jueves, 9 de enero de 2014

ESCOLA DE LAGO- XANEIRO 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


INICIAMOS UN NOVO ANO NA ESCOLA o día 9 de xaneiro.
Os Reis Magos deixáronnos na escola unha guillotina
e, por medio de Voz natura: un tunel invernadoiro, 2 recipientes para sementar e tea para recubrir a mesa de cultivo que nos fixo o Olentxero. Vennos todo moi ben para traballar na horta!!
O Apalpador deixounos un peón decorado a cada un, na casa e, a algúns, algo máis... Estamos encantados-as!!!

Nesta entrada temos:
0- a maleta asiática
1- as grúas de papiroflexia
2- volta a facer neve de poriespan expandido
3- chegou correo da escola de Camelle
4- contacontos xaponés "kamishibai"
5- bailando buxainas pequeniñas
6- neve artificial con poliacrilato de sodio.
7- dragón chino
8- mirando o mural do mar feito hai anos
9- visita de Roberto, exprofesor noso, de música
10- máis grúas de origami
11- o queique de laranxa feito polos de infantil
12- bonecas procedentes de Rusia e Asia
13- trizando follas secas, para abono
14- os de primaria siguen coa preparación da terra na mesa de cultivo
15- sementamos escarola
16- sementamos leituga
17- máis matrionuskas
18- o tema da paz
19- mandamos tapóns solidarios
20- máis barro

...................
0- este mes empezamos cos libros da maleta asiática, na maleta africana fomos os últimos e nesta somos os primeiros...
A maleta a preparou Cris
e está chea de estupendos libros que nos acercan a Asia.

1- Como estamos con Asia e a fin de mes é o día escolar da Paz, os de 1º e 2º empezamos a facer grúas (ave que simboliza a Paz en Xapón) de papiroflexia, ou origami, como lle chaman eles.

2- Volvimos facer neve de poriespan expandido

3- O día 13 recibimos correo dos nosos amigos-as de 1º e 2º
de Primaria da escola de Camelle.
Nós mandámoslles a felicitación en decembro.
 Eles mandáronnos fotos do museo de Man en Camelle
e véñennos moi ben pois nós non fixemos ningunha na exposición que vimos en Valdoviño o 20 de decembro.
Eles e nós imos facer agora traballos sobre el.

4- O día 13 estreamos o teatriño xaponés "kamishibai",
cun conto da Paz, no contacontos de Cristina..

5- xogando con buxainas de Sabela

6- Volvimos a facer neve artificial co poliacrilato de sodio dun pañal Dodotis e auga. Cuns pouquiños pos fixemos un vaso de neve...
 7- Marta tróuxo a ensinarnos o seu dragón chino...
Na maleta de Asia, do CRA, hai un conto do dragón que nos conta que foi creado polos nenos e nenas chineses con
corpo de serpe, escamas de peixe, patas de ave, cabeza de cabalo e cornos de búfalo por que eran os animais sagrados das diferentes tribus que pelexaban entre si polos animais sagrados e dende entón o dragón une a todos e xa non pelexan por iso.

8- Mirando mural do mar feito na escola en anos pasados.
Os traballos en equipo quedan na escola esirven para aprender e reflexionar cando se volve a traballar sobre eses temas.
9- O venres día 17 tivemos unha grande sorpresa, fíxonos unha visita rápida Roberto, que hai 2 cursos nos deu música.
Coa sorpresa non reaccionamos e non fixemos unha foto con el pero mostramos unha caixa de bombóns que nos deixou.
Roberto graciñas pola túa visita!!!!!

Os bombóns os fomos comendo 1 por día!!!
 Como eran moitos duraron varios días.

10- Máis grúas pola paz


11- o luns, día 20 os de infantil fixeron con Patricia un riquísimo
queique de laranxa para comer o martes

12- Para os temas da escola os nenos e nenas aportan cousas que nos ilustran aspectos do que estudamos. Esta semá Candela trouxo unha boneca indú, Marta 2 kokeshis, que son xaponesas
 e Montxo trouxo unhas matrioskas ou mamushkas rusas que Sabela chama matrionuskas...
 
13- trizando follas para facilitar o abono...
 
14- O día 24, nun alto da chuvia, máis capas de terra, turba, follas trizadas e cinza que colocan agora os de primaria, enriba
do que prepararon os de infantil na extraescolar do día 22.
 
15- Sementamos sementes  de escarola nunha sementeira cuberta, e partindo de pastillas de terra deshidratada.

16- Sementamos sementes de leituga noutra sementeira cuberta.

17- Xeila trouxo unhas matrioskas ou mamushkas (para nós matrionuskas porque a Sabela lle soa máis garimoso e sempre as chama así, esta é de 5) da súa bisavoa, e volvimos a contar o conto! Parece que aínda que as "matrionuskas"
 son rusas, son de orixe xaponés!
 18- O tema da Paz: moitos xogos solidarios, ver murais doutros anos,
moitas cousas para o programa de radio con ese tema...
Mandamos unha proposta gravada a Campus Culturae coas historias dos nenos xaponeses e as grúas.
Volvéronnos traer o puzle xigante da arca de Noé, etc, etc.
Como estamos con Asía fixemos máis grúas da paz, coma os xaponeses.
Os de infantil tamén escribimos moito sobre a paz!!!
e todos fixemos unha preciosa pomba en inglés
que puxemos no cartafol da escola.
 20- mandamos máis tapóns solidarios o día da Paz.
Son os que xuntamos desde os que mandamos en outubro.
Textos do tema

19- O día 31 seguimos co tema e iniciamos símbolos da paz con barro...
- Como choveu tanto, o 31 completamos máis capas de terra e abono na mesa de cultivo pero non poidemos rematar e sementar.
- Cando nos fumos quedaban volvendo a poñer a porta que nos quitaron no Nadal, en vez de abrila hacia fora.
A ver se podemos ordenar todo definitivamente!!!
 - Temos a medio facer os traballos sobre Man de Camelle.
e sobre China.
-Xa decidimos que imos facer a comparsa de Antroido de indúes,
para febreiro toca traballar sobre a India!!!