lunes, 1 de abril de 2013

ESCOLA DE LAGO-ABRIL 2013

Neste curso estamos 13 nenas e nenos de 3 a 7 anos


Faltou Gabriel toda a 1ª semá porque ten neumonía.
 Mellórate pronto, Gabriel!!!!

Os agasallos de Pascua o día 2:


A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
1- día 2 e ovos de Pascua
1a- en inglés cesta dos Ovos de Pascua para a revista do CRA
2- día 2 e o coidado dos bisavós e avós
3- a moreira
4- o día 3 veu Sandra, e Alicia López Pardo
lectira de contos, volteretas con xan
despedida dos avós...
5- leu o conto Alba
5a- o contacontos do día 5
6- soportes de ovos pintados
7- viñeron de Santiago a facer o que xa tíñamos feito...
8- os vermiños da seda xa están grandiños
9- fomos fotografar a lagoa
10- plantamos cebolas e levamos para facer na casa
11- seguimos coa lectura de contos
12- as pequeniñas cosen o vestido da boneca
13- viñeron a recoller os tapóns que volvimos a xuntar.
14- leite frito e xelatina de laranxa
15- porque bon tempo e recreo no parque
16- Yasmín nos mostra a súa parella de bebés negros.
17- lectura do día 18
18- as 3 páxinas que fixemos para o conto viaxeiro dp CRA
19- recreo do día 19
2- colchas de trapos
21- facendo cabelo de anxo
22- argalladas no recreo
23- medraron os vermes de seda
24- cosendo as de 3 anos
25- o día do libro na clase de inglés
26- fabricación de biodiesel na Carreira
27- recreo do dia 24: brilé, etc... 
28- recreo do día 25: brilé, tiros de futbol, etc
29- cumpre de Alba, o día 26
30- o día 29 preparamos o programa de radio da tarde
31- plantamos 3 carballos 
...........
1- O día 2 buscamos os ovos de Pascua polo xardín
 Apareceu un paquete que trouxo a campá que foi a Roma,
con ovos naturais pintados, e dentro traian biscoito!!!
Como se fixeron?
Con maxia!!!!!
Pero houbo que descascalos para comelos...
 e unha cesta de ovos cocidos que deixou o coello de Pascua
Ademais tíñamos o noso tradicional roscón de Pascua!!!!
Puxémonos coma quicos!!!

1a- En inglés aproveitamos a facer para a revista do CRA a cesta dos Ovos de Pascua
2-  Despois xogamos a atender ós avós e bisavós e despedímonos deles...
Xa se van!!!!
Eles contaron que antes os padriños agasallaban
ós afillados o bolo de Pascua!!!
3- Fomos intentar salvar a moreira, estaba tirada e separada pero como lle quedaba algunha raiz e tiña algunha folliña pois...
probamos a salvala, anque será dificil.
Puxemos cordas para agarrala en 3 partes para 
 que se hai vento non a tire...

4- O día 3 veu Sandra e a nosa profe amiga, Alicia López Pardo a pasar a mañá con nós. Ela foi quen nos prestou ós avós e bisavós
e grazas a ela tivemos unhas experiencias moi bonitas coidándoos!!!
Ela hai pouco que víu de Estados Unidos e tróuxonos 4 sacapenas guatemaltecos que nos turnamos en ir levando para casa.
Graciñas por todo Alicia!!!!!
Prestounos outro libro e outras cousas que lle deixou a Sabela para que
vaiamos utilizándoas na escola outra tempada.
Ese día empezamos a coidar os vermiños da seda
que xa empezaron a nacer...
Os 3 Sacapenas que estan derriba da bolsa maís outro  que levou un neno ou nena, tróxonolos Alicia e o que está solto é o que ven no conto
Sacapenas que temos no cole.

Antes de levar ós avós e bisavós aínda nos contaron.... por exemplo:
"Ten barbas e non é home
ten dentes e non come7
Que é?"
non sabíamos, non sabíamos e reseltou ser
- A espiga de maínzo
e despedímonos con pena, dos avós e bisavós...




5- O día 4 leu Alba outro conto dos Charamuscas  e mentras len os demais ven a ilustración...
5a-  O contacontos do día 5: a mosca...

6- Fixemos as caixas-soporte para levar os ovos entre o día 4 e 5 pero 
tamén se pintaron moitos máis ovos e aínda non rematamos.
Algúns os levaron sen terlles feito a foto, por certo...
e Yasmín rematou un anteface.
e máis ovos...
7- O día 8 volveron de Santiago a poñer o SAI que xa tíñamos posto!
como xa viñera, quixo aproveitar a liberar algo nun ordenador e cambiar a wifi de sitio...
8- Xa temos vermes grandiños e moitos nenas levaron a casa...

9- O mércores día 10 aproveitando un momento que non chovía fomos fotografar a lagoa, desde cerca da escola, para a corresponencia escolar.
10- Logo prantamos cebolas en testos e levamos 3 cada un, un sobre,
 para plantar na casa. As que plantáramos no horto xa naceron!
11- Toda a semá seguimos coa lectura de contos
12- As pequeniñas están cosendo o vestido ás bonecas de mazarocas
fotos do día 11
13- Pasaron o día 11 a recoller tapóns e mandamos os poucos que tíñamos... porque hai pouco que enviamos un saco grande!

14- o día 15 fixemos leite frito os de 5 anos


 e xelatina de laranxa os de 3 e 4 anos

15- Desde o día 15 poidemos sair ó noso parque , por fin millorou o tempo!!! Fotos do día 16

 16- O día 17 Yasmín tróuxonos a ensinar, polo tema de África a súa
preciosa parella de bonecos bebés negros, xa trouxera á nena
pero esta vez vimos ós dous.
17- Lectura do día 18
18- O día 18 rematamos 3 páxinas que fixemos para o conto viaxeiro. Os de  Taraza comenzárono, seguiron os de Vilarrube e logo os de Vilaboa nolo pasaron a nós e nós mandámolo ós da Carreira.



19- No recreo do día 19 cordas, zancos...
20- luns día 22, Mónica tróuxonos a ensinar colchas de trapos
de distintos tecidos...
 21- ese luns fixemos cabelo de anxo dunha cidra que gardábamos desde hai 3 cursos para que dea bon cabelo de anxo.
Primeiro houbo que golpeala contra o chan porque é moi dura...
despois xa lle fomos separando a cabaza das pebidas...
Pero aínda houbo que desfialo todo...
e quitrlle o líquido
pesar, facer cálculos  e poñerlle o zucre
logo cociñalo
22- argalladas no recreo
23- vermes de seda
 24- cosendo as de 3 anos

25- día 23, día do libro primeiro lectura de contos: o sacapenas (e os bonecos guatemaltecos, contos africanos, ver outro tipo de libros, aniversario  da morte de Cervantes e Shakespeares
a tradición catalana do libro e a rosa´a lenda de SanXurso 
fotos  en inglés e fixeron marca páxinas
 26- o día 23 fomos á Carreira a ver con eles como se fai o biodiesel 
con aceite usado, metanol e sosa.
Logo, mentres os adultos falaban sobre o biodiesel, 
nós xogamos todos xuntos, foi unha oportunidade!!!.

Feira dos cabalos en Moeche

 27- o día 24 no recreo fixemos brilé e pasaperico-pasamonteiro.











28- Recreo do día 25: motos, patinete, corda, brilé, tiros de pelota...

 29- O día 26 foi o cumpre de Alba



O Caderno de debuxos para Alba





30- día 29 preparamos todo para o programa de radio da tarde
(onde limos contos de tradición oral de Galicia e África, etc)
e vimos vídeos sobre os campamentos de refuxiados saharauis porque o invitado, Ramón Bacorelle, nos ía contar sobre un neno saharaui que pasou varios veráns vindo de vacacións á súa casa.

31- día 30 plantamos 3 carballos no xardín da piscina municipal.
Vicente, do concello, foi moi amable e nos fixo os furados.
Graciñas Vicente!!!!
Chamou por teléfono porque nos deixara a porta aberta para que poidéramos pasar e tivemos que ir rápido porque xa a mañá ía adiantada, o mércores non había clase e os carballos estaban sen terra e cada día sería máis dificil que prenderan...
E aló fomos!!!!
Os de primaria planr¡taron o primeiro
 Os de 5 anos plantaron o segundo (no sitio de Gabriel, que non estaba, púxose Alba) e por suposto a todos lle
cantamos a cantiga da árbore:
"Cantemos á árbore que imos plantar,
se a vida a protexe das persoas e do vento
saúde e riqueza dará (bis)   etc, etc"
E o terceiro carballo o plantaron as de 3 anos con Miguel de 4 anos.
Cando xa estábamos acabando empezou a chispear un momentiño nada máis. Menos mal que non foi nada!!!
Pero o día estaba desapacible, a ver se por fin se instala a primavera!!!
Sorte para os 3 carballos!!!! que medren e teñan longa vida!