viernes, 9 de enero de 2015

ESCOLA DE LAGO- XANEIRO 2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

As mimosas da alcacia
iluminan o inverno
de olorosos e dourados acios
entre curiosas follas
moi verdes e rumbosas.
S.D.R.
O concello amañounos a parte de atrais da escola porque ese espacio nolo prestou a AVV para utilizar cando o necesitemos,
 sobre todo para xogos populares,
e o concello púxonos unha verxa nova. Israel está poñendo un tope para os coches. E pouco a pouco vannos rematar os detalles que faltan.
Graciñas!!!



Nesta entrada temos:
00-
0-amaños no exterior da escola
1- recibimos a felicitación do colexio da Capela
2- agasallos do nadal á escola
3- os caleidoscopios que o Apalpador deixou na casa de cada neno.
3a- Cadros do Apalpador feitos polos de 3 anos
3b- debuxos dos agasallos
4- o cumpre de Lía
 5- esfollar, debagar e pesar as mazarocas de maínzo de Alba
e problemas.
 6- Veu Mariana o día 20 e contamos os carozos do maínzo
e problemas
7- Productos orixinarios de América e doutros lugares
8- cousas de Uruguai
9- as esporas dos felgos
10- galletas de cabaza e croquetas de nabizas
11- alcacia das mimosas
12-
................................................................................................
1- Recibimos unha tarxeta do colexio da Capela
Graciñas! Nós tamén lles mandamos!
2- Ademais dos doces que nos trouxo o Tió catalán, para a festa de Nadal, agora atopamos que os Reis Magos nos deixaron
un almario para o exterior da escola,
Papá Noel pintura para os xogos populares que imos pintar no patio.
E o Olentzero vasco trouxo 2 pares de zancos artesanos, de madeira,
que nos costou un cacho dar con eles...

3- O Apalpador, coa axuda das nais, deixou en casa de cada neno-a
 un precioso caleidoscopio artesán




 faltan 2 por traelos a ensinar...
..................................................
3a- cadros dos de 3 anos do Apalpador

3b- Os agasallos que nos trouxeron a casa e os que máis nos gustaron...
 debuxos

4- O cumpre de Lía foi o día 25 de decembro
e celebrámosllo na escola o día 9 de xaneiro
con todos os rituais que facemos sempre...




5- A esfolla das mazarocas de maínzo que a familia de Alba nos deixou esfollar e debagar fíxose entre os días 14 e 15 permitíndonos facer (con gran entusiasmo) todas as tarefas directas e indirectas que conleva facelo.



6- Veu Mariana o día 20 e apoiounos contando os carozos do maínzo e formando decenas 



7- estamos probando e coñecendo cousas novas,
orixinarias de América ou doutros lugares. 
 8- a familia de Candela tróuxonos cousas de Uruguai


9- Como estamos no tema das plantas estivemos vendo, no patio, as esporas que sirven para reproducir os felgos, porque eles non teñen flores... Esa é una das ventaxas de ter plantas específicas no patio para poder ir miralas cada vez que o necesitemos.


10- Como Patricia está enferma e non ven facer o obradoiro de cociña, algúns nenos preparan, coa familia, algunhas receitas para a escola.
Moncho preparou coa súa nai galletas de cabaza. 
e Lía preparou coa súa mamá croquetas, coas nabizas que temos.
Necesitabamos rarealas para que ó final saian grelos e collimos as máis grandes para poder facer esa receita.
Lela di que temos que rarealas máis pero agora xa debemos quitar as máis pequeniñas, para conseguirmos os grelos.
Tanto as galletas como as croquetas estaban riquísimas!!!
11- o Pai de Lucía e Mauro tróuxonos mimosas  para poder facer una alcacia das mimosas despois de estudar ben as súas follas e flores para facer una alcacia das mimosas, pois agora están en flor.

12- calquera cousa sirve para comentar e traballar

13- o día da Paz o levamos preparando todo o mes, aprendendo cantigas e contos (que gravamos) e facendo reflexions pero o día 30 fixemos traballos plásticos do tema: con barro e pinturas.

con barro, que nos trouxera Mónica, pero está sen cocer

14- o día 30 tocou o queique de cabaza que fixo Gel co seu pai
Estaba moi rico!
A cabaza é orixinaria de América!!!!