sábado, 2 de febrero de 2013

ESCOLA DE LAGO_ FEBREIRO 2013

Neste curso estamos  13 nenas e nenos de 3 a 7 anos



A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola
nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
0- mes do antroido
1- apaño co proxector
2- Despedida de María C. Martín
3- Transplantamos as plantas que nos mandaron de Vilaboa
4- Correo da escola de Carantoña, Vimianzo
5- mandados choqueiros do noso Meco
6- zancos de pau alto, prestados polos da Carreira
7- mandados de antroido, martes
8- debuxos sobre o antroido
9- mandados de antroido, mércores e xoves
10- traballos para a nosa comparsa de antroido
11- a festa do Antroido de todo o CRA
12- ubuntu
13- carautas de pratos
14- debuxos de motivos africanos
15- lectura de contos
16- táboa do 4 co material de María C. Martín
17- chegou un mural da escola de Carantoña
18- fixemos rosquillas e torradas con Patricia
19- a clase de inglés do día 19
20- esfollamos e debagamos cos "avós e bisavós"
21- as flors do xardín
22- Alba leu para todos
23- Xan puxo a punto o proxector...
24- rematamos de debagar
25- fixemos o coidado dos avós e bisavós
26- viñeron os de Seprona
27- traballando nos ordenadores
28- o día 21 lectura de Yasmín
29- primeiros ensaios coa tableta
30- o día 26 lectura de mateo e Antía
31- Yasmín nos amosou unha boneca africana
32- lectura de Sabela Graña
33- Xan desmontou e montou de novo o proxector
34- lectura de Sara do día 28
35- pesamos o maínzo que debagamos
36-comparamos pesos
37- preparación do calendario de marzo e o grupo de relixión
38- xogo do coidado dos avós
39- fixemos argalladas mentras comíamos
40- debuxo de Candela coa tableta
41- transplantar e horta
42- preparando o calendario da marzo
............
0 - No mes do antroido a nosa comparsa foi
cos traxes e máscaras  dunha danza ritual do país Dogon, de Mali


1- Estes días para ver co proxector acabado de colgar... Sabela tiña que subirse a unha mesa e aguantar do proxector nunha posición que lograra enfocar na pantalla. O día 1 Cristina tivo que facer ese apaño de poñer libros atados para poder facer a proxección do proxecto lector...
2- María estivo os 2 últimos xoves e venres con nós na clase, case sen percibila, pois estaba facendo prácticas de observación para un master en Educación Montesori e tiña que estar sen interferir en nada... pero para a despedida trouxo un riquísimo e xigantesco queique de limón, agasallounos un interesante libro e ademais deixounos un interensantísimo material elaborado por ela,
  Graciñas María!!!!

3- Duns pais de Vilaboa recibimos para transplantar plantóns pequenos de flores. Sabela recolleunos o martes pero pola avería do seu coche tivo que deixalos no coche de Mariluz e pola baixa de Mercedes Mariluz non poido pasar a deixalos ata o día 30 e non rematamos de transplantalos ata o día 1... Toda unha aventura!!!
Moitas grazas a eses pais de Vilaboa que pensaron no resto das escolas do CRA, demostraron  ter moita xenerosidade 
e grandeza de miras!!!!

4-  Chegou un correo-e da escola de Carantoña-Vimianzo Que sorte!!!! 


 e os nososo amigos e amigas mándannos: a receita do leite merengado,
que ganas de probalo!!!
o que fixeron da Paz e os mandados do seu meco...
Fantástico todo!!!!
Ata pronto amigos,
deseguida vos respostamos!!!!!
  
5- mandados do meco do CRA "Esquío"
Nós temos estes mandados:
O luns traer a cara chea de pecas...
o martes vir coa mesma cara e un mandil ben posto
o mércores todo o anterior, máis chichos no noso pelo
e o xoves ademais diso, traer a roupa do revés ou vir en pixama
Todo isto para resultar tan choqueiros
que reventen da risada...
ata os que nos miren ben serios....!!!!

6- hoxe, día 4, Xan tróuxonos 2 zancos de pau, que nos prestan os da escola de Carreira e xa logramos andar neles varias...
Estamos encantados. Graciñas escola da Carreira!!!!
7- O 2º día de mandados do antroido: pecas e mandils 
8- Debuxos sobre o antroido antes de vivir o deste ano...
paro xa aparece unha carauta africana...
9- Os mandados do meco o mércores: pecas, mandil e 
chichos ou panos na cabeza.
e do xoves: pecas, mandil, chichos ou pano na cabeza e pixama (mesmo con zapatillas) ou roupa do revés.


10- Facendo os traballos da nosa comparsa de antroido


As máscaras as fixemos seguindo fotos de  máscaras do país Dogon
fixemos tamén tamborciños e paus de chuvia



ensaios de pasos das súas danzas

11- A festa do antroido de todo o CRA, do día 8
 Preparativos de primeira hora

Case todos quixemos, ou aceptamos, maquillarnos para acercarnos máis ás personaxes que representábamos.
As nenas levaban preciosos chichos e para os nenos de pelo moi curto tíñamos perrucas de pelo crecho pero quedaron na escola...

As nais aínda tiveron que rematar os cortes e pegados das saias e mangas porque ese traballo foi delas. Fixérono cun aparato de Sonia e xa empezaron o día 30, logo Patricia levouno para casa e fixo moitos pezas ata que rematou o adhesivo forte que tiña Sabela do ano catapum... e logo xa non se acabaron ata esta mañá...
foto do día 30

vestímonos e comprobamos todo...
ensaiamos Alná Kané (cantiga africana en lingua bombara)
e fixemos repaso do texto que nos fixo Sabela sobre África
e xa non nos deu tempo a facer un percorrido por Lago,
 como facemos sempre, porque era a hora de irse a Meirás.

Sentados en Meirás, antes de pasar as comparsas, cantamos todos unha cantiga moi bonita, nunha lingua africana, con María.


 Actuacións das comparsas
A escola da Carreira 1 e 2 foron de antergos exipcios, con María e Maite.
Os da escola de Lago fomos da enigmática tribu Dogon, de Mali
e Sabela e as nais, con traxes dalgúns paises de África.
Despois de elexir a tribu soupemos que Mali se puxo en guerra,
 co apoio de Francia.
Iso é moi triste!!!! Pedimos que se acabe xa e resolvan os problemas!!!!
Na escola de Taraza foron da famosa Wangari,
 africana de Kenia que optivo
o premio Nobel da Paz no 2004 por liderar plantacións de árbores, por loitar contra as talas masivas e por contribuir ó desenrolo sostible..
Cristina foi cos de Taraza porque a súa titora, Mercedes, está de baixa.
 na Escola de Vilaboa foron de fermosas xirafas, con Elisa.
e na de Vilarrube de magnífica tribu zulú con Laura.
E Xan e Mariluz foron de exploradores en África... Estaban chachis...
Óscar tamén veu a vernos ó festival.
Nós estivemos no escenario primeiro coas máscaras
pero para logo recitar e cantar estivemos sen elas e tocamos
os tamborciños e os paus de chuvia que rematamos.
O que non fixemos foron as danzas rituais porque non nos deu tempo a ensaiar coas máscaras postas (non as rematamos ata última hora) e por iso algúns dos nenos e nenas quedaron algo frustrados (porque lle puxeran moita ilusión a ese aspecto) pero como imos facer unha obra de teatro con todo este tema, ese día xa teremos todo ben preparado e faremos as danzas moi ben ensaiadas e coas máscaras ben aseguradas.
Este ano estivo de baixa unha titora e non mandaron sustituta polo que os apoios das escolas tiveron que suplila...
 e todo o proxectado non se poido facer.
Sabela quixo vestirse de saharaui. O traxe  é unha tea moi longa
que se envolve polo corpo e logo cubre a cabeza. Só se aguanta con 2 nós nos ombreiros pero ela tivo que axudarse con prendedores do pelo, senón caíalle... Hai que saber ben como levar as cousas...!
O Sahara Occidental, é zona de deserto, foi colonia e logo provincia española pero no 1976 tras a Marcha Verde de Marrocos sobre o Sahara, España o abandonou e agora os saharauis que querian ser libres de España pero non ser de Marrocos dende entón teñen que moi mal vivir refuxiados nun pequeno territorio
superseco, e aillado, en Mauritania.
Por iso moitas familias e asociacións españolas, solidarias con eles, traen a nenos e nenas, 1 mes do verán, para que poidan repoñerse un pouco, pois o estado español  aproveitouse da colonia pero logo
despreocupouse de todo o problema que deixou.
A escola de Lago estivo un ano nunha festa dos nenos saharauis que se fixo en Pedroso, e unha familia que tivo un fillo na nosa escola, coidaron un neno saharaui  varios veráns!
Podemos pedirlles que nos veñan contar a experiencia!
As nais da nosa escola ían con traxes orixinarios de África
(de viaxes a Túnez e Exipto)
2 deles llos mandaron amigos de Sabela que son de Camerún e Benín (antiguamente Dahomey) que coñeceu, hai moitos anos, cando estaba estudando en París. Para este tema viñeron perfectos. O día da Paz e outro día máis, Sabela xa os tivo postos toda a mañá...
 Despois de comer os ricos freixós, orellas e rosquillas e tomar colacao con leite, e os adultos café con leite, bailamos dirixidos por María.
Os postres de antroido os compartimos entre todas as escolas e a nós nos tiveron que invitar a colacao os da Carreira porque nós o deixamos esquecido na escola.
Graciñas A Carreira!!!!

Despois tocou a queima do meco: un cazador furtivo
que levaba unha escopeta que fixo Xan e roupa vella de Vicente...! Vicente tamén nos pasa sempre a roupa para os mecos que levamos facendo nós, cada ano, no noso da escola de Lago...
Este meco fixérono os da Carreira con Xan e quedoulles moi ben!!!!
Nós, o da nosa escola (que sempre queimamos o xoves despois do antroido  e no que o ano pasado tanto nos diverteu facer o xuicio) xa non o imos facer porque temos moitas cousas pendentes...
e o tempo non estira....
 e logo a pinchalos globos que quedaban... porque algúns nenos-as foron collendo globos e adornos sen pensar que se se collen logo non se poden facer os xogos programados nin se manten adornado o local ata o final... Temos que aprender a ter espera e a cumplir as normas....
Foi moi gustoso estoupalos!!!!! Gracias Ana por coller as tomas das fotos!!!




Foi unna festa de Antroido moi divertida....




12- Ubuntu: "Eu son porque nós somos." dos Xhosa
Xabier mandounos o conto de Ubuntu e fotos dos Dogon 
porque el estivo alí, que sorte!!!
Bicos Xabier L. García!!!

13- Carautas reutilizando pratos




14- debuxos que reflexan o traballo sobre África
Sabela Graña debuxouse coa súa máscara...





15- Ultimamente 8 de nós preparamos a lectura de contos 
para lerlles ós demais e o facemos moi ben...
16- Construindo a táboa do 4 co material que nos fixo María C. Martín
Bicos María!!!
17- O luns 18 chegouno correo da escola de Carantoña,
 por medio de Patricia, xa está posto!!!
Cóntannos como é a súa aula!!!

18- O luns 18 fixemos rosquillas e torradas, con Patricia





19- a clase de inglés do día 19

20- espertamos a avós e bisavós para que viñeran esfollar con nós e contáronnos moitas cousas...
Estes avós e avoas e bisavós e bisavoas prestóunolos Alicia López Pardo porque ela os usou o ano pasado na escola de Vixoi, Bergondo, e nós nos escribimos con esa escola os anos pasados. Como agora non está alí nolos prestou un tempo para que nós aprendamos a que hai que coidar e respetar a todo o mundo e por suposto ós nosos maiores, darlles moito, moito agarimo e compañía, e alivialos nos seus problemas ademais de aprender moito deles pois teñen unha grande, grande sabiduría en moitas, moitas cousas pero sobre todo da nosa lingua e cultura.
Alicia tamén nos prestou contos sobre  os  problemas que van vindo coa moita idade, ou sobre as discapacidades e estamos a lelos con moito interés.
Graciñas Alicia por darnos esta oportunidade!!!!
e nos contaran cousas
coas pelicas xogamos antes de botalas na caixa de compostaxe...
e logo cos avós debagamos un pouco pero aínda non rematamos.
21- É o mesmo  xacinto, pero según se mire ...
 Xa sairon caléndulas, flor de noiva, margaridas, crocus
22- o día 20 leu para todos Alba
23- o día 20 Xan púxonos a punto o proxector e por fin o vemos ben
Graciñas Xan!!!
As chaves que nos prestou Enrique foron útiles e Xan tivo que axustar con catuliñas como xa dixera Martín!!!
24-O día 21 rematamos de debagar


!
25-Tamén fixemos os coidados 
dos avós e bisavós!
Levalos ó médico, facerlles a comida,
darlles masaxes... os xoves dedicamos un tempo
a ese obradoiro, primeiro un grupo , logo o outro.


26-viñeron os do Seprona,
é a Garda Civil que vixila para a protección de montes, praias, animais, plantas etc...
viñeron polo noso proxecto de Voz Natura.
Algúns e algunhas non se atreveron a subir á moto, pero outros-as...!
E o chaleque pesaba moito, eh!!!!
27-día 22 traballando nos ordenadores
28- Yasmín fai lectura dun conto

29- primeiros ensaios coa tableta

30- lectura do día 26: Mateo e Antía
31- Yasmín amosounos unha boneca do tema de África
32- día 27 fixo a lectura Sabela
33-  día 27 Xan desmontou o proxector e o voltou a montar porque non estaba colocado no verdadeiro sentido.
Graciñas Xan!!! Que faríamos sen ti?
34- o día 28 leeu outro conto Sara
35- pesamos o maínzo que debagamos... 
e un kg máis!!!
Fixémolo coa romana que fixo hai moitos anos o pai de Sabela...
pero algúns xa non quixeron probar cun kg máis...
36- comparamos pesos
Pesa máis a bolsa que temos na man dereita, eh!!!  Comprobado!
A sensación foi directa para case todos.
As de 3 anos non probaron con este peso, pero o fixeron coas bolsas dos carozos, que pesaban moito menos.

37- Preparamos o calendario de marzo e veu Óscar a dar relixión...

38- fixemos de novo o xogo de coidar 
dos avós e bisavós
encántanos este traxín...

primeiro o fai un grupo e logo o outro grupo


39- mentras comimos fixemos estas argalladas...
40- e Candela no recreo fixo este debuxo coa tableta...
por fin neste debuxo Sabela deu como gardalo enteiro!
Nos que se gardaron en días pasados só se ve parte do feito.
E que profe, nenos e nenas estamos aprendendo a usala!!!!
Cando lla pasemos a outra escola do CRA, pois a temos que compartir,
xa lles explicaremos para adiantarlles a aprendizaxe...
Logo eles seguro que sacan novas posibilidades
e logo nolas explicarán a nós,
facendo unha cadea de aprendizaxe guai!!!!

41- trasplantamos os plantón que non volveron a mandar de Vilaboa (de novo graciñas!!!!!) e preparamos algo na horta

Puxemos os tarros co transplantado  á redor das árbores pequenas que temos, así cando limpemos  esa terra teremos menos probabilidades de confundirnos e arrincar unha das arboriñas sen querer...

42- preprando o calendario de marzo