domingo, 1 de diciembre de 2013

ESCOLA DE LAGO- DECEMBRO 2013

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.


 No intento de facer un forno para cocer cerámica!!

 
Nesta entrada temos:
1- inicio do novo tema do Proxecto Lector
2- os feixaos e caquis de Carmen
3- xogando coas follas de outono
4-recollendo follas para o composteiro
5- as plantas sen luz...
6- cociña do día 2
7- intento de facer un forno
8- a xeada do día 4
9- os ensaios
10- cristais de neve...
11- primeiros centros de Nadal
12- Educación física do día 10
13- Máis cristais de neve
14- o de botón para Patri
15- Primeiros centros de infantil e 1ª bolsa do Apalpador...
16- fabricar neve con talco e zucre...
17- máis cristais
18- tarxetas felicitación
19- máis centros de nadal
20- máis bolsas de Apalpador
21- no proxecto lector, con Cris
22- pezas de barro cocidas
23- apalpadores e trafegos do Nadal
24- o festival do CRA, o día 20
25- o gran festival da escola, o día 21
despois o Tió catalán e Olentzero vasco e festa
26- felicitacións dixitais individuais
27- felicitación conxunta

.......
1- Cada inicio de mes  o desenrolo dun tema, através dun novo conto, dentro do Proxecto Lector, leva a diferentes actividades que fan con Cris...
2- Ultimamente temos feixaos e caquis que nos manda a avoa de Antía Dosil porque os ten na súa horta, que sorte telos na horta!
e que sorte que nolos mande!


3-xogando coas follas do outono

 4- Recollendo follas para aproveitalas no composteiro

5- Que pasa cando se cubren as plantas e
 quedan sen luz e con pouco aire...?

6- fixemos puré de cabaza con poucas cousas para recoñecer ben o sabor da cabaza pero tivo pouco éxito... Anque todos tomaron un pouco.
 
 7- O día 3 e 4 fixemos 2 ensaios para crear un forno para cocer cerámica e parece que vai dar resultado...
Na semá seguinte, se o tempo o permite,
veremos definitivamente se vai ou non vai!

8- O día 4 fixo moita xeada, vémolo diante da pista.
No xardín da escola como o campo está protexido polo edificio,
só se ve nas pequenas zonas máis desprotexidas.

Pola tarde houbo extraescolar, como normalmente cada mércores:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/12/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago.html

9- O día 5 fixemos ensaios enriba.


10- O día 9 fixo moita xeada. O 9 e o 10 faltaron 6 nenos e nenas por estar moi enfermos
 e os que viñeron tamén andan tocados!!
Os de 1º e 2º aproveitamos o tema dos cristais de neve para aprender a facer exágonos con compás e regra e para diseñar cristais exagonais. Faise un círculo co compás e con esa medida do radio vanse marcando seis radios polo borde da circunferencia. Únense os puntos opostos pasando polo centro. Dábrase por esas líneas
para marcar o diseño que se faga e retallar.
Primeiros cristais diseñados cos exágonos, en positivo e negativo, outros feitos con dobrados e calados ...

 11- Os primeiros centros de Nadal

12- A Educación física do día 10, con 5!!!
13-  O Dia 11 seguimos facendo cristais
Adorno de Nadal na estrada de Meirás
e varios tipos de cristais exagonais e de plegado.
14-A Patri fixémoslle o de botóns...! Graciñas por todas as axudas!!!
15- Primeiros centros rematados de infantil
e primeira bolsa rematada do Apalpador.
 
16- O día 13 fabricamos neve artificial de varios xeitos
un deles foi con pó de talco e zucre para poñer as paisaxes nevadas.

17- Máis cristais
18- Aproveitamos o tema dos cristais de copos de neve para facer tarxetas con motivos parecidos.

 Algúns experimentaron ó seu xeito
 As tarxetas as meteu no buzón Mateo, anque houbo que subilo...

19- máis centros de nadal
 
 20- MNáis bolsas de Apalpador
 21- No proxecto lector, con Cris, pintaron
algunhas das páxinas do conto.
22- En varias fornadas case está cocido todo
agora hai que embetunar as pezas.
 Toda unha posibilidade!!!

23- Apalpadores e trafegos do Nadal
24- O día 20 foi o festival do CRA, en Valdoviño
todos quixeron probar os copos de neve sw Sabela...
pero a maioría das fotos non sairon ben!
 As actuacións de cada escola, 1º as 2 Carreiras de burriños, logo nós cos gorriños, logo Taraza de cans, micos e ratos, despois foi Vilaboa de abetos e Vilarrube de renos, ó final os profes...

Antes dos profes cantaron mogollón de pais e nais
pero aínda non temos as fotos...


Despois chegou Papá Noel despistado...
e a comida que levaron as familias.

Nós fumos ver a exposición do Alemán de Camelle (creo que non se fixeron fotos), antes de ir xogar con todos...
25- o día 21, sábado, fixemos o gran festival da escola.

Despois do burrito sabanero ven Marta con Arre borriquiño
pero non temos foto... a ver quen nola manda.









 Todos xuntos tamén cantamos algunha panxoliña!!!
Había todos estes familiares, e case outros tantos adultos enfrente, facendo fotos!!!
 OTió catalán trouxo os doces de Nadal para a festa despois de cantarlle 2 das súas cantigas, en catalán.

Do Olentzero vasco, despois de buscar cantándolle, atopamos que nos deixara unha estupenda mesa de cultivo,
 reciclada de palets, que lla pediran as familias...
Ó final da festa xa case non quedaba nada...!!! e iso que co que nos trouxeron o Tió e as familias, había moita, moita comida.

26- Felicitacións dixitais individuais
27- Felicitación de Nadal, conxunta

O luns 23 temos radio!!!