Destacamos a estupenda atención que nos dedicaron Carla, estudante da facultade, que nos acompañou todo o tempo, Irene, profesora da facultade, e demais responsables do evento.
Moitísimas gracias!!!!
Na facultade de Ciencias da Comunicación:
a exposición de maquetas de salas dun hospital, as aulas
e o plató de televisión...

a exposición e o final do acto...
 Os actos dentro do 1º programa de radio on-line Campus Culturae
 O diploma de finalistas da convocatoria para a estrea do primeiro día de radio on-line da Universidade de Santiago
Nun estudio de radio da facultade facendo nós un pequeno programa diante de profesores e alumnos desa facultade.

Prensa: unha alumna de periodismo publicou en www.ferrol360.es
como soe suceder, trae certas inexactitudes!
 
Prensa: na Voz de Galicia

Fotos da Voz de Galicia

En https://www.facebook.com/campUSCulturae subiron 110 fotos e saímos en varias delas. Baixámolas e aí tedes os 2 mosaicos feitos con elas:


 Comimos no comedor da residencia universitaria do Burgo
Primeiro o fixeron os nenos e nenas e cando xa estaban moi fartos... aínda lles fixo gracia ir "roubar" nos calamares do prato da profe e despois probar, coma paxariños, no seu seguinte prato,
antes de que ela comera, claro...
Os pequechos son así, a capacidade de comer auméntalles moito máis
 se eles o plantexan coma un xogo, unha gracia. un mimo ou un requerimento de atención especial!!!
 Lena foi coma un xoguete para os demais, en certos momentos...
Na pequena espera ao bus, aproveitaron.
Despois fomos ao museo do Pobo Galego e como foi pola tarde  reflexámolo no blogue das extrescolares.
no apartado 3
 
......................................................
10- Instrumentos de percusión con Pilar, na Casa de Cultura
Graciñas Pilar!!!!
Pilar é profe de percusión de Escola de Música,
vive en Pantín e ten moitísimos instrumentos.
Candela vai ás veces á súa casa e disfruta moito
na súa gran sala de música.
O día 14 levou os istrumentos á Casa da Cultura
para que disfrutaran deles varios grupos de nenos-as,
entre eles fomos nós ás 12 e cuarto, leváronnos as familias.
Pilar foinos ensinando, e deixando probar, instrumentos de percusión
 desde o inicio do seu proceso de evolución

E ao final... Que gozada!!!!!!!! Deixounos probalos ó noso xeito!!!!
Por último Pilar ensinounos a facer un instrumento de percusión e deunos o material para facer nós, para nós, na escola!!!!
Super agradecidos, Pilar!!!! Foi fantástico!!!!!!!!
-------------------------------------------
mosaicos con fotos de Andrés Balbona

Algúns dos debuxos que fixeron
 
--------------------------------------
11- mandalas de primaria
As de enriba son debuxos de Internet, coloreados.
As de embaixo son feitos por cada neno ou nena con un xogo de facer mandalas que trouxo  Candela.

 Mandalas de infantil (de debuxos de Internet ou formadas co xogo de Candela) e un debuxo de Marta
................. ........................
11a- Preparando a entrevista, clasificando e ordeando as preguntas preparadas entre todos, pàra facerllas
ó avó Alberto Balbona, na radio
 
O luns día 24, pola tarde, fixemos o programa nº 31 de Dálle que dálle nas Ondas en Radio Filispim, celebrando o noso 3º aniversario co programa. Ese día veu a contarnos sobre a India
 Alberto, o avó de Gael.
enlace:
.........................................................
12- - Estes días estivemos lendo contos das "Mil e unha noites" que trouxeron Xeila e Gael, por iso Sabela trouxo a súa lámpada máxica e tamén unha teteira... porque imos probar un "té" sen teína: "Rooibos", do que nos informou Lola, por certo deunos de nostra un sobre e pon que é de Sudáfrica. E Andrés díxonos que rooibos
é unha árbore ou arbusto.

13- Debuxos para o caderno de Man de Camelle que estivemos facendo, a poucos, con material de refugallo desde que volvimos das vacacións de Nadal, despois de vela súa exposición na Casa de Cultura de Valdoviño, no último día de escola de decembro.

O traballo foi entregado a Rita, na Biblioteca de Valdoviño o 27-2-14
para que pasen a recollelo e o leven ó museo de Man en Camelle.
Mantemos correspondencia escolar cos de 1º e 2º da Escola de Camelle e para eles e para nós prepararemos unha montaxe cos debuxos.
Comentamos que Loli, a nai de Montxo, fixo un debuxo a Man cando el vivía e pedía debuxos ós visitantes do seu museo ao ár libre... 
..........................................................

 14- A maleta de África lla leváramos ó CEIP de A Capela (co permiso do CRA) porque eles nos ensinaron a súa exposición de xoguetes de África o curso pasado (en realidade o fixeron a cada unha das escolas do CRA) e ademais Xabier veu contarnos a nós, á radio, das súas viaxes a África. Agora fúmola recoller porque xa a viron en todas as súas aulas e informáronnos de que tivo moito interés e proveito.
Alegrámonos moito! Tamén o resto do profesorado do CRA se alegran!
Os de infantil da Capela mandáronnos a Lago, de agasallo,
unha preciosa máscara de león e...
 unha copia do estupendo traballo feito por eles
sobre algún dos libros da maleta de África.
A escola de Lago agradécelles moito tan estupendos agasallos!!!

15- A última semá houbo que facer os mandados do Meco. O primeiro día tocaron coloretes, no segundo engadimos mandís pero ademais ese día Sabela lles tiña arrexuntado outros adobios antroideiros para agasallarlles... O mércores engadíronse os chichos ou que fose, na cabeza...
e o cuarto día 1 tenis e unha bota e os calcetíns por riba do pantalóns
 nesa semá houbo que facer o Meco para o festval do CRA e ensaiar os bailes e cantigas, etc...
O mércores empezámolo coa axuda da profe María, e o xoves contamos coa valiosa axuda de familiares: Loli e Andrés!
Este mosaico con fotos de Andrés: é con máis ensaios e probas para a comparsa, coa axuda de Lorena e Loli que se saben moi ben
 o baile de Bollywood.

rematando pulseiras, diademas, "tobilleiras", etc...
exemplo dos traballos feitos: de Candela, de 6 anos,
e de Marta, de 4 anos.
Todos traballaron as series matemáticas, de movementos e de cores, as simetrías, a motricidade fina, etc... facendo preciosos traballos
como complementos dos seus traxes!!!

 16- O día 28: o festival de Antroido (só mandou fotos Andrés...
son as de borde azul)
Aínda en Lago:
 
 
 Non se mercou ningunha tea para as mulleres e nenas, xuntamos entre todos teas que tíñamos.
Só mercamos 2 teas moi apañadas, para facer os traxes dos nenos!
Fixéronse colares, pulseirs, diademas hindúes, pulseiras con axóuxeres para os pés feitas en macramé, etc... Traballando sobre todo as series matemáticas e as series de movementos, posicións e xiros, as cores, a motricidade fina, etc, etc. E logo os bailes e os ritmos hindúes.
 
 
As torradas que levamos
En Meirás:
As 5 unitarias: A Carreira de osos panda, Lago de hindúes, Taraza de chineses, Vilaboa de dragóns e Vilarrube de tigres
As 5 unitarias
 A escola de Lago bailou bollywood, que preparamos nunha semá...
 Mosaico feito con fotos de Lago do Dropbox do CRA:

 A comida compartida
 bailando no esceario
Este é o meco que fixemos en Lago para todo o CRA
É un arponeador de baleas porque no Xapón matan moitas, e golfiños!
e como estamos con Asia!
Pero que conste que as matan en moitos máis sitios, eh...
Cantámoslle:
Meco, mequiño
meco, mecón
vas o lume
por ser arponeador!!!
 Empezou a chover e ardeu  case soíño
o meco arponeador de baleas...
 os globos foronse estalando, a un tempo, por cada escola ...
 e o mesmo coa piñata...

De novo Lena

logo bailamos en tren todas as escolas, coas familias, xuntas...




Foi unha festa estupenda!!!!!