viernes, 3 de octubre de 2014

ESCOLA DE LAGO- OUTUBRO 2014

 
  A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

A vendima

O pesegueiro en Outubro
xa non garda ningún pesego.
Setembro déunolos todos
  a punto de caramelo!
S..D..R.
pesegueiro ou pexegueiro/pesego ou péxego
Feito imprimindo as mans e brazo dos de 5 anos,
follas retalladas, impresas, coloreadas e pegadas
 e pesegos retallados pintados e pegados
 


Nesta entrada temos:
00- todos-as na vendima
0- o pesegueiro
1- O día 2 foi o cumpre de Montxo
2- O día 10 celebrámoslle o cumpre a Marta
3- O día 13 foi o cumpre de Antía Dosil
4- o día 14 fomos  vendimar,
 de volta entramos nos patios da Casa Rectoral
 aproveitando que estaba aberto o portalón.
5- o día 15, 16 e 17 fixemos mosto de varios xeitos
e pintamos co bagazo das uvas.
6- o  día 17 sementamos e limpamos algo na horta
7- Desde principio de mes estamos practicando cos zancos que nos prestaron os da escola da Carreira.. Graciñas!!!
8- as actividades coas castañas as empezaron os de 3 anos.
9- O día 20 todos traballamos coas castañas.
10- os maiores fixemos cociña
11- xogamos de novo ó brilé.
12- o día 21 fixemos un conto musical de América, con Mateo
13- e foi o cumpre de Yasmín
14- Candela trouxo una serpe
15- viñeron os de R, figo chumbo, naceron as nabizas
16- xogos no parque cun colexio de Ferrol
17- día 27 fixemos as caveiras
problemas das cabazas pesadas, feitos cando houbo tempo
18- rematar caveiras e os colares de zonchos
19- froitos da zona á hora da parva
20- O día 29, magnífica visita ó colexio da Capela...

..............................................................................................................................................
1- O día 2 foi o cumpre de Montxo, fixo 6 anos!!!!







2- cumpre de Marta, celebrado o día 10






3- o día 13 o cumpre de Antía Dosil





4- O día 14 fomos facer a vendima a asa de Chelo e ó paso vimos a súa  horta,


 de volta entramos nos patios da Casa Rectoral
 aproveitando que estaba aberto o portalón
Mónica e Patricia axudáronnos na saída: fotos de Mónica


 

5- o día 15 fixemos mosto despois de lavalas uvas e de soltar os bagos dos acios para esmagalos coas mans. e beber o mosto: estaba boísimo|||

 Tamén deixamos acios para pisar as uvas e facer zume para facer un experimento e o día 16 fixemos mosto coa licuadora e o día 17 un batido coa que lle chaman licuadora de vaso, ou americana.

 O día 15 pintamos co bagazo ds uvas...
 

6- o día 17 sementamos nabizas na mesa de cultivo e nabicol e col en pequenos tarriños así como empezamos a limpar na horta...

7- desde principio de mes temos uns zancos que nos prestaron os da Carreira (GRACIÑAS!!!!)
e as maiores xa empezamos a manexarnos ben con eles, tamén aprendimos novos xogos de corda, chapa, bolas, de pelota, etc...
 
 8- as actividades coas castañas as comezaron os de 3 anos...
 
9- O día 20 pesamos 2 kg 3 cuartos de castañas coa romana, que diron para que os de 3 e 4 anos contaran ( en grupos de 10) ata 60 castañas despois de separar medio kg pesados coa pesa de cociña, e os de 5 anos contaron ata facer o nº 248 co resto das castañas, vendo as centenas, as decenas e as unidades...
 
Coas 60 castañas os maiores fixeron repartos e despois preparáronnas para asar pero tiveron que quitar 7 picadas
e logo repartironnas entre os 13.
Tamén fixeron as contas de todo iso na pizarra!
E tamén fixeron o reparto e as contas das 200 castañas
repartidas entre os 9 de infantil
O día 21 clasificación por tamaños e pesado das bolsas
 
Despois gardamos os datos e fóronse facendo os problemas ata rematalos en novembro
Cada nena de 2º fixo todos os problemas e mostramos un diferente de cada unha.
 
10- os maiores fixeron cociña con Patricia: espárragos con xamón
e castañas asadas...
11- No recreo volvimos xogar ó brilé. Fixemos 3 partidos.
 
12- o día 21 fixemos un conto musical con Mateo e os seu "banyo"

 
13- O día 21 foi o cumpre de Yasmín
 
A cámara da escola fai manchas nas fotos desde
 a exursión á Praia, en xuño 2014...


coa cámara de Mónica e sen manchas!
 


 
 
14- O día  22 Candela tróuxo á escola unha serpe de colar,
 ou cobra de auga, nunha botella, era xove.
Os exemplares adultos non mostran o colar.
Non é perigosa!
 Aproveitamos a ver as diferenzas cunha víbora: os ollos son negros, non teñen a raia vertical, o rabo é moi longo e a cabeza non é triangular.
 
 
 
 
15-O día 22 viñeron os de R a cambiar o ruter, traballamos sobre o corpo o humán e nos ordenamos según o tono da nosa pel, comimos un figo de chumbeira que nos trouxo Lola e seguimos comendo moitos zonchos dos recollidos no parque.
Xa naceron moitas nabizas!!!
 
16-  O día 24 viñeron ó noso parque 100 nenos e nenas de 4 e 5 anos do colexio de Ferrol
 "As Mercedarias" e saímos a xogar con eles nos xogos do parque
 
e despois xogamos xuntos a "Veñan vela granxa" e a "el conejito" Despois, ó se ir, dixémoslles adeus mentras comíamos no parque figos e noces da horta de Montxo, feixoas ou feixaos (feijaos, escreben no Brasil pero o j pronúnciano como o noso x) da horta da avoa de Antía D. (que nos rechiflan) e zonchos que nos prepara Sabela e que tamén nos rechiflan!
 
 17-O día 27 fixemos xa as caveiras porque o xoves e venres son días non lectivos (sen escola) e o mércores imos pasalo día á Capela. Primeiro ordenáronse as cabazas por tamaños, onde había dúbidas, calibramos sosténdoas nas mans e logo pesándoas. Foron colléndoas para tallalas, por orden de idade, deixando as mais grandes pois logo non poderían sostelas.
 Os problemas das pesadas non tivemos tempo de facelos ata xaneiro...

 falta  por subir os de 5 anos...
18-  Rematámolas o día 28 e como sempre, saímos a asustar os conductores
e logo fomos ó bar da AVV...
 19- Na parva do día 28 tomamos morangos da horta de escola, figos e noces da casa de Montxo,
feixaos da casa da avoa de Antía D. e cherris que tíñamos mercados...

19- O día 28 fixemos os colares de zonchos marcando as decenas formadas no colar.

20- O día 29 fomos á Capela, primeiro a vela pedra fita que está a carón da eirexa

e despois fomos ó colexio da Capela onde nos esperaba Xabier cos das aulas de 4 e 5 anos, de Infantil, quen nos mostraron as súas fantásticas caveiras e as do resto do colexio.
Tiñan o colexio ambientado polo Samaín e na aulas dos de 4 e 5 anos ían empezar a facer os colares de zonchos. Entregámoslle a Xabier o boneco de carozos de mazarocas de maínzo
que rematamos (era un que se empezara entre todos, hai anos, para a nosa escola)
para que quedara no seu museo de xoguetes populares, no colexio da Capela.
 Despois baixaron os de 3º para xogar con nós:Alba, Patricia, Manuel, Iván, etc e xogamos primeiro no pavillón, todos xuntos: á peste (quedas embelenadas), ós conxeladores...


Despois, fora, fixemos xogos simultaneando 3 de cada vez, polos que pasaron todos: á  chapa, ás gomas, ás zancos, á Pita cega, "Ai... a quen lle polo... ", ás chapas... etc.
Gracias a Mónica por pasarnos as súas fotos desde o primeiro momento!!




 


 No seu grnde polideportivo teñen todo preparado para poder facer todo tipo de xogos

O curso pasado fixeron carrilanas aproveitando grandes botellóns de refugallo
 e o pasamos en grande xogando con elas!!!!




Secundino acompañounos na visita da exposición dos xoguetes africanos e a de xoguetes populares feitos o curso pasado na Capela.


O noso boneco quedou preparado para ser colocado dentro dalgunha vitrina...

Este día no comedor tiñan comida ambientada no Samaín!!!

Pasamos una mañá magnífica, graciñas a que neste colexio traballan moito o xogo popular
e reciben a visitantes doutros centros para animar a que tamén o fagan.
Os que ensinan os xogos son os propios nenos e nenas do cole
quen  fan moi, moi ben de profes-monitores... Noraboa!!!!
Unha aperta moi grande a elas-es, á titora, ós de infantil e profes, e como non, a Xabier
a alma deste proxecto educativo cos xogos populares.
Como nós somos un grupo especial de nenos e nenas (con algúns moi pequenos polo que damos as graciñas por recibirnos, a pesar de todo) pois tamén axudamos os adultos, adultos, nais da escola de Lago, que tamén xogaron e disfrutaron moitísimo sendo para elas
unha opotunidade para poder vivir esta experiencia tan especial.
Visitar este colexio sempre é un pracer, unha aprendizaxe e una fonte de ideas e reflexións!!!
Son un exemplo de Escola Pública implicada e potenciadora do noso rico e fantástico medio rural.
Tamén tivemos o pracer de ser recibidos por Secundino, .director do centro ata que se retirou, quen foi o noso guía polas exposicións do colexio, así como na visita da tarde ó museo etnográfico que naceu despois dun gran traballo de recolleita e posta en valor de pezas tradicionais de traballos e oficios rurais e populares desde o centro escolar, pero iso contámolo no blogue das extraescolares pois esa visita foi fora do horario lectivo.
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2014/10/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago.HTML
Fotos de Carmen:


Fotos de Laura
Algúns fixeron debuxos e textos.

Con tempo, matizaremos e ampliaremos os comentarios!