sábado, 7 de mayo de 2016

ESCOLA DE LAGO- MAIO 2016

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

     00 - Cartaz dos Maios, dos de Primaria
0- Cartaz dos Maios, dos de Infantil
Lembrade  que neste blogue vanse engadindo as novas por embaixo para que quede  finalmente a crónica do mes como se fora posta dun tirón, contado cronoloxicamente, a final de mes.
Tamén se engaden ou corrixen cousas en calquera punto completando 
imaxes das que non se dispoñía antes.
Incluso se engaden en meses pasados!!
-------------------------
Nesta entrada temos:
00- Cartaz dos Maios de Primaria
0- Cartaz dos Maios, de Infantil
1- As eirugas o día 3
2- O día 4 fomos de excursión a As Pontes a ver
unha exhibición da Garda Civil
3- Polo mal tempo non fomos o día 6 a Ferrol.
4- O día 9:
as eirugas, como está o xardín,
as lecturas das letra Galegas,
e o cumpre de Antía.
5- lecturas das Letras Galegas
flores-foto de infantil, 4 pisapapeis
6- día 11, estrea da reapertura do parque
clase de música con María
7- Lecturas das Letras Galegs dos  días 11 e 12
8- As eirugas na semá do 9 ó 13
9- Facendo os cartaces dos Maios
10- o día 18 xa estaban feitos todos os casulos das eirugas da seda,
danzas con María e as familias, ó redor do Maio.
11- A semá do 23 ó 27
O luns celebramos o cumpre de Ainara
Os de primaria fixeron teléfonos e experimentaron todos
O venres celebramos o cumpre de Elena
o recreo no parque, o venres antes de chover
a horta esta semá
Agasallos á AVV  e a 1 avó
Últimos farois
Tamarindos e arandos
debuxos libres
Traballos sobre poesías de Manuel María
12. Os días 30 e 31
seguir con actividades das letras Galegas
...............................................................................
1- O día 3 xa estaban así as eirugas, por iso xa se poden coller sen lastimalas, sempre que se faga con coidado, claro!
As fotos son cando o fixeron con Xan.


Descubrimos que o Concello xa nos puxo o protector de arista en boa parte dos saíntes do patio. Graciñas!

2- O día 4 fomos de excursión a As Pontes co CRA a ver
unha exhibición solidaria da Garda Civil
O CRA levou 2 mochilas con material escolar
pagadas polo centro
pois as familias xa fixeran unha axuda solidaria
de alimentos, en decembro.
Saída de Lago e chegada ó lugar da exhibición

Estreamos os panos identificativos do CRA
Nós temos as biseiras azuis escuro que nos axudaron  tamén
a localizarnos ós da nosa escola
porque había moitísimos, moitisimos colexios.
Que nos acompañaran nais para axudar, foi moi importante
por iso llelo agradecemos moito.
Coincideu ademais que unha nena de 3 anos se nos puxo mala e unha das nais poido estar atendéndoa nunha sombra. Menos mal!

Comendo. Desde eiquí vimos, logo, a exhibición cos cans adestrados
e algo do uso do guindastre de salvamento.

Despois fomos percorrendo vehículos,
 por un lado os de primaria e polo outro os de infantil.
Os de infantil nun coche de policía
Os de infantil nas motos
Os de infantil na lancha de salvamento
Os de infantil na furgoneta e no coche de bombeiros
Todos ante o helicóptero  pero xa non nos deu tempo a subir nel.

Fotos de Carmen Vega nos 4 mosaicos que siguen e a foto do helicóptero.
Carmen  acompañou ós de primaria entre os vehículos
e fixo fotos. Gaciñas!



 O tempo non chegou a nada, había moitísimos nenos e nenas e anque había moitos vehículos repetidos sempre había esperas baixo un sol de verán e chegou a hora de saír sen  ver todo o que se exhibía.

Os 5 mosaicos seguintes teñen as fotos de Lola. Graciñas Lola.





Díronnos para facer un carnet de colabourador a cada neno e nena.
Ó Chegar á escola, Mauro púxose a facer, con moito afán, este debuxo, mentras falábamos do que víramos, do que máis lles interesara, etc.


3-
Nesta primeira semá estivemos preparando outras cousas: dos maios, das letras galegas, etc, que se irán subindo cando se rematen.
O venres día 6 os da nosa escola, coas familias, íamos ir a varias actividades en Ferrol tras da proposta das familias para asistir a "Ferrol de frores cuberto" pero finalmente  o tempo climatolóxico fixo que a última hora decidiran suspendelas pois
o de "Ferrol de frores cuberto" era ó ar libre.

4- día 9
Así están as eirugas, xa hai unha preparándose para facer o seu casulo
 O freixo de montaña , ou de flores, ou de maná, está florido,
hulen moi ben!
Hoxe fixemos un paseo pola horta e xardín vendo os trocos...
e botando enraizante do que fixemos con lentellas...

Hoxe tamén empezamos coas lecturas das Letras Galegas
Marta leunos o conto de "O coello Federico"

Tamén celebramos o cumpre de Antía




Debuxos que fixeron en abril para agasallarlle hoxe.



5- O día 10 leu a poesía de Manuel María que escollera Marta, "O Ourizo", e logo Gael o conto ("O ladrón de tixolas")
e poesía de Manuel María ("A Vaca") que escollera el.

Os de infantil fixeron 1  flor coa súa foto e xa tiñan rematado o seu pisapapeis que prepararan coa base de cartón triturado: Alba, Antía, Elena e Marta...

6- O día 11 xa estaba reaberto o parque e fumos velo, primeiro fomos ver como estaba a moreira que plantamos hai 2 anos ou 3 e logo a xogar...
Tamén estivo María e Miguel.




Clase de música con María preparando as danzas para o Maio

7- lectura Letras Galegas día 11 e 12, un conto e unha poesía cada quen.
Elena escolleu a poesía de "O Río"  e Montxo a de "O Bolo" de Manuel Mª

8- As eirugas nesta semá, como son moi grandes, pódense coller e comprobar como se agarran, a sensación de tocalas,
de que che anden na man, etc.

Xa empezou a facer o casulo desde o luns, día 9, a primeira eiruga e logo unha tras doutra foron facendoo moitas.

9- Os de Primaria fixeron un cartaz dos Maios a semá pasada e esta semá, do 9 ó 13, foron facendo outro os de infantil
usando plantas naturais, legumes, froitas deshidratadas, etc Tamén reprsentaron ovos e laranxas...



logo aínda se completaron con flores secas.

10- día 18
Xa estaban todas as eirugas no seu casulo, en silencio total mentras se transforman
 e ata que renazan como bolboretas...
Na clase de música, con María, 3 danzas de nenos-as e familares ó redor do Maio-sillón que fixemos o sábado, na festa dos Maios coa AVV.


11-  Unha vez máis nesta tempada (e cando o tempo o permitíu) o día 20 fomos ler baixo a oliveira do parque en honor de Manuel María (disque debaixo da do seu pai el soia escribir)
Que sorte ter no parque árbores que poidan axudar a enriquecernos de íntimas sensacións  con moitos traballos culturais da escola!
As árbores son vida en moitos sensos e hai que protexelas!

12- O día 25 celebramos o cumpre de Ainara cos rituais de sempre








COMO COMUNICARNOS A DISTANCIA


O dia 27 celebramos o cumpre de Elena, é o 3º deste mes.
Os debuxos de agasallo xa se fixeron en abril e primeiros de maio.










recreo no parque que xa está bastante cuberto de  herba

Nesta semá foi unha explosión de rosas, os garavanzos medraron moito e resulta curioso que as lamachas e caracois nos acabaran cos chícharos e fabas lobas e non toquen os garavanzos...
As primeiras fresas saíron e as capuchinas que nos trouxera Xoana están inmensas... Saúdos Xoana!

Nos faltaban por rematar os agasallos feitos entre todos para a AVV e para o avó de Tania- A Vicente se lle entregou o venres día 27
Avisamos por correo-e para que os da AVV viñeran recoller o agasallo e como non viñeron, o 4 de xullo levoullo Sabela a Marcelino á Cooperativa de Lago.
Ponse eiquí porque as fotos do traballo están eiquí. Vicente tamén é da AVV pero como a el xa lle entregamos un persoal pois avisamos para que viñera Concha
 ou calquera outro para diferencialos agasallos.

Tamén se foron rematando os farois que faltaban (o resto están no blogue das extraescolares)
Neste curso tocounos volver a probar o tamarindo e descubrimos que é un legume sendo froito dunha árbore... Aínda temos para seguir probando cada certo tempo! A palabra tamarindo significa dátil da India e ten caramuñas. Tamén houbo varias veces invitacións a arandos e franbuesas.

Debuxos feitos en casa de tema libre.

Traballo sobre poesías de Manuel María que se fixeron na escola e os que cumprían as bases mandáronse a un concurso do concello para participar coas actividades que organizan desde a biblioteca.
Sabemos que Amalia, da escola de Vilarrube levou un premio e desde eiquí lle damos a Noraboa!






días 30 e 31 Marta e Montxo contaron ós compañeiros-as libros longos lidos en casa dentro do tema Letras Galegas
e Antía leu a poesía de O Muíño de Manuel María.
Perdéronse as fotos, por iso non hai imaxes.