miércoles, 3 de octubre de 2012

ESCOLA DE LAGO- OUTUBRO 2012

Este curso estamos: de 3 a 7 anos
A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/

Nesta entrada atópase:
1- obradoiro de cociña do día 1
1a- xogando a restaurantes no parque.
2- visita ás exposicións de xoguetes populares de Galicia e África no colexio de A Capela.
3- cumpre de Marta
4- amaños de mobles
5- obradoiro de cociña do día 8
6- celebración do cumpre de Candela
7- recollimos na horta...
8- cadros das pequeniñas
9- traballos coas castañas
19- na clase de música.
11- cumpre de Gabriel
12- obradoiro de cociña do día 15: a ciencia en galego na cociña...
13- a vendima e o mosto
14- a ciencia e a técnica en galego: as bicis en honor
de Leonardo da Vinci, o día 16
15- mosto con licuadora e esmagado de uvas cos pés, día 17
16- amaños mobiliario do día 17
17- as plumas de pavo real
18- a folga das nais o día 18
19- amaños de Vicente e outros do concello, do día 18
20-  lembranzas de Alfonso, do concello
21- proxecto lector, día 19
22- viñeron preparar a línea nova de Internet
23- celebración do cumpre de Antía D. B. - debuxos
24- zume de mazá do día 19
25- as eleccións galegas e a clase
26- as árbores e cogumelos parque
27- fixemos iogurte de froitas
28- ir a por cogumelos a un monte de Meirás día 22
29- celebración do cumpre de Yasmín o día 24
30- fermentación e sedimentación
31- apoios e proxecto lector
32- cociña o día 29
33- as series
34- Chegou o 1ºcorreo da escola de Carantoña, Vimianzo
35- as caveiras do Samaín
36- os colares de zonchos de Tódolos Santos
37- varias cousas
....
1- O luns día 1 comenzamos co obradoiro de cociña con Patricia.
os maiores fixemos macedonia de froitas para tomar ese día.
Os pequeniños prepararon un queique de mazá para tomar o martes.

Como sobrou macedonia os de 5 anos preparamos para o martes iogurte con froitas. Todo estivo riquísimo!!!!

1a- Xogando aos restaurantes no parque!

2- O día 4 saímos antes da escola e fomos ó colexio de A Capela a ver 2 exposicións de xoguetes populares. Este colexio leva moitísimos anos traballando especialmente sobre os xogos populares e é un referente para os centros galegos. Nestre intre ademais contan cunha exposición especialísima sobre xoguetes feitos con material de refugallo por nenos e pais en África.  O profe Xabi mostrounos todo con moito agarimo.



No piso de enriba está a exposición dos xoguetes populares africanos.
Nós imos traballar sobre África e interesanos moito.
Nós flipamos ó ver xoguetes tan bonitos feitos de material de refugallo: de latas, cartóns, madeira.


As bonecas son preciosas, Xabi e Sabela din que para eles son moito máis bonitas que as Barbis que tanto nos gustan a nós.


 Ó final xa foi o máximo xoguetes que se movían se pilas...
Ó final volvimos ós xoguetes populares galegos e vimos o campo  de xogos dos nenos-as dese estupendísimo colexio. Non poidemos xogar con eles-as porque avisamos moi tarde e queríamos ese día para que acompañaran os pais-nais e os viran tamén.
Nós mandaremos para esa exposición algún xoguete que fagamos e volveremos cando teñamos ocasión para que os nenos e nenas dese cole nos ensinen a xogar a tantos xogos dos que son expertos...
Pola tarde fomos ó museo etnográfico, iso está contado en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/
por ser fora do horario lectivo.

3- O día 5 foi o cumpreanos de Marta, fixo 3 anos.
Ela nunca vira unha celebración do cumpre na nosa escola, que ten moitas partes, desde cartarlle "las mañanitas" ata rematar co cumpre na pizarra dixital...  pero coa nai ó lado foi participando en todo.

Susana tróuxonos 2 tipos de queiques para celebralo. Un era de laranxa e outro dos normais. Estaban moi ricos pero trouxo demasiado e sobrou para que Marta invitara na súa casa.

Caderno de debuxos que lle agasallamos a Marta
Das maiores
Dos seguintes por idade...
Dos 3 que van cumprir 5 anos este mesmo mes:
Dos máis pequenos...


4- O sábado, día 6 foi Vicente a seguir un pouco co dos amaños da escola, xa volvera unha tarde Enrique (non temos fotos) e aínda hai cousas pendentes...


5- O día 8 houbo obradoiros de cociña. O 1º grupo axudoulle a Candela a facer a tarta para a celebración do seu cumpre.



 Despois os maiores cortaron froita e todos prepararon con ela a súa riquísima brocheta de froitas.

6- O día 8 celebramos na escola o cumpre de Candela









Pola tarde fixemos o 17º programa de Dálle que dálle nas ondas
está contado na entrada de Outubro-2012 en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/

7- O recollido na horta o día 9

8- Elena rematou o 1º cadro a mamá.
7- O día 9 remataron máis cadros as pequeniñas...
9- O día 10 clasificamos por tamaños as castañas recollidas no parque desde setembro e algúns aproveitaron para facer decenas e centenas. A maioría foron levadas para un conxelador para a fin de mes facer con elas os colares de zonchos.
Pesamos coa romana as distintas bolsas...
10-  O día 9, na clase de música, con María.
 11- O día 11 de outubro Gabriel cumpreu 5 anos.
Cantámoslle as mañanitas, as candeas e demais cousas dos cumpres...

A tarta de mazá que fixo Ana...

O caderno para Gabriel





! Pola tarde fixemos barro e está contado  en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/

12- O obradoiro de cociña do día 15: iogurtes de leite de ovella tomarémolos mañá. A ciencia en galego: tranformacións de líquido a sólido.

 13- Despois de preparar os iogurtes fomos facela vendima á parra de Chelo, a avoa de Mateo. Acompañounos Patricia e pasamos por diante da eirexa de Lago, que é un monumento importante, e polo cruceiro de Castido (onde antes celebraban o antroido) ata chegar a casa de Chelo, que está en obras no tellado. Nós fómonos diretamente á parra.
Sabela Graña del Solar
Na parra collimos moitas uvas. Os acios eran preciosos, collimos moitos.


e probamos bagos, que ricos estaban!!!
Collimos dúas tinas cheas e unha bolsa.
Sara Arias López
Logo fomos vela horta de Chelo que ten moitas cabazas grandes,  rabizas, pementos  tomates,  fresas, espárragos...
Antes de entrar na casa comimos figos na figueira que estaba baixa e mentras,  Patricia nos ía lavando as botas de goma coa mangueira.
 Alba Rodríguez Prieto



14- O día 16 celebramos o día da ciencia e a técnica en galego:
 as bicis en honor de Leonardo da Vinci,
como outros centros de Galicia.
Despois de examinar como son as bicis e os triciclos
a última hora fixemos exhibición do uso de todas elas,
coa presencia das familias.
Fomos por grupos ou todos xuntos,
a pesares de tempo, e gracias a que non remataron de quitar a carpa,
fixemos as actividades de bici. 
Tivemos 2 modelos especiais, de diseño esmerado, de triciclos feitos por Julio, o avó paterno de Gabriel
 15- O día 17 fixemos mosto coa licuadora
separando os bagos

pero tamén pisamos as uvas como se facía antes...
O mosto da licuadora bebímolo e o do pisado das uvas gardámolo para un experimento.
16- Mentras fomos a Educación Física veu Enrique, o pai de Sara, a amañar unha estantería vella.
17- Despois de ver as plumas de pavo real do blogue da escola de Vilarrube recordounos os pavos que vemos todos os anos no parque de Ferrol, cando imos a casa de Sabela, e Alba tróuxonos tamén unhas que ten na casa e con elas fixemos esta elegante ave fantástica.

 18- o día 18 as nais e pais uníronse á folga das ANPAS non mandando os nenos e nenas á escola, en protesta polos recortes en Educación e en defensa do Ensino Público e do Ensino no Rural. Só veu unha nena no bus pois a familia non se enterou, por problemas na comunicación.

19- amaños do concello
O día 18 viñeron do concello a cortar as tuias, a amañar no cuarto de baño e as pechaduras de 2 almarios.
Graciñas a Vicente por facelo tan amablemente rápido!!!
20- Isto lembrounos algo do que a titora se enterara só hai 2 días:
a morte repentina de Alfonso, en setembro,
el que tantos amaños nos ten feito, sempre cun sorriso!!
No 2008-09 consigueunos unha moreira e con esta foto o lembraremos
Graciñas por todo Alfonso!!!!!
Cando plantamos a moreira Sara e Alba só tiñan 3 anos.

21- o Proxecto Lector con Cris: un conto de África o día 19
  
22- ese día tamén viñeron preparar os de telefónica a línea nova de Internet , pero non temos fotos!!!
O día 25 viñeron os de R pero non poideron rematar.
 Algo de telefónica non estaba axustado 
e teñen que volver os de telefónica e de novo os de R...
Menos mal que temos a conexión da AVV para poder traballar...!!!

23- a celebración na escola do cumpre de Antía Dosil Bogo, o día 19.









24- o día 19 tamén fixemos zume de mazá

 25- O luns seguinte ás eleccións galegas houbo que poñer todo en orde. O venres tocara recoller especialmente e arrinconar cousas para que poideran preparar a aula e montar a mesa electoral porque a nosa clase é un centro de votacións. Cada curso temos ese problema. 
É unha cruz de cada vez!!!
Despois que recollen todo o das eleccións,  tócanos a nós poñer o apilado e arrinconado no seu sitio e menos mal por nolo facer a primeira hora! senón non poderíamos nin ter escola.
  
26- O luns 22 fomos ver como estaba a moreira... Decidimos poñela dereita de novo, buscamos paus e chantámosllos ó redor...
A ver o que aguanta!!!!
 Despois ese día, e o logo outros, subimos ás árbores para abrazalas e darnos mutuamente enerxía.

27- Fixemos iogurte de froitas o xoves pola mañá e como non tíñamos moito tempo nin puxemos os mandís e gorros.
Como puxemos por enriba algúns cachos de mazá
 fermentaron un pouco e non nos gustou o sabor nin como cheiraban.

28- o martes 23 fomos a por cogumelos.
 Levounos meu pai a un monte de Meirás,
o mesmo do ano pasado, e tamén foron pais e nais e
 Patricia descubreu os 6 níscalos que recollimos.
Sara Arias López
Para reoller cogumelos lévanse cestiñas, así ao ir andando as esporas van caendo polo monte ou campo, e daran lugar a novas setas.
Cando se atopa unha seta comestible non hai que arrincala...
córtase cunha navalla ou coitelo, deixando a raíz para que volva a saír.
É importante ter en conta as normas de protección da natureza!
Non hai que arrasar, nin acabar coa diversidade de vida que temos!


Aproveitamos a recoller tamén pinas para facer coroas de advento e centros de Nadal.


Sabela Braña contouno así...


29- O mércores 24 celebrámoslle o cumpre a Yasmín
Cantámoslle  as  mañanitas e despois  "cumpreanos  feliz", 
"parabéns  para ti", "Happy birthday" ,  etc
as bromas  coas  orellas , as  velas, etc 
Alba Rodríguez Prieto  








30- fermentación e sedimentación coas uvas que se pisaron  cos pés , para facer mosto como era tradicional, seguimos o experimento para ver como fermenta, e ó paso, ver como sedimenta no fondo da xerra.

O xoves pola tarde fixemos barro e a merendola dos cogumelos
está contado en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/
31- apoios e Proxecto Lector
Apoios de Mariluz en traballos das TICs
e calibrando a pizarra dixital para ver un conto interactivo, con Cris.

 32- cociña día 29
O dia 29 fixemos tartaletas de albaricoque e mazá, con Patricia e sairon moi ricas, moi ricas. Fixémolas con hoxaldre.
Xeila Díaz Santos

Os de 5 anos fixeron iogurte natural para tomar mañá con plátano.


As tartaletas as tomamos ó rematar de facelas!!! Umh!!!!

33- traballando as series cun material de refugallo...


34- recibimos resposta por correo-e da escola de Carantoña, Vimianzo.
Estamos moi contentos!!!!
Son os nosos amigos galegos, de infantil!!!!!!

35- As caveiras do Samaín. Veu Patri a  apoiarnos


Asustando ós que pasan nos coches...

36- Os colares de zonchos para o día de Tódolos Santos.
Tamén veu Patricia a apoiarnos

37- Varias cousas para finalizar a entrada deste mes
a- a planta medicinal: gordolobo, ou seoane, saíunos na horta
e Antía Dosil Bogo trouxo este cabaliño do demo a ensinar á escola.
Ela vive ó lado do río Vilar e ve moitos.
Póidoo coller porque ten as azas rotas
 b- tíñamos este cartel na entrada da aula, posto desde hai meses, e apareceu así  de tapado, o luns despois das eleccións
 que tiveron lugar na aula.
c- este mes veunos un material novo, ábacos e reloxios para cada un, entre outro material para traballar as ´matemáticas.
Vennos moi ben!!!
Tamén traballamos coa calculadora pois este ano a quincena da Ciencia e Técnica en galego dedicouse ó galego Ramón Verea, inventor que engadiu á calculadora a posibilidade de multiplicar e dividir. O modelo que inventou está no museo da IBM de Nova Iorque.
Fixemos outros traballos ademais do das bicis e a calculadora e continuaremos facéndoos durante o curso.
 d- hacia fin de mes escribimos e mandamos a foto de grupo ós nenos e nenas da escola de Cabanas, de Vimianzo e contestáronnos rápido!
Imos manter con eles Correspondencia Escolar pois está alí de mestra Jéssica, unha rapaza que foi alumna de Sabela Díaz Regueiro, en Pantín, e que de pequena fixo tamén correspondencia escolar cos nenos e nenas da escola unitaria de San Xoán de Piñeiro, Mugardos. Ambas escolas están hoxe tristemente pechadas pero esa magnífica experiencia uneunas durante 15 cursos gracias ó interese e entrega das moitas mestras que foron pasando por San Xoán (Feli Fresco, Cris Acevedo, Nilda Fafián, Mariluz Castro e  Pili Rguez Souto,  e o dos nenos-as e familias de San Xoan de Piñeiro e Pantín que acolleron a experiencia con todo o calor.
A nosa experiencia este curso será pois, herdeira daquela outra que viviron as 2 titoras de hoxe, desde ángulos diferentes ´naquel entón;
 de alumna e de mestra. 
Un saúdo, moi agradecido, desde eiquí para todos os implicados
e- fixemos un traballo sobre Shakira polo día para a erradicación da pobreza, a proposta dunha nai, e outro polo día das  bibliotecas sobre Malala, a nena paquistaní que está grave por recibir un tiro na cabeza por defender o seu dereito a ir á escola e a ter formación
 sen discriminación por ser nena

e Malala quere ter dereito a estudar...
foto de prensa

 f- máis cadros que fixeron este mes as nenas pequenas.

g-  O día 31 viñeron algunhas cousas da Consellería
Chegaron 2 mobles baixos (nós pediamos 3 altos) e un taboleiro de cortiza e uns colgadores, non todos...
Teñen que quedar parte dos vellos na entrada...
Vicente empezou a colocalos, uneu os 2 mobles para facer un e cambiou de sitio outro... para a semá rematará.
Entrada sen finalizar...