viernes, 15 de enero de 2016

ESCOLA DE LAGO- XANEIRO 2016

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

00- Neste mes naceron Miguel, irmá de Alba e Vera, irmán de Lía.
Noraboa a elas e ás súas familias!!!!
0-
-------------------------
Nesta entrada temos:
00- Neste mes naceron Miguel, irmá de Alba e Vera, irmán de Lía.
Noraboa á elas e ás súas familias!!!!
0-
1- o roscón de Reis
2- empezando xa a preparar o antroido do 7 ó 15.
3- tapóns solidarios
4- actividades da 3ª semá
relacionadas cos legumes e o antroido.
debuxos entre nenos-as
5- actividades na 3ª semá
seguindo co antroido
A semá da Paz
xogos no recreo
entrevista sobre os labregos. ós avós maternos de Mateo
cálculo vivo
as gravacións durante o mes

......................................................................
1- Rematando o traballo sobre os mitos e costumes do Nadal tamén tivemos o roscón de Reis
2- empezamos a peparar a comparsa de antroido: os Sacos de Legumes e os labregos que os cultivan, consumen e venden.
Do día 7 ó 15 iniciamos os sacos e as cousas que vai levar
como as plantas dos legumes naturais que sementáramos e que estamos plastificando para traballar sobre elas.
Claro que a fin de semá do 9 e 10 o vento nos destrozou moitos deses pés
e estamos a ver como logramos que nos saían a tempo máis.

3- o avó de Mateo trouxo moitos tapóns para a recolleita solidaria.
4-  Esta semá voltamos a sementar legumes,
 esta vez na mesa de cultivo.
Nesta semá fomos adiantando sobre o traballo do antroido
 todo está a medias pero xa hai cousas
moi adiantadas, como os preciosos logotipos de legumes (a xeito de mandala, diseñados por cada un, os de primaria con compás e regra e os pequenos utilizando obxetos como plantilla)
que xa  van moi encamiñados, eiquí vemos exemplos de algo de todo!
con fichas das letras do seu nome compuxeron anagramas que foon copiando e logo escolleron un para o nome do seu produtor (eles son sacos de legumes e os familiares son os labregos produtores)

Naceu Miguel, o irmá de Alba, Miguel, e Jimena fíxolle na casa este debuxo.
A miúdo fan debuxos na casa, voluntariamente, para algunha compañeira-o, coma este que lle fixo Jimena a Alba polo nacemento do seu irmá polo que aproveitamos a poñelo para que quede constancia dese traxín de debuxos
 que se traen entre eles, cando lles peta. 

Por certo, tamén se entregan a miúdo billetiños: 
Montxo-dólares, 
Mateo-dólares ... ou de quen seña... etc, argalladas entre eles e elas cos que disfrutan 
 en dar e recibir.





5- Na semá do 25 a 29
sigueuse cos detalles para a comparsa,
xa hai cousas rematadas ou case...
e logo as cantigas, os ensaios...
Estamos facendo tamén maracas con legumes... cada quen do seu legume.
e traballouse sobre a Paz
algúns traballos da paz foron plásticos pero a maioría non...  Mariluz (ex-profe de Inglés mandounos un correo dando as grazas pola felicitación de Nadal que lle enviamos -por certo, que é dos poucos a quen se lle manda, que o fai. Mándanse mogollón cada ano, e apenas ninguén di nada, ni mu... nin directamente nin por correo-e!!!) e desexounos un feliz día escolar da Paz  mandándonos un vídeo que vimos rapidamente. Graciñas Mariluz, encantounos!!!!
Taballamos sobre os símbolos da paz e a lenda de Noé, sobre as desigualdades, as guerras, fixemos xogos solidarios, etc
Na semá do antroido remataron algo pero non rematamos o tema, despois do antroido completaremos...
e os últimos

Tivemos tanto traxín que apenas fixemos fotos!!!
Dos xogos hai algúnha  dos repetidos na extrescolar.
Eles chaman para que se lles mire tamén  no recreo o que argallan e lles parece importante mostrar... e siguen xogando ó peón, no areeiro, etc, tamén as de 3 anos sementaron chícharos que nos trouxeron.
O venres fixemos unha entrevista ós avós de Mateo pero tan centrados nas preguntas e respostas que... non fixemos fotos!!
a ver se lle facemos unha con nós, outro día para poñela eiquí...
Cada un dos de primaria e de 5 anos preparou preguntas, das que coincidian elexian unha dun deles marcandoa cunha x, logo se clasificaron por aspectos a tratar e numeraronse estas son exemplo das elexidas a Marta e que logo leeu na entrevista.
Logo plantexaron outras preguntas espontáneas tanto os de infantil coma de primaria.
Esta foto fíxose outro día pois durante a entrevista
 non se fixo ningunha

Cálculo vivo relacionado coa entrevista:
Cando fixemos a entrevista Lita tiña 73 anos  pero cando fixemos os cálculos era febreiro e xa cumplira os 74 anos.
E Tete ten 80 pero fai os 81 en xullo e non o soupemos ata despois de facer o cálculo e polo que saía 1936. 

Levamos  todo o mes facendo gravacións
Rematamos o conto de "A Pota que trota" que empezáramos o curso pasado, denantes de accidentarse Sabela, e o mandamos para o Día Mundial da Radio a Ponte Nas Ondas, radio da universidade de Vigo.
Estamos a medias con outras gravacións, as cantigas do antroido e un traballo para o Día Mundial da Radio para a radio Campus Culturae. da universidade de Santiago.