lunes, 6 de abril de 2015

ESCOLA DE LAGO- ABRIL 2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

0- Cos do CRA, diante da Casa das Ciencias, en Coruña


Nesta entrada temos:
0- foto de grupo con todo o CRA o día 16 en Coruña
1- ovos do Coello de Pascua (tradición centroeuropea)
 2- debuxos das vacacións
 3- viñeron de novo de R a ampliar a conexión
4- estreamos o novo areeiro
5- xogo dos tesouros e novos aspectos cos maiores
6-o roscón de Pascua-España, e a Campá de Pascua (tradición francesa) esta semá
7- Empezamos coa cría das eirugas da seda
8- Este mes será mes do libro, relatos e poesías e xa empezamos
9- exemplos de fichas de lectura
10- flores e chícharos na horta. Xa naceron Xoana!!!
11- varios desta ´1º semá: catxita maia, final dun experimento con auga do mar, facendo furados en lata.
12- Excursión a Coruña o día 16
13-as eirugas o día 16
14-o día da nai (sen subir)
15-
16-
17-
18-
19-
20-
21- ata o día 16 en que se
accidentou Sabela na excursión de Coruña
................................................................................................
............................... .............
1-  O día 6 a primeira hora xa buscamos os ovos do Coello de Pascua!!!
2- Debuxos das vacacións






3-  Viñeron de R poñer una conexión máis completa

4- Estreamos moi ledos o novo areeiro...

5- Os maiores, o martes xa seguimos con outros aspectos do xogo dos tesouros. As palabras-tesouro dividímolas en verbos e nomes, buscamos as familias e os campos semánticos, escollimos palabras e creamos cada un o seu conto.



6- O mércores día 7 tivemos o noso roscón de Pascua pero o xoves deixounos,  campá que mandamos a Roma, oviños (repartímolos e tocáronnos a 4 cada un e sobraron 2, xa faremos as contas para saber cantos trouxo) e queixo francés que colleu ó pasar por Francia pois non quixo ir sobrevoando o mar porque se caía iríase ó fondo xa que é de metal e o venres deixounos galletas integrais italianas, con arandos vermellos
tocáronnos a 2 e media e sobraron 3 e media para os máis comilóns e tamén faremos as contas para saber cantas trouxo, entón.
Pero aínda trouxo máis cousas coas que nos sorprenderá
a semá que ven...

Trouco boliños e tortas ao pasar polo norde de España
 cos que tamén fixemos repartos.


7- Esta semá poidemos, por fin, conseguir folliñas de moreira porque coa calor xa estaban nacendo as eirugas e morrían sen comida.
Estas son as nacidas desde o luns á tardiña.



8- Este mes será o mes do libro, dos relatos e poesías.
Desenvolverémolo en moitos aspectos e un deles é que cada un veña compartir un libro, unha historia, ou o que seña, que lle guste moito e que teña na familia.
A primeira en estrear este aspecto foi Lía que nos trouxo un precioso libro sonoro que ata hai pouco non lle gustaba nada porque lle ausutaba o "Muuu" da vaca, pero que xa lle gusta moito.
Yasmín e a nai cantáronnos unha amorosa historia que saben na súa familia e logo Yasmín leunos un seu conto que ela aprecia desde moi pequeniña. Montxo leunos outro precioso conto que lles gusta moito tanto a el coma a súa nai. Ademais tamén leu para todos Marta, foi un dos libros da escola que xa levan un tempo lendo os de 5 anos ós demais compañeiros e que forma parte do que xa se estaba a facer e que tamén se vai seguir facendo.


Debuxos dos contos que vimos en video esta semá.
Vimos varios de América e galegos e tamén en libro.


do conto do quiquirincho



9- Exemplos de fichas de libros lidos polas de 2º,
 en Nadal e Semana Santa
de 1º e 2º

10-  Esta semá florearon máis plantas de bulbo e naceron os chícharos
que se plantaron con Xoana, a quen botamos de menos!!!
 11- Está semá Yasmín tróuxonos a ensinar a súa "catxita"; a auga do mar que nos trouxera xa está evaporada e quedou o sal!!!
Empezamos unha sorpresa furando latas por embaixo...
 

12- O día 16 fomos de excursión á Casa das Ciencias de Coruña, con todos os do CRA: vimos experimentos moi interesantes e o planetario...

algúns debuxos da escursión


13-  Así estaban as eirugas o día 16, cando Sabela tivo o accidente.

14- as cousas preparadas para o día da nai
Todo estaba a medio facer (mesmo algo xa estaba rematado con Sabela) pero logo co accidente foi  un lío e só foron rematando algo con Mariana e Marcos. Case non hai fotos.