sábado, 2 de marzo de 2013

ESCOLA DE LAGO- MARZO 2013


Neste curso estamos  13 nenas e nenos de 3 a 7 anos




                                     Neste mes a TVG gravounos...!!!!

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
1- chegou correo-e da escola de Camelle
2- problemas cos pesos do maínzo que debagamos
3-xogos de mesa no chan...
4- horta no día 1
5- o día 5 viñeron gravar d TVG
6- o día 5 tamén celebramos cumpre de Sabela Graña
7- correos-e
8- gravación da TVG na cortiña de Chelo
9- xogo do coidado dos avós
10- problema especial cos datos deste marzo 2013
11- fixemos natillas
12- mandamos a campá a Roma a polos ovos de Pascua
13- Fixemos unha entrevista a Stefanie para a radio
14- envío de tapóns solidarios
15- un novo amaño de Xan
16- lectura de contos
17- xogos mentras se come...
18- arte matemático
19- o día 15 chegou un correo postal de Beas de Granada.
20- chamamos a Beas de Granada
e preparamos para ir á radio:
explicacións dos aparatos.
21- celebración do cumpre de Sara
22- falamos pola webcam á sede do CRA
23- agasallos ós pais
24- museo Muncyt
25- xogo dos avós
26- ovos e ramo de Pascua
27- envío do mural e palma á E. de Carantoña
28-varios do día 22

 1- o día 28 de febreiro chegou un correo-e da escola de Camelle 
pero nós non o vimos ata o día 1 de marzo
Vaia sorpresaza!!!!!
Mándannos unha presentación en ppt e 
Sabela colleu as fotos para subilas eiquí.
Vemos a escola (nun lado está infantil e noutro os de 1º e 2º), o pobo, o museo de Man (un alemán que fixo esculturas con pedras da praia) e o seu mural sobre a paz.

 Logo veñen as fotos deles, que son de 1º e 2º de primara 
e escríbenlles ós nosos 5 de primaria.
Rebeca di que lle gusta moito a cantiga de Wangari da
presentación que lles mandamos e que todos cantan xa esa cantiga.
Aarón di que fixo de mago no Samaín
e Ana Canosa di que lle gusta pintarse de gato.
A Manuel disque lle gustan os libros, a Brais ir a Muxía 
e a Ana Pose pintar e correr.
 A Xacobe gústalle debuxar, a Joel o futbol, a Sabela a súa cabaza
e a Ismael o futbol e pregúntannos que nos gusta a nós...
pronto responderemos!!!!!
Pero fixemos xa uns problemas sobre Man o alemán que viveu moitos anos en Camelle. Cantos? 



2- Problemas do peso do maínzo que debagamos

3- Ultimamente nos recreos algúns collen este tipo de xogos nalgún ratiño...
 4- Hoxe seguimos preparando na horta e plantamos algunhas cebolas... 
Chelo dixo que era mellor plantalas xa, polo da lúa,
pero non nos deu tempo a plantar todo.
 Tamén recollimos nos composteiros, porque agora temos 2.
Estamos a cen por hora cos debuxos dos cumpres, que xa empeza a outra tanda deles e ademais estivemos con visitas da TVG que vai gravar sobre Lago...
           5-  O día 5 viñeron gravar os da TVG para o grograma Grandes Lugares e tan atarefados estivemos coas súas gravacións que nos esquecimos de facer fotos.
Fixemos chulas de cabaza, empezaron as bonecas de mazarocas as de 3 anos, numeración con decenas e centenas, explicar
 o xogo do coidado dos avós e bisavós...
 6- Despois o día 5 tamén celebramos o cumpre se Sabela Graña, fixo 8!
aínda que o seu cumpre foi o día 2. 1º cantámoslle "Las mañanitas"
 Elixeu a estes nenos e nenas para aguantarlle as velas...




O caderno que lle agasallamos a Sabela




7- Escribindo correos electrónicos
8- O día 6 fomos plantalas patacas de cedo con Chelo, a avoa de Mateo porque os da TVG querían ver como facemos actividades coas avoas e familias. Chelo explicounos como preparar a semente das patacas e logo fixemos cada un de nós... e sementamos...

 Logo gravamos a cabeceira do programa no que 
participamos con toda a xente de Lago.

 Á volta houbo que quitalas botas de goma para ir a ximnasia...
Pola tarde fixéronnos unha festa para o cumpre de Sara e tamén gravaron a moitos grupos de Lago.
Textos e debuxos sobre eses días de gravación


9- día 7, o xogo do coidado dos avós

10- O día 7 rematamos os problemas deste curioso marzo 2013...!!!! porque nos chegou a información de que só sucedía cada 823 anos, por se iso é certo fixemos cálculos...
11- O día 11 as pequeniñas e Miguel fixeron natillas con tropezóns de copos de avea.


A todas e todos lles gustaron moito menos a Sabela Graña e ás 3 pequeniñas!!!!
12- o día 11 tamén enviamos unha campá a Roma, según tradición francesa, en busca dos ovos de Pascua.
Dixémoslle todos a unha:
Campaíña, campaíña, vaite a Roma axiña
que pola Pascua queremos ovos ben bons...
e por favor, volve axiña!!!
 Tanto dixemos e tanto dixemos que esta vez xa se foi o primeiro día (o ano pasado tivemos que pedirllo 3 días) debeu ser porque esta vez ata llo dixemos en francés. Mirade como se foi!!!!!!!!
 13- e ademais este día 11 veu Stefaníe, alemana,  fara facerlle unha entrevista para a radio contando as tradicións, que a nós xa nos ten contado sobre os ramos de ovos de Pascua, os farois de San Martiño a coroa de advento... Nós pintámolle unha palma e dímoslle 1 vaso de natillas que quedara...

14- o día 12 Mariluz levou os tapóns solidarios para que os recollan no CRA, graciñas Mariluz!!!! Desde decembro xuntamos todos estes...

15- un novo amaño para ir logrando maior comodidade
Graciñas Xan!!!!

16- siguen as lecturas

17- xogos mentras se come... día 14

18- arte matemático: coroas de pentaedros, de pirámides pentagonais...



19- O día 15 chegou correo postal dos nosos amigos e amigas de 1º 
do colexio de Beas de Granada
Vaia sorpresa e cantas cousas nos mandan!!!!
Graciñas amigas e amigos!!!!

 fotos coas cousas vistas con máis detalle... Monografías
 Debuxos grandes, decálogo da ecoescola, carta e sobre
 poesías e debuxos sobre as poesías e e fotos sobre as abellas

20-  O día 18 chamamos ó colexio de Beas de Granada e
 falamos co teléfono en mans abertas
pero non nos escoitábamos moi ben...
Nós recitámoslles este poema que tamén o recitamos pola tarde na radio porque é o río que nace no seu pobo. O río Beas  vai dar ó río Darro, o Darro ó Genil e este ó Guadalquivir. Vai en honor a eles e elas

Poema Baladilla De Los Tres Ríos de Federico García Lorca
El río Guadalquivir
va entre naranjos y olivos.
Los dos ríos de Granada
bajan de la nieve al trigo.
¡Ay, amor
que se fue y no vino!
El río Guadalquivir
tiene las barbas granates.
Los dos ríos de Granada
uno llanto y otro sangre.
¡Ay, amor
que se fue por el aire!
Para los barcos de vela,
Sevilla tiene un camino;
por el agua de Granada
sólo reman los suspiros.
¡Ay, amor
que se fue y no vino!
Guadalquivir, alta torre
y viento en los naranjales.
Darro y Genil, torrecillas
muertas sobre los estanques,
¡Ay, amor
que se fue por el aire!
¡Quién dirá que el agua
lleva
un fuego fatuo de gritos!
¡Ay, amor
que se fue y no vino!
Lleva azahar, lleva olivas,
Andalucía, a tus mares.
¡Ay, amor
que se fue por el aire!
                                                                  O río Beas está envolto no óvalo vermello
e nós estamos marcados cunha frecha vermella.
 Federico García Lorca foi un gran poeta de Granada pero escribeu 6 poemas en galego, porque lle gustaba a nosa língua. Ímosllas mandar.

E preparamos o programa da radio para pola tarde. Patricia explicounos  con fotos como funcionan os aparatos do estudio da radio.
Para que nos fixemos máis cando estamos alí...


 21 - celebración do cumpre de Sara o día 19


20-





22- o día 19, ó final da mañá falando pola web cam con Mariluz e Cris
23- Agasallos para os pais: arte matemático con coroas de pentaedros, coroas de pirámides pentagonais e marcos de formas xeométricas.

estrelas



24- excursión a Coruña, fomos no bus cos de Vilaboa e Vilarrube.
Entrada no museo da Ciencia e da Técnica, na entrada está colgada unha avionet e logo fomos ver os robots... Pepe Xan e Marilú
a primeira ferramenta... os martelos, logo o coche antergo
O faro da Torre de Hércules da 3 destellos... a pianola se toca cos pés...
O cine e as cámaras, os ordenadores antergos, etc e a peza máis pequena do museo...
Despois da zona das Maiúsculas subimos a ver o motor etc dun avión
Despois de ver as sillas e o cartón que levano interior vimos o tren de aterrizaxe
subimos para o interior


É o Avión Lope de Vega, nel viaxou o famoso cadro do Guernica, de Picaso, de Nova Iorque a Madrid. No teito do museo hai uns rodillos para que non haxa eco....
Comimos nunha sala con mesas de diseño
 Diante do museo Muncyt

Facéndose os dormidos!!!


25- xogo dos avós e bisavós do día 21, como todos os xoves

26- Os ovos soprados  das 3 pequeniñas, os outros xa o fixeron na casa, pintado de ovos e de palmas
 O ramo de Pascua estilo centroeuropeo

Gabriel fixo este debuxo no que asoma expresivamente o pé 
e a man do buscador de ovos de Pascua

27- dia 22 mural de infantil á escola de Carantoña
 e palma que lles manda a clase

28- varios