sábado, 3 de octubre de 2015

ESCOLA DE LAGO- OUTUBRO 2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O
00- Eiquí temos a escola

0-Vendimamos na casa da avoa Chelo
coas biseiras que nos agasallou
a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao


Nesta entrada temos:
00- a escola 
0- o día 15, despois de vendimar
1- día 1 celebramos o cumpreanos de Lucía e Mauro
2- día 2 celebramos o cumpreanos de Jimena
3- o día 5 celebramos o cumpre de Montxo
4- o día 8 celebramos o cumpre de Alba
5- pesando as castañas recollidas no parque en setembro
6- o día 9 celebramos o cumpre de Marta
7- o día 9 lendo para todos o "Coello Federico"
8- clasificación de parte das castañas recollidas en setembro.
Día 15
9- o día 15 fixemos a vendima en casa da avoa Chelo.
10- Lola contounos un conto especial
11- fixemos o 1º mosto esmagando coas mans.
12- productos que nos traen e dan.
 O día 16
13- mosto esmagando coas mans os que non o fixeron onte.
14- todos pisamos uvas
15- fixemos mosto coa licuadora
16-rematar de clasificar as castañas, pesalas,
traballo de numeración con elas
e problemas relacionados cos pesos das castañas.
17- concerto  "Saímos amodiño" para rematar o día 16.
Día 19
18-zume de mazá e uvas
19- trasformación do mosto
20- os faros  no mapa de Galicia
estudo gráfico e problemas
21- máis centenas, decenas e unidades cos castañas
22- trouxéronnos maínzo e máis cabazas.
23- día 20 traballando matemáticas coas mazarocas e cabazas.
24- día 21: numeración con billetes e castañas, lectura recollida de sementes de fiuncho, limpar a horta e xardín...
25- día 22: numeración, dobre aro, horta...
26- o día 23 contamos sobre os experimentos feitos coa luz,
contar con ábacos, seguir cos aros, co xardín...
27- o que destacamos do día 26: series e experimentos
28- o destacado do día 27: numeración e experimentos
29- o especial do día 28:  colares de zonchos e xogo do miniarco
30- amaños do concello o día 29
31- as caveiras do Samaín
32- os tapóns solidarios que entregamos.

------------------------------
1- O día 1 celebrámoslles o cumpre a Lucía e Mauro, que son xemelgos.
Tamén estivo Óscar  e axudou a facer algunhas das fotos cando tiña as mans ocupadas Sabela e cando el se foi, un dos nenos fixo as fotos de Sabela bicando os cumpreañeiros, como cando bicou a Mateo, onte.











2- O día 2 celebrámoslle o cumpre a Jimena





O caderno que se lle entregou:


3- O día 5 celebramos o cumpre de Montxo





 o caderno que lle entregamos


4- O día 8 celebrámoslle o cumpre a Alba




5- O día 9 pesamos as castañas que recollimos en setembro e que gardamos no frigo, despois de comer algunhas en setembro.
pesamos con pesa de cosiña e con romana e gardamos os datos 
para facer problemas.


6- o día 9 celebrámoslle o cumpre a Marta




7- o día 9 empezamos a volver a ler contos para os demais
esta vez entre 2.  "O coello Federico"

8- O día 13 empezamos a clasificar as castañs por tamaños

9- O dóa 15 fixemos a vendima, para ir paramos a comentar a fermosa  fachada da eirexa de Lago, e o cruceiro de Casquido
 Logo fixemos a vendima

 e vimos rapidamente a horta de Chelo.
Ela deunos noces xigantes da súa nogueira.
e cabazas para cociñar...
10- Ó chegar, mentras Sabela preparaba  para seguir
Lola contounos un conto dun mundo diferente... Renovador!!!

11- Despois, mentres os de relixión tiñan as súas actividades con Óscar, os demais preparamos o mosto para todos.
Hoxe fíxose esmagando as uvas coas mans,
Todos bebimos o mosto e comimos as noces que nos deu Chelo,
Graciñas, Chelo, un ano máis!!!

12-Algunhas familias fóronnos traendo figos, uvas, noces, mazás, etc, desde principio de curso e hoxe Chelo deunos 4 cabazas para cociñalas. Despois Lola foi a buscar cabaciñas, para o Samaín, que lle deron nunha casa de Pantín, Graciñas a quen llas deu!! e ensinounos unha especial que lle diron a ela 
e que vai preparar como base dunha lámpada.
-----------
13- o día 16 foi moi intenso de actividades especiais.
Os que onte non esmagaron as uvas fixeron hoxe todo o proceso:


14- Mentres foron pasando todos-as polo obradoiro do lagar:
 pisando uvas...!!!!
Ese mosto non o  bebimos, metímolo nunha xerra para ir vendo
como se vai transformando...
Tivéronse que descalzar, secar e calzar cada quen só-a...
É importante que se vistan e calcen sós!!!

15- E mentras tamén separaron os bagos dos acios de uvas para logo facer zume coa licuadora, cada un preparouse o seu!!!
E beberon bastante máis ca o día anterior.
 Tamén comeron das mazás que tróuxo Laura esa mañá!! E o pan!

16- Tamén foron rematando de clasificar as castañas que nos quedaban e pesamos cada grupo (moi grandes, grandes, medianas e pequeniñas) coa romana.
Apuntamos todo para facer problemas xunto cos datos 
que apuntamos cando pesamos o día 9.
Tamén foron formando decenas coas castañas e os de 1º chegaron a formar + de 3 centenas. Chegaron a 323

Tamén, entremedias, os de 4 anos foron xogando a contar co Miniarco , apoiados por Benxa.
Despois de pesar tamén por tamaños fomos facendo, pouco a pouco,
problemas enlazados...
------
17- E para rematar este día 16: fomos á Casa da Cultura 
Déronnos un recital, a pais e fillos, moi participativo
e ó final cantamos co cantante-contacontos, Luis Vallecillo, 
a cantiga que xa aprendéramos:
"Saímos amodiño"
E Ainara subeu ó esceario.

---------
Día 19
18- Como sobraron uvas da vendima fixemos zume de uvas e mazás
19- Comprobando a trasformación olorosa e de aspecto, do mosto que fixemos no obradoiro do lagar, co pisado de uvas do venres.

20- Despois da visita do faro da Frouxeira coas familias o 30-9-16
reflexado no blogue de Dálle que dálle na Escola de Lago,
e neste con traballos relacionados, no mes de setembro,
fixéronse distintos traballos na escola.
Por exemplo os de infantil fixeron un tramo de costa con faros, foto subida tamén en setembro para unilo co traballo co avó pero despois todos traballaron máis neste, anque non hai fotos.
 E os de Primaria colocaron os faros de Galicia no mapa, 
seguindo o rexistro
de faros que usamos para facer o traballo sobre os faros.
As fichas que fan de faros cambian de cor según 
a provincia na que están.

Este traballo e problemas iniciouno cada quen dos de Primaria neste intre pero quedou algo sen facer, pola urxencia doutras actividades, e rematáronse estas páxinas en xuño, onde aparecen tamén no blogue.


21- Seguimos aproveitando as castañas recollidas para formar centenas, decenas e unidades e os de infantil 
para contar e formar 1 decena.
Na parva de media mañá ademais do zume tomamos zonchos 
e o pan de sempre...
Logo fixemos o cumpre dixital de Jimena que subimos ´co resto do seu cumpre no apartado nº 2 deste mes.
22- Os pais de Jimena trouxéronnos máis cabazas e o maínzo 
para esfollar e debagar. 

23- día 20, ordenar por alturas as cabazas,
contar, formando decenas, as mazarocas de maínzo, 80.
Recoller as sementes do fiuncho: os anises.

24- O día 21 traballamos con moitas cousas...
e limpamos na horta e xardín


25- o día 22, entre outras cousas; numeración con fichas, 
no recreo xogar con dobre aro, 
continuar co traballo na horta...

26- O día 23 fixemos experimentos sobre a luz
 A flecha na cervexa víase en dirección contraria
pero non logramos facer nin 1 foto que o reflexe.
 pero tamén outras moitas cousas, entre elas...
os aros siguen dando motivación
 Seguimos traballando algo no xardín, aproveitando o bo tempo, e levamos para casa bulbos de
flores que se multiplicaron no noso xardín.
Hoxe plantamos algunhas varas de San Xosé, caléndulas...

27- O día 26 os de infantil aproveitaron as cabazas para facer series:
pequena-grande e verde-clara-laranxa...
e logo series con outras cousas
 Esperimentos con líquidos:
un vaso de auga boca abaixo, aguantado só por 1 cartoliña
proposto por Gael e meténdolle xeo, proposta de Antía.
Un boneco metido nun vaso baleiro que se mete nun recipiente de auga e o que está baixo o nivel de auga perde visibilidade salvo que no vaso metamos tamén auga.
Volvimos aprovar a ver a flecha nun vaso de cervexa.
Aínda que a foto non se logrou evidente,
a flecha vese en senso contrario ó movemento que se fai.

28- Día 27 numeración con fichas, experimentos da luz sobre a auga.
 Refixemos o  da vela que se apaga cando se acaba o oxíxeno dentro da botella e fixemos o experimento de facer subir a auga por unha botella invertida gracias ó quentamento do aure da botella encendendo unha vela dentro. Probamos logo a quentar o cuello da botella cun misto e tamén subía anque como o calor era menor subía menos.

29- Día 28 fixemos os colares de zonchos tradicionais que agasallaban os padriños ós seus afillados por Santos. Tradición que facía colaborar ós nenos-as no que crían era un xeito de axudar a subir os defuntos na súa volta ó más Alá despois de estar con nós esa noite. Ó facelos aproveitamos a formar decenas e os de infantil tamén a facer series de grande-pequena.
 e xogos con miniarco

30- Do concello viñeron a facer amaños: estábamos case sen area, cousas que se averiaron, etc... Graciñas!!!
 31- e fixemos as caveiras do Samaín, festa de inicio do ano Celta.

e saímos a asustar...




32- Tamén hoxe entregamos os tapóns que xuntamos para a recollida solidaria, e seguiremos recollendo...