miércoles, 5 de marzo de 2014

ESCOLA DE LAGO- MARZO 2014

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

O día 6, por fin, tivemos sol e poidemos disfrutar de moitas cousas fora. Unha delas foi o dragón que nos trae sempre Sabela por estas datas!!!






Nesta entrada temos:
Desde a volta do Antroido
0- cantarlle "Las mañanitas" a Madalena polos seus 90 anos
1- Candela trouxo 2 píntigas
2- facer un novo meco
3- o dragón
4- a corrida do galo
5- plantar na mesa de cultivo
6- Iniciamos a limpeza do xardín
7- na clase de musica do día 7
8- recollimos e enviamos máis tampóns solidarios
9- o té de rooibos
10- a horta o día 10
11- o tacto da saba de estopa
12- a saída do oso e os criados
13- cociña do día 10
14- sementando chícharos para levar os plantóns a casa
e así vai o xardín...
15- Yaiza a sustituta de Xan.
16- a margarida triple que atopou Candela
17- a 1º cala do xardín para  Patri
18- día 13 poñendo etiquetas nas plantas
e collendo follas secas para cubrir a terra sen plantar.
19- pirogravado con Andrés
20- vimos o correo dos nosos amigos e amigas de Camelle e respostamos unha parte, cando poidamos seguimos.
21- no parque
22- traballos con carimbos hindúes
23- Ana tróuxo un acordeón.
24- o cumpre de Gael
25- a cuberta da mesa de cultivo
máis terra para os piñeiros
26- a moreira do parque
27- agroman os primeiros chícharos, sae outra cala...
28- a 2ª cala para Andrés
29- plantas para Cristina, A Carreira e familiares
30- a parva do día 17
31- no horto preparar a zona de morangos
32- cociña o día 17
33- secar a area do areeiro
34- día 19...
35- horta do día 20
36- veu visitarnos Estefanía
37- empezaron a nacer os gusanos de seda
e teas de seda e outras orientais.
38- o cabuxo que nos trouxo Stefanie e
iogurte de leite de cabra.a cadela Sara
e o ramallete de flores de allo bravo.
39- tomar o iogurte
40- recreo
41- horta o 26 e 27
42- na casa dos peixes o día 28
e debuxos da saída
43- a avoa Carmen fíxonos unha bolsa de tea para levar e traer
o equipo de gravación que temos.
44- medraron xa os vermiños da seda
45- o carimbo de pataca que trouxo Candela
...................
0-  cantarlle "Las mañanitas" a Madalena
O día 27 de febreiro a bisavoa Madalena cumpreu 90 anos e non poidemos chamala porque fallou o tf pero o día 6 cantámoslle, co teléfono en mans abertas, "Las Mañanitas" e "Cumpreanos Feliz".
Menos mal que ese día o logramos!!!!
Por moitos anos Madalena!!!

1- O día 6 Candela trouxo 2 píntigas (ou sacarranchas, salamántigas, salamancas, sacabeiras, sapagueiras, pinchorras, pintas, pintarragas, e máis nomes que terán...  pero tantos nomes no noso idioma mais só coñecían o do castelán: salamandra!!!) á escola, unha grande e unha pequena pero as temos que devolver a un lugar apropiado para elas.

 O día 7 levámolas a un regato perto da lagoa
e vimos vacas pacendo á ida e remoendo, ou rumiando, á volta!!!
Son ruminantes! en castelán rumiantes...

2-O día 6 empezamos a facer un novo meco. Este é para queimalo en Lago. Ademais que o outro que fixemos para a festa do CRA en Meirás non o vimos queimar pois empezou a chover
 e tivémonos que meter dentro.
Este empezámolo o xoves, dia 6, e queimámolo o venres.


3- Sabela volveunos a traer o dragón feito cando ela estaba en Pantín
e o pasamos guai con el na pista.
Este ano ademais cadra co tema de Asia e os da China son quen máis o usan nos seus festexos. é nós xogamos moito!!!



4- Tamén volveu traernos prestado o galo para facer a tradicional corrida do galo para recordar a corrida de Cobres, Pontevedra.
Claro que este é un galo de tea, tamén feito cando ela estaba en Pantín...
Xogamos moito facendo uns de vellos gardadores do galo e outros de roubadores do galo.

5- O día 6 por fin veu bon día para plantar na mesa de cultivo!
Puxemos máis capas de abono, máis terra das casas e turba e plantamos as patacas e sementamos os chícharos
que nos trouxera a avoa Carmen.


puxemos as etiquetas e deixamos todo marcado.

 6- O día 7 iniciamos a limpeza do xardín

7- na clase de música coa profe Ana Sánchez, día 7.
Pasámolo en grande en música!!!
8- Xuntamos e enviamos máis tampóns de axuda solidaria.


9- Por fin probamos o té rooibos do que nos falaran algúnhas familias, axudounos tamén Oscar, el tamén o coñecía.
Levábamos días para facelo... e non había tempo!!!
Iso que os pais de Antía D. nos prestaron un aparato para ferver a auga, con só enchufalo! Nós estreámolo.
As familias préstannos e axúdannos en todo!!!
A ver se non os averiamos!!! Que xa non é o primeiro aparato
que se fastidiou na escola!!!!
A teteira, é de Sabela... o dito.... sempre prestado todiño!!!
10- O día 10 seguimos coa horta

 11- Mónica tróuxonos unha saba de estopa, o liño máis tosco e áspero.
Comprobamos como masaxea as mans e estimula a circulación
12- A saída do Oso traido polos Criados...
Como facía calor o oso vestiuse a medias!


 Todos estamos co carolo, ou feluxe, ou sarrio, na cara
que nos puxeron os distintos Osos que se foron turnando....
mentras os distintos Criados (tamén por tandas) nos aguantaban, despois de pillarnos!.


13- O día 10 fixemos unha receita de entrante hindú, raita,
con pepino, iogurte e menta.


 14-
sementando chícharos para levar os plantóns a casa.

Así vai quedando todo, pouco a pouco vai indo.


15- Con Yaiza a sustituta de Xan para a ximnasia
que se vai esta semá. Moita sorte Yaiza!!!
16- Candela atopou unha margarida triple
17- a primeira cala do xardín para Patri por todas as horas
que nos ten dedicado....

18- día 13 poñendo etiquetas cos nomes das prantas
Xa florearonos crocus, as flores do allo bravo, a sempre noiva....
Collendo follas secas para cubrir o terreo sen plantar.

19- Como onte pola tarde 5 fixeron pirogravado con Andrés, o pai de Gael, hoxe pola mañá rematamos os demais.
Hoxe Sabela trouxo unha luvas da casa para protexernos a man.
pero era moi grande, claro...

pero despois de acabar, Andrés foi á cooperativa e veu de volta un momento pois agasallounos un par de luvas do noso tamaño
e de maior protección...
Estrearémolas para a semá que ven!
Graciñas Andrés!!!!
............................................................
20- Seguindo co día 13: vimos o correo dos nosos amigos e amigas de 1º e 2º da escola de Camelle que chegou onte e mándannos fotos dos mandados de antroido, da súa comparsa de peixes e 2 debuxos sobre Man. Todo nos gustou moito. Nós tíñamos un correo a medio facer e xa llo enviamos sen poñer todo o que quixéramos porque tíñamos presa pero mandámoslles fotos do traballo de Man e do antroido e xa continuaremos outro día...

21- Semá de sol, que marabilla para disfrutar fora!!!

 22- traballos de estampación con carimbos hindúes que nos prestou a familia de Gael.

23- o  día 14 Ana tróuxo un acordeón ...

24- O dia 14 celebramos o cumpre de Gael, el cumpreu o día 9 pero non lle tíñamos feito o caderno de debuxos...
Sempre empezamos co despertar de "Las Mañanitas"
e logo todo o demais....



 
 
 
 O Caderno de debuxos para Gael
 


25- A estupenda cuberta que fixemos hai 2 anos con Ana e o avó de Gabriel, sírvenos para cubrir a mesa de cultivo das xeadas...
pero tivemos que aseguralos paus de apoio.
Tamén seguimos limpando na horta.
 Puxemos máis terra nos testos onde tíñamos os 2 piñeiros desde o ano pasado, é para que sigan medrando para poder
 plantalos para o ano que ven.

26-´Á moreira que plantamos o ano pasado no parque fáltaballe un pau  dos que a protexen e rompéralle a corda que  rodea ós paus polo que amañamos esa situación para que non a corten,
cando pasan cortando a herba.
Vimos que xa lle agroman as follas.
Tamén vimos que os plátanos do parque xa teñen ponlas con follas agramando e os carballos e os castiñeiros aínda non.

 27- O día 17 xa agroman algúns chícharos na mesa de cultivo e saleu outra cala, ou corneta, no xardín...
Xa puxemos unha verxa ante os bordillos, en case todas as beiras das zonas de xardín a ver se así non nos cortan as plantas cando veñen cortar a herba!
28- Esta corneta foi para Andrés, polo que nos axuda na escola.

29- Cando veu Cristina dímoslle (para ela e para a escola da Carreira) fillos de aloe saponaria e xeranios do noso xardín..
Antes tamén lles dimos fillos do aloe saponaria, a avoas e nais.

30- Á hora da parva  Patricia tróuxonos algo especial, con cuscus: tabulet... prato do Líbano e polo ó curri da India. Nós preparamos infusión de rooibos con herba cidra e mel.

31- Preparamos a zona de morangos do horto no lado contrario a onde estaban no rectángulo, e plantamos tamén pés novos...
Hoxe, despois da fin de semá, volvimos a regar moito, moio todo.

32- Mentres, Patricia fixo cociña cos pequenos: Acar receita de Indonesia é para dentro de 2 días pois ten que macerar...

33- Despois axudounos fora para lograr ir secando a area...
As tormentas dos últimos meses destaparon o areeiro
e empapouse toda a area. Había que quitarlle a auga...
Ela axuda tanto para un roto como para un descosido!!!!

34-día 19: rematamos de preparar moitas cousas: pulseiras de macramé, chaveiro pirogravado que fixeron con Andrés, texto explicativo do debuxo pirogravado en papel vexetal coas beiras queimadas, e outras follas con máis explicacións  montado como un libriño, chaveiro de goma eva, sobre dedicado, lámina impresa con carimbos hindúes e dedicatoria, e por detrás impresa con outro tipo de carimbos... levárano para os pais ou persoas ben queridas.      

 
35- a horta o día 20 preparando a terra para plantar e colocar o invernadeiro


tarefas complementarias: preparar para sementar

36- O día 20 veu visitarnos Estefanía e tróuxonos unha estupenda proposta que faremos o luns...
Stefanie e unha alemana amiga nosa, que vive en Pantín e
que ven ofrecernos algunha estupenda actividade de cando en vez.
Ela sempre nos aporta cousas moi, moi interesantes!!!

37- empezamos cos vermes da seda, nacen sen parar...
 recordamos que cos casulos que fan faise o fìo de seda, por iso Sabela nos tróuxo panos de seda e falamos da anterga ruta da seda.
 e como estamos coa India e Asia, tróuxo tamén outras panos dalí, entre eles un que ten o Taj Mahal e algún pintado coa técnica do batik.

38- Ás 12 e media Stefanie chegou co cabuxiño
e o primeiro foi velo tomar o bibeirón...
Todo un espectáculo sobre todo cando daba os estiróns que os mamíferos dan por momentos, na teta da nai...
Este cabuxo naceu o 7 de xaneiro (coma un agasallo de Reis), antes de tempo, e como non lograba poñerse en pé,
nin mamar, a súa nai rechazouno...
Stefanie decideu atendelo e ordeñaba á nai para darlle o leite nun beibeirón, cada 2h!!! Coidou tan ben del que hoxe en día está feito un cabuxo estupendo, e xa come vexetais, ademais de tomar leite.
Aproveitamos a decir as caracteristicas que xa sabíamos das cabras:
son seres vivos, do reino animal, vertebrados, vivíparos, mamíferos, domésticos, herbívoros, cuadrúpedos, teñen pelo e cornos (pero algúns non, e Cid non ten, a súa nai tampouco e a súa irmá sí.
 El ten como uns chichóns somentes)...

Pero con Etefanie, e Cid, que así o chama, por ser valente e sair adiante
vimos outras características:
o pelo o teñen suave e non tén graxa como a lá das ovellas polo que cando chove póñense a cuberto. Vimos os dentes e resulta que só teñen os de embaixo, e atrais teñen grandes molares. Non teñen dentes caninos porque non teñen que desgarrar carne
 e o maxilar de enriba é moi forte.
Vímolo remoer, como as vacas, e resulta que lle encanta o repolo!
Vimos os pezuños, teñen 2 en cada pata e andan na punta deles.
Nos ollos teñen o negro do centro en forma de tira, en horizontal, para ter maior ángulo de visión.
 Despois puxémonos a facer iogurte de leite de cabra
porque Stefanie muxeu á mamá de Cid e sacoulle só medio litro porque é nova e amamanta á unha irmá de Cid, pero ten outra cabra, e a ela muxeulle un litro máis. Explicounos que o leite de cabra ó natural non hule nin sabe forte como o leite de cabra envasado porque ese sabor forte llo produce o proceso de preparación do leite envasado.
Nós temos mercado leite de cabra e sabía moi forte
 e este non, é verdade!!
Tamén tróuxo un iogurte de cabra para poder facer os nosos e...  quentamos o leite ata 50 ou 60 grados, para matar xérmenes (xusto que empece a queimar o dedo) e logo deixase enfriar ata a temperatura do noso corpo (que non notemos que queima) e bótamos o iogurte de cabra e remeximos un pouco todos-as e metímolos en tarros ben cheos, tapámolos e logo metímolos nunha iogurteira que nos deixou Patricia,
e dentro de 2 días xa podemos tomalos.
Stefanie  fainos sen iogurteira, envolveos en toallas e ponlles unha bolsa de auga quente enriba e deixaos 3 días, di que vai máis despacio pero que saen millor.
 Mentres fixemos o iogurte Cid estivo dentro (para el Stefanie é a nai), tivemos que estar sen facer ruidos nin grandes movementos
 para que non se estresara!!!
e mexou e cagou nunha toalla que lle trouxo...
As cagadas levámolas logo á terra da horta...
Tamén estivo Sara, a cadeliña de Stefanie e contounos Stefanie que cando naceu Cid, Sara o coidaba, non saía do seu lado, durante 4 días nin comeu, non se movía da súa beira, e dáballe calor,
pero se notaba que Cid se movía algo, entón ía avisar a Stefanie...
Foi unha experiencia superestupenda!!!! Graciñas Stefanie!!!!!!!!!!
Tíñamos preparado un ramalletiño de flores de allo bravo, silvestre ou salvaxe que lles din bágoas da virxe, para entregarlle a Stefanie e coas emocións con Cid, esqueceusenos dárllelo. Sabela deuse conta cando xa só quedaban 2 nenas así que llos dimos ó pai e nai
que viñeron buscalas.

 39- o día 26 tomamos o iogurte de leite de cabra só e o día 27 con pera e gustou moito máis coa pera.!!!!

40- xogos no recreo


41- Na horta e patio xa sairon moitos chícharos e algunha pataca
 ´currunchos...

42- O día 28 na Casa dos Peixes da Coruña con todas as escolas do CRA
en moitos sitios non poidemos facer fotos porque non funcionaba
o mecanismo da cámara para quitar o flash...
María tamén subeu na nosa parada.
Fomos no bus coas escolas de Vilaboa e Vilarrube e noutro bus
foron os da Carreira e Taraza.
Xa sabiamos que fora non podíamos sair porque a última tormenta desfixo no muro das piscinas exteriores e
ningún visitante pode pasar ata que se amañe.
Contáronnos a historia de Hércules e Xerión, baixamos ó Nautilus e vimos comer os peixes e pasearse o tabeirón tauro.
Vimos o planeta terra como se estiveramos no espacio, tocamos unha vertebra dun mamifero mariño e unha estrela de mar viva.
e 5 minutos na zona dos acuarios de muuultiplicaos...
comimos a parva e volta!
Fíxosenos a pouco pero o pasamos moi ben.
debuxos sobre a saída





43- O día 31 a avoa Carmen, Lela, chegounos cunha preciosa bolsa que nos fixo para que leven e traian os nenos e nenas o equipo de gravación cando van gravar á familia, como fixo a súa neta para gravala a ela. Nela bordou: Escola de Lago
Graciñas Carmen, es increiblemente xenerosa!!!!

 44- Así están xa os vermiños da seda
 45- Candela tróuxo un carimbo cun corazón, feito de pataca, e aproveitaron a estampar composicións con el.
Tamén probaron a imprimir cos carimbos que tróuxo Sabela prestados
esta vez coa tinta de usar os carimbos do centro.

O día 31 fixemos o programa de radio incluindo a entrevista sobre Xapón que se lle fixo a Toni, a reporteira del foi Candela
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2014/03/dalla-que-dalle-na-escola-de-lago-marzo.html
apartado nº 4, as fotos
e a gravación de hora e 20 de programa:
 http://www.ivoox.com/dalle-dalle-nas-ondas-n-32-da-audios-mp3_rf_2994819_1.html