viernes, 1 de noviembre de 2013

ESCOLA DE LAGO- NOVEMBRO 2013


A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Nesta entrada temos:
1- enlace con Igaciencia: concedéronos 4 premios.
2- graciñas a Luz polas caixas que nos leva dado desde o curso pasado.
2a- algún debuxo sobre o Samaín e o conto de Pelostortos
3- farois e as últimas caveiras.
4- o magosto do CRA no local da AVV de Meirás, o día 8
4a- mosaico de fotos que estaban subidas ó Dropbox do CRA
5- dia 11: experimentos con auga
e composteiro
6- vidrieira de infantil
7- recreo dia 11
8- cogumelos
9- cúpula de outono
10- farois de San Martiño
11- día 12 a esfolla, debagar e pesar o maínzo
composteiro
pan de maínzo
granada
móbiles na aula
12- o día 13
2º filtro
mandarinas
13-  o día 14 fixemos o experimento con auga con sal
 caldo de cabaza
14- peóns
15- o día 15 experimento do alfinete flotante!
16- contar os carozos das espigas debagadas, o día 18, os de infantil
e facer problemas con eses datos, os de primaria.
17- sombras chinescas no proxecto lector, con Cris
18- caquis e feixaos
19- xogando cos carozos
20- cando a auga ten xérmenes hai que fervela
21- a auga contaminada e as plantas
22- o cumpre de Mateo S. P.
23- na moto de Xan
24- iniciando traballos para o Nadal

........
1- enlace con Igaciencia: obtivemos premio
Algún fomos recoller os premios e está contado en
Feito co material que trouxemos do museo de Lugo
2- Graciñas a Luz María porque nos deu moitas caixas desde o curso pasado, o mesmo que lle agraecemos a Nardo todas as que nos ten dado desde moitos cursos antes.
Temos moitas máis polos outros mobles!
Graciñas pola súa amable xenerosidade,
na nosa escola sonnos moi útiles!!!
 
2a- Algúns debuxos sobre o Samaín e o conto de Pelostortos
e sobre o conto da Figueira de Pelostortos
 
 3- Para o San Martiño en Centro Europa fan farois, nós fixémolos tamén, e expuxemos algúns na festa do magosto do CRA.
Unimos co das cores que empezamos no móbil do arco da vella con motivo da Ciencia en Galego...
Nós a festa dos farois ímola facer o luns 11, na escola.
Desde eiquí mandamos saúdos a Estefanía!!!! Ela algún ano veunos ensinar algún modelo dos que fan en Alemania.
 Para o Magosto do CRA Antía G. e Mateo B. prepararon as súas caveiras xa que para o Samaín non as poideron facer....

4- O Magosto no CRA o venres, día 8.
 Levamos, para contribuir á decoración: só 2 móbiles con tema do Samaín, un centro de follas de outono sobre a cúpula xeodésica, 4 farois e 2 caveiras ó natural (máis 2 bruxas por inglés)
Empezamos co conto da Figueira de Pelostortos,
 en versión do profesorado do CRA,
despois de dar María Rodeiro a Benvida a todas e todos.
Polo medio apareceu despistada a bruxa de Brancaneves...
e despois a Carrapuchiña Vermella! Vaia dúas despistadas!!!!
ou foi a cabeza da narradora a que se liou?
Finalmente os nenos e nenas díronlle unha lección a Pelostortos
decíndolle de fantasmas:
"Cando estábamos vivos,
viñamos por figos
agora que estamos mortos
vimos por Pelostortos!!!"
Despois dividimos o espacio en 3 zonas de obradoiros de traballo.
o obradoiro do fondo subdivideuse en danza e maquillaxe con María José, Monica, Mercedes e Ana.
Como María Rodeiro xa non pode itinerar polo avanzado do embarazo,
mandaron unha sustituta de música, Ana,
e ela levou o obradoiro de danza...
 No obradoiro da entrada, con María Rodeiro, Soraya, Cris e apoio de Óscar (e a ratos de Mercedes) fixéronse as cestiñas para as castañas!!!
Algúns tamén encestaron no Comecastañas!
No medio do espacio estaba o obraoiro de sicomotricidade
 con Xan, Elisa e Sabela





O panadeiro que lles leva o pan Á Carreira asou as castañas
e Pelostortos quería comelas todas!!!!!

Comimos as castñas asadas, que estabn moi ricas, e foi o recreo
Xan xogou con nós, tamén!!!

Despois foi o último obradoiro para cada grupo de nenos (os de 3, os de 4 e 5, e os de primaria) Cando chegaron os familiares colocámonos nunha grandísima roda para bailar xuntos 2 cantigas.
Foi unha mañá estupenda,
estando xuntos todos os nenos e nenas do CRA!!!
Xan foi Pelostortos toda a mañá!!!
4a- mosaico de fotos feito tamén por Sabela pero con fotos que estaban subidas no Dropbox do CRA
 
5- O día 11 volvimos cos experimentos da Ciencia en Galego
 e de Voz Natura
Experimento 1: Limpando a auga por medio dunha tea.
Nun tarro que está máis alto hai auga con barro,
puxemos máis baixo un tarro baleiro
e unímolos por unha tea humedecida...
A auga foi pasando pola tea deixando o barro no camiño...
Experimento 2-  Limpando a auga coa evaporación e condensación,
como no ciclo da chuvia!!!
Puxemos o colorante nun tarro grande
e outro máis pequeno baleiro no centro.
Tapamos sen tensar moito, poñendo unha pedriña
a altura do centro do tarro pequeno.
Colocamos todo sobre a estufa.
A auga ía evaporando e condensando enriba,
 totalmente transparente. Foi caendo no tarro pequeno.
Cando abrimos, vimos que o tarro do centro
estaba manchado no fondo exterior
pero a auga de dentro estaba totalmente transparente!!!
Mirade o colorante como deixou o lavabo, despois da 1ª fregada!
Experimento 3: preparando o 1º filtro de auga.
Cotamos unha botella grande, polo fondo.
Puxémoslle na boca algodón.
Logo pedriñas e logo area.
Botámoslle auga escura de terra.
Filtrouna aclarándoa pero non estaba totalmente transparente.

 
Os de infantil tamén cortaron follas coas mans, para facilitar
a descomposición no composteiro.
 
6- Mentres os de primaria fixeron canda un seu farol-vidrieira, os de infantil fixeron unha vidrieira conxunta, ambos traballos con as 3 cores primarias cruzadas para dar secundarias.
7- Os recreos destes días tanto os fan dentro coma fora...  no do día 11:
 
8- Cando fomos recoller as follas para o centro de outono atopamos moitísimos  cogumelos por todo o parque ...
9- a cúpula de outono, aproveitando unha das cúpulas xeodésicas feitas!
 
10- A cantiga dos farois do día de San Martiño, cantada o día 11, claro!
 



11- O día 12: esfolla do maínzo que nos mandou Julia, a avoa de Xeila

Despois debagámolo con moito afán!!!

Como era moito recollimos en bolsas na primeira mitade, e seguimos...
 Cando recollimos todo pesámolo cunha romana, logo xuntámolo nun saco para devolvelo. E ó día seguinte os de 1º e 2º fixemos o problema, debagamos 17 kg e medio de maínzo!!!!
Toda a penica a botamos no composteiro (estaba moi manchada de humedade e non servía para manualidades), e a barbuxa gardámola para usar en traballos...

 Como comimos mandarinas Xeila e Yasmín argallaron...
  
 Xa están colgados no alto os 3 móbiles.
Fixemos un terceiro, de novo do Samaín, pero este só  ten 2 figuras.
Temos que facer o estudio estatístico de movementos e posicións repetitivas...
Logo seguramente os desfaremos e cada neno-a fara un pequeno coas figuras que fixo...
para levar para casa.
 
12- O día 13, ademais dos problemas, fixemos o 4º experimento: o 2º filtro (porque xa fóramos picando no carbón para engadirlle) pero refixemos o anterior filtro, de novo, sacando as pedriñas e poñendo entre capa e capa un círculo de tea da que utilizamos para limpar a auga no 1º experimento desta semá.


 Con este filtro a auga xa saíu totalmente clara!!! E a pregunta que nos facemos é: como é posible que o que máis mancha sexa o que mellor axude a filtrar?
Hoxe tivemos pan de maínzo tamén, e castañas cocidas que nos coceu Loli xusto para esa hora.
 
Loli ensinounos como soltar os graus da granada, sen tocalos... 
 
Pola tarde tivemos extraescolar e repartimos as camisetas de agasallo de Lugo.

13- O día 14  fixemos o 5º experimentos: con auga e sal.
Disolvela sal e comprobar o sabor, cubrilo como no caso da auga con tinte,
poñelo enriba da estufa para que se evapore e logo condense...
Ó final da mañá destapamos, e no tarriño do centro probamos a auga e non estaba salgada.
Comprobamos a do tarro grande e seguía salgada.
Volve a ser o ciclo da chuvia pero sobre a auga do mar...
Todo é abraiante!!!!!

14- nos recreos dos días  13 e 14 empezamos cos peóns de novo porque
"Polo San Martiño peóns ó camiño"
E xa vemos como Xeila e Mateo os logran bailar moitas veces. Noraboa ós dous!!!
Pronto as de 1º tamén o van conseguir!!!
O día 14 por fin comimos caldo de cabaza, varios recuncaron 3 veces!
Levan pedíndoo desde que se acabaron as cabazas o curso pasado,
menos Yasmín, que sigue intentando tomarlle o gusto, sen conseguilo.
Pero pronto o logrará, xunto cos novos!!!

15- o día 15 fixemos o 6 ºexperimento con auga, desta semá: con agullas e auga.
Se botamos un alfinete en auga limpa vaise ó fondo, pero se o botamos derriba dun cacho de servilleta de papel, o papel vai ó fondo e o alfinete aboia...

Fíxémolo cunha agulla das moi grosas, e en ambos casos foisenos ó fondo.
Mesmo probamos a poñer alfinete e agulla grosa a un tempo e a agulla e o papel foron ó fondo pero o alfinete aboiou igual. Logo probamos a poñer máis cantidade de papel,
 ata 2 servilletas dobradas, e a agulla grosa foise ó fondo...
Polo visto pasa igual nos ríos contaminados os animaliños que andan aboiando e movéndose na superficie, fican no fondo e morren...
Unha cousa máis pola que manter os ríos limpos!!!!
Comprobamos varias veces que o alfinete sempre quedaba na superficie se se poñía derriba do papel pero logo botamos na auga deterxente e co deterxente sempre ía ó fondo o alfinete.


16- O día 18: contar os carozos das espigas debagadas, os de infantil
e facer problemas con eses datos, os de primaria.
- Deixáramos todos os carozos nunha caixa para contalos.
Os de infantil foron collendo un carozo cada un e poñéndoos, un a un, mentras contaban,
 no chan formando decenas.
1 fila de 10, e outra e outra... ata 6 decenas e logo sobraron 9.
Logo cada un comprobou 1 decena para asegurarse de que estaban ben contados.
Contamos as decenas e os que quedaron soltos.Viñeron os de primaria e contáronlles de 10 en 10 e
souperon que eran 69 carozos.
Despois os de infantil recolleron todo por orde.
1 collía, en brazada, 1 decena e ía botando e contando de un en un, os 10, para metelos na caixa.
Ata que remataron.
subir problemas cos carozos

17- O día 18, no proxecto lector, con Cris, fixéronse sombras chinescas, Xa estaban preparadas, da semá anterior, as figuras para representar "A figueira de Pelostortos"
Despois, Cris guiounos para facer pombas, galos, coellos, etc coas mans.
Pasámolo moi ben!!!
18- O día 18 Carmen, ou Lela, a avoa de Antía D. mandou unha cestiña de caquis e feixaos.
Ó día seguinte mandou unha bolsa de feixaos porque a moitos lles rechiflan pero o asombroso foi que este ano os caquis xa empezaron a gustarlles a moitas das que o ano pasado decían:
 Lela non mandes caquis...!!

19- xogando cos carozos que debagamos, e con máis que tíñamos gardados doutros anos...

20- E como depuramos a auga contaminada de xérmenes? (tosimos nela, metimos as mans sen lavar, etc... cousas que non se deben facer pero era para ver o que hai que facer para beber auga se antes a contaminamos)
 Despois fervímola de 5 a 20 minutos.... e
aproveitamos a ver as burbullas ó ferver, o vapor que sae, e a condensación na tapa...


21- a auga contaminada e as plantas
Puxemos flores de "sempre noiva, ou flor das bruxas ou vincapervinca, e aínda ten máis nomes..."
en auga tintada e os pétalos foron collendo cor escura.
As que puxemos en auga sen tintar... non se colorearon...
Tamén fixemos a comparación cunha flor de planta crasa, que acumula moita auga no talo e follas e nesa aínda non vimos cambios nos pétalos.
Pero seguimos mantendo todo para seguir observando.

e á semá seguinte...

22- o cumpre de Mateo Santiago P.
Mateo cumpreu os 7 anos!!! espertámolo coas "mañanitas"
e seguimos cos demais rituais de cumpre... coma sempre!!!


 Mateo axudou á súa nai a preparar todo!!!  Ben, Mateo!
e acabámolo en 2 días...
 Caderno de debuxos que lle fixemos:





23- Na moto de Xan, Xan sube só a un ou unha de cada vez que trae a moto!
24- Xa hai que ir iniciando os ensaios do belén e os traballos para o Nadal...
Para facelos buscamos cousas que nos dean comodidade ó facelos...