viernes, 4 de septiembre de 2015

ESCOLA DE LAGO, SETEMBRO-2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O



00- 13 nenos e nenas de 3 a 7 anos
0- Os de Primaria


Os de infantil



Nesta entrada temos:
00- foto do grupo total
0- grupo de Primaria e grupo de infantil
1- traballadores do concello limpan o patio
2- reencontro co patio e parque da escola
3- o avó de Tania explica a necesidade dos faros para os barcos
4- celébración  do cumpre de Mateo

------------------------------
1- Antes de empezar as clases o concello mandou limpar o patio
Graciñas!

 2- O reencontro co noso patio escolar e parque
Xa recollimos castañas desde o día 11, coma sempre...



 3- Vicente, o avó de Tania, veu á escola a explicarnos a importancia dos faros para os barcos, xa que el foi marino mercante.
El axudounos a preparar a saída do día 30 ó faro da Frouxeira (tamén fomos visitar a capela do Portiño) que está reflexada no blogue das extraescolares, xa que a fixemos pola tarde.
Á escola trouxo unha carta náutica...
Explicounos a diferencia do norte xeográfico e o norte magnético, o uso do sextante para calcular a distancia do barco ó faro, por exemplo, por iso levan.no barco información sobre as alturas do faro  e do faro ó mar, dos destellos que dán e en que tempos, do edificio, etc...
Falounos das millas náuticas e cos seus datos faremos problemas!
e improvisamos faros na costa, para que nos explicara como fan co sextante para calcular a distancia ós faros, cos datos que veñen nas guías de faros que levan nos barcos.

Días despois Lía e Mateo preparan esta costa con faros:

4-
Empezamos co novo ciclo dos cumpreanos. De agosto ó 5 de outubro cumplen 7 dos nenos e nenas desta escola... O primeiro foi Mateo.


o cumpreanos dixital:

Celebrámosllo o día 30 pois hai que preparar o caderno que se agasalla,
con debuxos e escritos dedicados a quen cumpra.
Leva tempo facer tantos! pero para empezar co primeiro
necesitábamos a foto de grupo: e primeiro faltaba Marta que estaba en Lanzarote, logo foron faltando outros por estar enfermos...
Total, ata o día 30 non tíñamos todo preparado.



ESCOLA DE LAGO. XUÑO 2015


A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

PERO NO MES DE MAIO E XUÑO do 2015 ESTIVO DANDO CLASE
O SUSTITUTO MARCOS LÓPEZ MACEIRAS

0- Marcos quedou ata o último día de escola de xuño


Nesta entrada temos:
0-foto de grupo con Marcos, que lles fixo Sabela
1- buxainas de cores e a luz branca
 2- saíron as bolboretas
 3- barro e  viradoiras
4- a granxa Belelle

7- excursión do MACUF subidas 1 ano despois...
8-tapóns solidarios

................................................................................................
............................... .............
1- buxainas de cores e a luz branca, vese no de Elena
que ó bailar vese branca
Xa as fixeramos tamén en novembro coa Semá da Ciencia en Galego
2- naceron as bolboretas da escola e despois de aparearse
as femias  puxeron os ovos.

 3- traballaron co barro que tíñamos na escola e fixeron
outros traballos que lles propuxo Marcos.

4- As fotos da excursión ó museo do MACUF, Coruña, con todo o CRA, deixounas Marcos no ordenador que se lle bloqueou
nos últimos días do curso e que
non se logrou abrir ata 1 ano despois, xuño 2016, 
por iso aínda se suben agora: mediados de xuño 2016!






 Debuxos sobre a excursión

5-  Con todo o CRA foron pasar 1 día á granxa Belelle.
 Estas xa as mandara por e-correo

Todas estas fotos no las pasou Marcos. Graciñas Marcos!!!.

..........................................
6- Un día que pasou Sabela subimos os tapóns que xuntamos para colaborar coa investigación de enfermidades raras
que afectan a algúns nenos-as




ESCOLA DE LAGO, MAIO-15

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.


Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O


PERO NO MES DE MAIO E XUÑO do 2015 QUEN ESTIVO
  POÑENDO ESCOLA FOI 
O SUSTITUTO: MARCOS LÓPEZ MACEIRAS

00- un buxo que fixeron con Marcos

0- outro buxo que fixeron con el

As folliñas do buxo
son pequerrechas
e fortes...


Nesta entrada temos:
00-
0-
1- cumpre de Antía Gutiérrez o dia 8
 2- cumpre de Ainara o día 14
 3- na horta
4- Con Marcos fixemos árbores tamén
5- eirugas
6- Marta lendo un conto
7-as letras Galegs no CRA
8-cumpre de Elena o día 29

................................................................................................
............................... .............
1- o cumpre de Antía Gutiérrez o día 8 con Marcos





2- Cumpre de Ainara o día 14, con Marcos





3- plantando tomates cherris en terra...

 e na mesa de cultivo
 preparando as xardiñeiras

trasplantando santolina, unha planta aromática
que tíñamos nun testo.

 Recollimos acelgas


4- Con Marcos fixemos árbores tamén, propúxonos  o buxo



5- Con Marcos tamén seguiron criando unhas cantas eirugas





6- o dos contos e libros iniciados interrumpeuse coa baixa de Sabela,
só Marta quixo ler un conto para todos e todas...

7- Na celebración do CRA das Letras Galegas
Con fotos do móbil de Patricia
Ás familias gustoulles moito a danza
Noraboa María!
Tamén lles gustou moito o vídeo que montaches de todas as escolas!
de fotos de Marcos logradas tamén aínda en xuño 2016...

38-  Cumpre de Elena o día 29, con Marcos







Todas as fotos deste mes foron feitas por Marcos.
Graciñas Marcos por seguir cos traballos dos cumpres, das eirugas e por preparar as xardiñeiras cos nenos e nenas!!!