sábado, 5 de octubre de 2013

ESCOLA DE LAGO-OUTUBRO 2013

Vicente, do Concello, acábanos de traer a tapa do areeiro amañada, e disimulou as grietas tapadas, con lunares...!
Agora está moi graciosa!!!  Graciñas Vicente!!!

O traballo nos blogues da escola, desde que se empezaron, da web, da radio, do ivoox... é coa titora, Sabela Díaz Regueiro.

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Nesta entrada temos:
1- O cumpre de Montxo
2- O cumpre de Marta
3- obradoiro de cociña do día 7
4- no parque
5- coas castañas
6- vendima
6a- algúns debuxos da vendima
7- día 11, a 2ª parte da vendima, pero na escola... :
pisado de uva, pintando cos pés, mosto na licuadora...
8- na clase de inglés o día 11
9- Contacontos día 14
10- figos chumbos
11- a froita que nos traen
12- Cumpre de Antía Dosil
13- o día 17 fomos en busca de cogumelos á Capelada.
14-cumpre de Yasmín
15- ximnasia o día 22
16- no parque
17- pintando coa pel das uvas
18- da viaxe de Candela
19- os dominós
20- a mascota de Yasmín
21- a clase de música coa sustituta de María, con Ana.
22 - as caveiras
23- os colares de zonchos e problemas de castañas
24- guiñol
25- xogos de mesa
26- móbiles no marco de Arte e Ciencia en galego
....
1- Montxo cumpreu 5 anos o día 2 pero llo celebramos o día 4 porque estivo varios días enfermo. Yasmín non estivo no seu cumpre porque logo ela tamén se puxo enferma e non veu ese día...
Empezamos con espertalo coas "Mañanitas", elixeu os que quería que lle sostiveran as velas, cantamos cumpreanos feliz e as orellas...
Esta vez temos moitas fotos coas bromas das orellas...
cantamos parabéns para ti, é un neno estupendo...
os bicos...
a tarta de mamá, o cumpre dixital e a entrega do caderno...
O caderno de debuxos:





2 - O cumpre de Marta celebróuselle o luns día 7


A parte dixital do cumpre houbo que facelo outro día
porque ese día non nos funcionou este programa.
E de momento resolveuse cun apaño,
as páxinas cun ordenador e a parte do soído con outro...



caderno de debuxos
 
 

3- O día 7 tamén houbo obradoiro de cociña: iogurte con froitas e avea, 
feito polos de infantil.

comeuse o día 8 e 9

4- o parque o día 8, estivo tamén Xan
5- traballando coas castañas
Cada ano aproveitamos as castañas para facer numeración.
En cada cartoliña verde hai 10 tiras vermellas con 10 castañas cada unha e así os de infantil contaron ata 116 castañas e puxeon  representación mumérica,
 e os maiores 143 e 265, dun xeito manipulativo e xogando.

o día 9 pola tarde fumos coas familias ó Prioriño e Monteventoso
podedes velo en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/
entrada de outubro-2013

6- O día 10 fixemos, un ano máis,
 a nosa Vendima na parra de Chelo
Saímos da escola a primeira hora e paramos un momento no principal monumento de Lago, a eirexa...
Cantamos moito todo o camiño: as cantigas da vendima...
Cando chegamos á cortiña de Chelo, avoa de Mateo Santiago, xa nos puxemos a vendimar...

Recollimos moitos acios de uvas...  e vimos a horta e cortiña de Chelo acompañados de Loli, nai de Montxo, e de Ramón, pai de Mateo B.
Logo fixemos mosto esmagando coas mans... despois de lavalas uvas (anque Chelo non lles bota sulfato ningún)
e de soltar os bagos bons para o mosto e tirar o que non servía...

coando...
e o tomamos cunha tarta que nos preparou Chelo
de pistachos e chocolate. Graciñas mil Chelo, es unha super avoa!!!!
Todo estaba riquísimo!!!!
 Á volta paramos noutro momumento de Lago: o cruceiro de Castido, alí era onde se facía a celebración do Antroido,
que o de Lago tiña moita sona...
Á volta tamén viñemos cantando e aproveitamos as beiras da estrada para facer as rodas do carro (os camiños de carro ás veces facían que o carro fora cunha roda aló embaixo e outra máis alta),
 por unha das cantigas.
Logo volvimos cambiar o calzado!!
 
6a- algúns debuxos en relaciçon coa vendima. 
 
7- O día 11, a 2ª parte da vendima, pero na escola...
Pisado de uvas
Aproveitando que estamos descalzos pintamos cos pés
 coas cores primarias... e foron saíndo as secundarias!
 Mosto na licuadora, despois de lavar os acios de uvas
 e soltar e separar os vagos bons do acio...

 preparando o mosto que deixamos para que fermente
e recollendo o bagazo para levar á composteira.
 
8- a clase de inglés o día 11
 
9- No Contacontos do día 14
 
10- O día 14 a avoa de Antía Dosil tróuxonos a ensinar as flores da súa chumbeira (cactus) e en Internet vemos os figos chumbos que son comestibles aínda que necesitan, para lograrse estar en lugres máis cálidos que en Lago...
As fotos do borde laranxa son as nosas, as outras son de Internet 
 11- As familias traen, ás veces, cousas que teñen na horta e que a miúdo non se atopan nos supermercados...
Este ano trouxéronnos varias vces figos, tomatiños cherris, maracuiá ou froita da pasión, uvas... etc. E aínda que a algúns non lles gustan, todos probamos e sempre sobra pouco...
 
 
Esta tarde, luns día 14, fomos á facer o primeiro
programa de radio deste curso
e o día 16 fixemos outra extraescolar na escola.
Mirade en
mes de outubro 2013
 
 12- Celebramos o cumpre de Antía Dosil, con Lela, a avoa Carmen.


Como non funcionou o programa ese día,
 fixémolo máis adiante., pero fíxoo!!!


 caderno de agasallo



 
13- o día 17 fomos en busca de cogumelos á Capelada.
Foi unha mañá deliciosa!!!!
Mateo Bacorelle non poido vir porque estaba enfermiño...
O que lle tería gustado!!!
Para coller orientaba Nuria, Finola e Patricia.
Elas tamén nos deixaron e levaron na furgoneta.
Tamén nos levaron Andrés e Loli nos seus coches.
Graciñas, graciñas e graciñas!!!
Vimos vacas pastando entre os montes e moitos piñeiros.
Primeiro paramos en Chímparra
Había que apartarse das cacas dos cabalos!
Por alí hai moitos cabalos ceibes... "salvaxes"!!!

e atopamos sobre todo níscalos...
cortamos e...ás cestas!!

Apareceu un níscalo diferente e Nuria explicounos que era dos máis ricos. Ten uns fungos brancos que unen as laminiñas.
E antes se tirara pensando que non valía!!!!
Sempre ten que haber alguén para guiarnos, vedes!!!!
Atopamos moitos níscalos pochos, con vermiños...

Atopamos tamén algún boleto e algunha cantarela pequeniña
 e outros que non collimos...
como a rúsula (Nuria explicounos que para distinguir entre os que se parecen, ás veces un método é cortando o talo)
ou a amanitas muscaria (a dos contos)
Tamén vimos outras curiosidades!!!
Atopamos unha lamacha comendo neles
e dous animais  que non sabemos que facían...
vimos pinas comidas polos esquíos... etc, etc.
 Vimos varios cabalos e a este dímoslle de comer... carozos de mazá!
Víchedes a mancha branca que ten entre os ollos?
Semella unha estrela!!!!

Tomamos a parva e fumos ver Santo André desde Chimparra

É unha paisaxe impresionante!!!!
Volvimos coller a furgoneta e os coches para volver pero
paramos máis adiante a buscar máis...
Xa pasara xente por alí a recoller e case non quedaban pero ademais a Sabela non lle gustaba moito o sitio
porque controlaba peor onde estaba cada neno-a
e fúmonos deseguida.
Antes vimos a procesionaria do piñeiro!!!
Non hai que tocarlle, podemos enfermar moito!
 e nunha bosta de vaca había estes cogumelos, e alí quedaron...
Saen por todos lados!!!!!
 
Ó chegar á escola limpamos todo coas indicacións
e supervisión de Patricia e a axuda de Loli.
Non hai que metelos en auga,
límpanse cun paniño seco
enriba dun xornal para logo sacudilo no monte
porque caen as esporas e así volven a nacer...
por iso tamén se levan cestos para recollelas setas.
Logo Patri salteounas e...
A comida dos cogumelos resultou moi rica!
Sonia Bogo levou arroz feito e comímolos co arroz!!!
Algunhas nenas tiveron que marchar antes de comer
pero a maioría tivemos a sorte de poder quedar.
 
Houbo quen pideu máis comidas de todos xuntos!!!!! 
 
14- Cumpre de Yasmín o día 21


 A parte dixital do cumpre houbo que facelo outro día
porque ese día seguíamos sen amaño para utilizar este programa.
 caderno de debuxos de agasallo




15- O día 22 tivemos que facer Educación Física na aula
e Sabela aproveitou para facernos algunha foto.

16- no parque
17- Coas uvoas de Chelo aínda hoxe pintamos. coa pel de uva que acabamos de comer cada un, para facer os debuxos tivemos que usar varias cada un, claro...

 18- Candela foi de viaxe Öó Ribeiro e tróuxonos uvas de godello e treixadura e pan de Cea

19- xogando ós dominós

20-A final da clase do día 22 vimos a preciosa mascota que lle agasallaron a Yasmín e desde eiquí recordamos que as mascotas non son xoguetes ou unha cousa agradable para un momento...
 son unha responsabilidade que adquirimos!
Os seres vivos teñen necesidades!!!!
 
21- Cando empezamos a facer fotos cos especialistas, María xa non podía vir darnos música, agora xa non vemos como vai medrando a súa nena dentro do seu ventre e dános mágoa de non vela!
Pero xa estivo Ana, "Ola Ana"!!, a súa sustituta, e as fotos foron con ela.
María, tes que vir unha tarde para verte, darche bicos, tocarche o ventre e facernos unha foto, polo menos, contigo!!!
Moitos bicos María!!!!!!!
Coidate moito para que a nena naza superpreciosa!!!! 
 
22- O día 29  xa preparamos as caveiras pero denantes puxemos en orde de tamaño as cabazas, claro que entre algunhas era dificil facelo porque unha era más baixa e máis ancha e outra máis estreita e máis alta... entón había que sopesalas...

Coma todos os anos saímos a asustar ós conductores, moitos nos pitaron ou nos dixeon adeus...
 Tamén separamos sementes para volver a plantalas
e para secalas e comelas.
 
23- O día 30 fixemos os colares de zonchos e aproveitamos para ir contando e marcando as decenas.
 Entre os maiores fixémoslle un a Xan!
 problemas de castañas
 
24- Cando chegou Xan estábamos no recreo facendo guiñol e el tamén colleu os monicreques e fíxonos rir moito...!!!!

 
25- xogos de mesa
 
26- Construcción de móbiles no marco de Arte e Ciencia en Galego
proposto pola asociación Igaciencia.
 Durante os últimos 15 días fomos decidindo e facendo as pezas para 2 móbiles, un deles sobre o Samaín, feito entre toda a clase.
Os debuxos son propios menos o do esquelete que é dunha ficha.
Os de infantil fixeron o colar de zonchos e o esquelete articulado.
O móbil está ambientado na época en que se fixo: o Samaín. É táctil (polos diferentes materiais usados e polas superposicións) e leva un pequeno colar de zonchos (unha castaña de cada un de infantil), unha caveira, 1 fantasma, 1 araña, 1 esquelete, a bruxa, a curuxa, o gato, o rato, a serpe, o moricego, a momia, etc  

 Outro é sobre as cores, figuras xeométricas e os 5 sentidos,
feito polos de 1º e 2º.
Utilizamos goma eva de varios grosores, feltro de varias texturas, gomets, plumas, axóuxeres, cartoliña, aramios, fío de algodón e tanza…
As nubes fixéronse inscritas nun rectángulo dado, en cada lado polo menos un punto da nube toca o lado do rectángulo. As nubes están colocadas en orde das cores do arco da vella pero atravesadas. As nubes teñen as cores do arco da vella en 2 tonos: por un lado máis claro, menos intenso, que polo outro. Como o arco da vella sae cando chove e vai sol, levou a poñer por un lado 3 pingas (grande, mediana, pequena) e por outro un sol.
 Os diseños de cada cousa son persoais, desde as pingas ata os rombos e os rectángulos áureos (construidos en papel cuadriculado).
No círculo do sol usouse unha mesma plantilla para levar tamén o concepto de igualdade. As cores das pingas e do sol volven a ser das cores do arco da vella pero miradas en senso contrario polo que o amarelo coincide... por esa razón se lle colgou o arco da vella de plumas na posición que se ve no arco da vella, en vertical, para dar unha pista, pois colocadas como están as nubes non se ve tan claro que é un arco da vella (aínda que están colgadas formando un arco) . A cuestión está en facer a pregunta de: cal é o código que explica todo iso que vemos no alto? para que o que o mire o teña que descubrir.
.En cada foto plana vense as caras de cada lado igual pero cando está colgado, móvese e vense aleatoriamente. Logo, pódese xogar a que cada neno mire unha das pezas e controle cantas voltas dá en tal tempo e como está posicionada en relación a outra dada... e noutro momento outra vez... e ver frecuencias de repeticións, etc, para enlazar co da estatística de Nightingale a quen se lle adica tamén este ano...
 Máis embaixo vai o negro-branco e as cores complementarias xogando cos tamaños e as formas de rombo e cadrado que van en senso inverso á longura do fío e o tamaño do axóuxere que lle colga. Máis embaixo está o outro rectángulo áureo, en marróns. .
As plumas levan outras relacións implícitas pois o arco da vella está no ar e no ar voan as aves, e as aves teñen plumas.
O móbil é táctil pois conleva distintas sensacións táctiles, se o tocamos (polos materiais con que se fixo e polos niveis superpostos), é visual, é sonoro (4 axóuceres de 3 tamaños. Leva algo oloroso (as gominolas) e algo con sabor para que leve todos os sentidos (é unha cortada de sandía porque é unha froita comestible que ten cores complementarias e é un semi-óvalo). Finalmente leva unha peza que recorda moito ós móbiles de Calder. (a quen se lle adica o traballo, xa que el facía moitos móbiles) en vermello e negro, cores que el tamén usou moito...
En fin... é un traballo longo, de diseño e relación de cousas,
conceptos e recoñecementos.
Xusto cortar o aramio foi o que non lograban os nenos-as,
estaba demasiado duro para eles!
pero sí o dobraron!!!
 
Presentamos os 2 traballos ó concurso de Igaciencia:
Ciencia e Arte en galego, houbo pouca participación dos centros,
é unha mágoa!!!
Nós fomos premiados e
o día 4 de novembro é a entrega de premios en Lugo.
 
Agora réstanos completar o traballo noutro senso, experimentando cos pigmentos de cores, facer branco e facer negro, o prisma e a luz, a auga e o sol. A luz natural e a falta de luz...
A semá da ciencia en galego aínda non rematou!
Ademais hai que facer cousas de ciencia, todo o ano!!!
 
As cúpulas xeodésicas que fixemos en honor ó arquitecto Fuller
 están no blogue das extraescolares.
 
 enlace con Igaciencia: obtivemos premio