miércoles, 3 de diciembre de 2014

ESCOLA DE LAGO- DECEMBRO 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Cada mes unha árbore:
O abeto no Nadal
decórase a eito
para celebrar o Aninovo
e que empece o ano con xeito.
                                   S.D.R.
Mandamos os tapóns solidarios que xuntamos, e seguiremos xuntando!!
 


Nesta entrada temos:
00- o abeto
0- tapóns solidarios
1- o maínzo antes de esfollalo. 
2- inicio das obras no patio escolar
3- o peón
   4- froitos para probar  
 5-visita a Exponav, o día 12  
6- Domingo, día 14, o Belén Vivinte
7- Veu o Tió 
8- tarxetas postais
8a- e dixitais persoais
9- centros de Nadal, bolsas de Apalpador e abetos dos de 3 anos
10- envío de tarxetas postais o día 18
11- para o solidario banco de alimentos
12- Festival do CRA o día 19
  13- Tarxeta conxunta de felicitación
 
................................................................................................
1- Chegou o maínzo da casa de Alba e para empezar, os de 3 anos, formaron filas de 10 que logo comprobaron os de 4 e 5
e vimos que eran 43 espigas, ou mazarocas.
2- Pedimos permiso a Marcelino, da AVV, para usar a parte de atrás da escola e preparalo para facer xogos populares e  rápidamente nos dixeron que sí, logo falamos con Cristina Freire, do concello, e tamén rápidamente se puxeron á obra e na primeira semá de decembro
puxeronse tamén a renovar a verxa de entrada do patio escolar,,,
3- Seguimos co peón... e vaise collendo habilidade
 


4- O día 10 empezamos a probar outros tipos de froitos e alimentos
Xa rematamos as noces que trouxo Lola, os feixaos de Andrés, comimos das améndoas que nos trouxo Mateo o profe, Graciñas Mateo!
e agora empezamos a probar todo isto...
varios tipos de olivas, altramuces,pepiniños, anacardos, avelás, noces, améndoas, pistachos, pipas de xirasol e cabaza, mazapán como o da panxoliña e ....

5- O día 12 todas as escolas do CRA fomos a Ferrol a visitar Exponav
o único museo do mundo da construcción naval.
Fixemos a aventura pirata!!



Sabedes que os barcos téñense que deformar ó ir navegando,
 para non romper?
Mirade o exemplo vermello e verde!
 Nós vímolo desplazarse na auga e ía  arqueándose.


Cos gorros piratas que nos diron!! Tamén nos diron fichas e un libro sobre Jorge Juan  humanista, inxeñeiro naval e científico español.
Jorge Juan: "Entre 1751 y 1754 estuvo en Ferrol donde, con el ingeniero militar Francisco Llobet, planeó y construyó el arsenal y poco después realizó los primeros planos del que sería el barrio de la Magdalena, que quedaría en manos de Llobet".        
 En tempos do Rei Carlos III.
Pasámolo Guai!!! Pena que Mateo non viñera!
Graciñas a Exponav!!
Algúns debuxos e problemas despois da saída.


6-o día 14 o noso Belén Vivinte que está neste enlace
por ser fora do horario lectivo:
7- veu o Tió catalán e tróuxonos doces de Nadal
 8- tarxetas postais
8a- tarxetas dixitais persoais
 
9- centros de Nadal e sacos para que o Apalpador deixe os agasallos.
Abetos dos de 3 anos

10- o día 18 Gael e Yasmín, con Mónica, foron levar as tarxetas de todos ó buzón despois de comprobar, en correos, que o selo posto era suficiente.
 
11- alimentos solidarios, tocounos traer cousas do almorzo...
 
12- día 19, Festival do CRA
A obra de teatro musical que Lago preparou coa idea e canción de Cuba do profe Mateo: Elena e Antía G. estaban enfermas e non viñeron polo que os seus roles os foron cubrindo Gael e Marta




 ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
13- tarxeta conxunta de felicitación