sábado, 5 de abril de 2014

ESCOLA DE LAGO- ABRIL 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
 
 Facendo observacións do renacer primaveral no noso parque





Nesta entrada temos:
 
1- seguimento ós vermiños de seda
2- na clase de música día 4
3- seguimento ó sementado: día 4
4- día 4 seguimento ó renacer primaveral, no noso parque
5- conto viaxeriro
6- agasallos de xabón a familiares que nos asudaron
nalgunha actividade
7- soprado de ovos para o ramo de pascua estilo centreuropeo
tortillas francesas cos ovos soprados.
8- a horta o día 11
9- a horta á volta das vacacións e Semana Santa
10-o ramo de Pascua despois das vacacións
11- os ovos do coello de Pascua
 12- os vermes de seda
13- o día do libro no CRA
14- entrevista a Lela na escola
14 a- Problemas feitos por cada un dos de 1º e 2º sobre os datos de Lela.
15- marcapáxinas de coiro, agsallo de Laura
16- novos xabóns
17- plantas de ricino de Cris e entrega de xabóns
18- agasallos ás nais
...................
1-  seguimento ós vermiños de seda: día 3
 2- Na clase de música o día 4
 3- día 4 seguimento ó sementado
 4- día 4 seguimento ó renacer primaveral, no parque
5- Chegaron 4 páxinas do conto viaxeiro desde A Carreira
 e nós continuamos
 os guerreiros veñen agochados pola dereita, sairon do pazo do emperador e apenas se lles vislumbra detrais da maleza... e o dragón escapa pola dereita, só se lle ve a punta da cola.
Na paisaxe hai algún outeiro con socalcos de arrozais.

 Fixemos 4 páxinas e o pasamos ós de Vilaboa.
6- agasallos de xabón ós familiares que nos axudaron a facer cousas
o xabón fixémolo na extraescolar:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2014/04/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-abril.html

7- soprando os ovos para o ramo de Pascua ó estilo centroeuropeo o día 10, e tortillas francesas o día 11 cos ovos soprados coa cociña que nos trouxo Patricia.
8- O día 11 xa está todo floreado e a mesa de cultivo xa ten as plantas moi medradas pero...
9- moito máis medradas están á volta de vacacións de Semana Santa, claro que houbo que ir regalas e quitar o invernadeiro para que non se abrasaran, co calor que veu...
 
E asi estaban os morangos co abono de infusión de estrugas que hai por algún rincón ...
10- O ramo de Pascua cos ovos, estaba xa con folliñas e soltamos os ovos...

 11- o martes ó chegar á escola buscamos os ovos cocidos que nos deixara o coello de Pascua agochados polo xardín
e comímolos  co roscón de Pascua
12- Os vermes da seda foron medrando e xusto á volta das vacacións empezaron a facer o casulo. Pero antes os escoitamos comer, collímolos e aproveitamos o seu abono  (as cacas e restos das follas) para o horto.
13- O día do libro celebrámolo xuntas todas as escolas do CRA
Primeiro vimos como nos escenificaron os profes o conto
Nacemento do dragón chino


 Despois fomos a traballar nos obradoiros
 
 Fixemos flores pola tradición catalana de agasallar este día un libro e unha flor, pola lenda de San Xurxo e o dragón.
Antes do recreo comimos a parva...
 Logo subimos, por grupos, á Biblioteca e Rita
contounos un precioso conto, este é o grupo de 4 anos.
Tamén fixemos o troco de libros, cada un levara polo menos un, collendo outro para quedarse con el.

Ó final todos tíñamos un libro e unha flor e a cada escola, o xogo da búsqueda do ovo de pascua, tróuxolle tamén, un estupendo libro gañado por cada grupo interescolar.
 
 Debuxos recordando o día 23.
 
 
14- Entrevista a Lela na escola.
Despois da`primeira parte que lle fixo a neta na casa o 23 de marzo, veu o 24 de abril á escola a completala..
Tróuxonos material de cando aprendeu, por correspondencia, corte
 e confección con 14 anos (folletos polos que estudou, revistas de moda, patróns de saias, chaleque, etc...) e a súa primeira pizarriña da escola,
rota en 3 cachos... e todo os deixou abraiados.
Foi unha entrevista marabillosa na que os nenos e nenas, ademais das preguntas preparadas, despois de ouvir a primeira parte gravada, fixeron outras espontáneas ó fío do que ía contando ela e ían comentando cousas relacionadas, de aspectos que eles sabían,
 creándose como unha tertulia entre todos.
Mil graciñas Lela!!!!
Carmen ten moi boa entente cos nenos e nenas e logrou unha experiencia escolar estupenda. Graciñas Lela!!!
Logo como non, entregáronselle agasallos feitos na escola para ela:
de barro embetunado, pirogravado, xabón e flores do xardín.
14 a- Problemas feitos por cada un dos de 1º e 2º sobre os datos de Lela 
 
15- O venres día 25 Laura, a nai de Gael, agasallounos uns preciosos marca páxinas que pirogravara ela en coiro. Graciñas, Laura!!! 
 
16- Novos xabóns a partir do xabón de glicerina, 1º o de chocolate e mel, con moldes doados de desmoldar para os nenos e nenas.
 e o 2º de laranxa dun de glicerina máis claro.
 
 pendente de subir:
17- Cristina tróuxonso 2 plantas de ricino e nós dímoslle un pouco do xabón que fabricamos e a Xan tamén
porque nos ten feito de correo con Vixoi...
Cris contounos que as plantas de ricino nitroxenan a terra.
Graciñas Cris!!!
 
18- Algúns dos agasallos para o día da nai: colares, chaveiros pirogravados, xabóns, pulseiras e chaveiros de gomas, fundas de tarxetas ou de móbeis, forrado de caixas para levalos ou empaquetado, debuxos... Cada un ó seu xeito!!

Algún fixo o debuxo expresamente e outros dedicaronlle un que tiñan feito de denantes...  Para as súas nais todo lles parece pouco!!!