sábado, 4 de junio de 2016

ESCOLA DE LAGO- XUÑO 2016

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
o mesmo que o empezado no 2010 e as gravacións no Ivoox.

43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

00 - As bolboretas da seda

0- 
Lembrade  que neste blogue 
vanse engadindo as novas por 
embaixo para que quede  finalmente 
a crónica do mes como se fora 
posta dun tirón, contado 
cronoloxicamente, a final de mes.
Tamén se engaden ou corrixen cousas 
en calquera punto completando 
imaxes das que non se dispoñía antes.
Mesmo se engaden en meses e anos pasados!!
-------------------------
Nesta entrada temos:
00- As bolboretas da seda
0- da semá do 30 maio ó 3 de xuño estragáronse as fotos no disco duro.

1-  O día 3 saíu a primeira bolboreta, fixera o casulo o día 9 de maio...
2- o día 5
pomba morta
no parque
a grila
3- os legumes control final de todo
e a ficha dunha das ervellacas que saíron
e o toxo tamén é legume!
4- estanse rematando problemas de cálculo vivo
5- o día 8 fomos á área recreativa do muíño de Pedroso
o que se fixo despois das 17h está no outro blogue
pois é extraescolar só de Lago
6- a natureza no patio
7- as bolboretas da seda desde o día 5 ata o día10
8 as bolboretas o día 13
9-pequenos mostrarios de follas secas
10- o queique de Lita, a avoa de Mateo.
11- Veu visitarnos Xoana
12- un insecto pau verde abraiou a escola
13- O día 21 celebración adiantada do cumpreanos  de Tania
e explicacións sobre os cadernos de debuxos do cumpres do curso.
14- horta
15 - O festival de danzas foi o día 21 pola tarde
e está reflexado no blogue de Dálle que dálle
16- O día 22 os últimos tapóns solidarios que se entregaron.
17- o bus que leva os 10 anos de escola de Lago, do CRA,
traendo os que veñen de Meirás.
18- As eleccións do día 26 na aula
19- o agasallo para os de Infantil do colexio da Capela
que nos ían vir visitar en xuño, pero finalmente non poideron.
20- a recollida e reestructuración da aula
porque entran moitos nenos e nenas.
21- créase un novo blogue e un novo correo para o novo curso.
escoladelago2016@gmail.com


...............................................................................
1- Saíu a primeira bolboreta o venres dia 3,
 vímola denantes de írmonos.

2- dia 5 apareceu unha pomba morta no patio escolar
 Desde que se reabreu oparque  saímos  sempre no recreo, a non ser que chova, e desde o día 1 ven Xiao, que entra o ano que ven, para írmonos coñecendo. Fotos do día 5
O día 5 atopamos no parque unha grila tivémola 1 día na escola e o día 6 volvímola a deixar no parque. Tamara, a nai de Xiao, díxonos que era unha grila porque ten 3 rabos.

3- O tema dos legumes chega ó final de curso...



Os gráficos feitos por cada un dos de primaria
sacando os datos dos precios das facturas:
A ervellaca é unha leguminosa silvestre, naceron varias na horta, agora ó final, pola zona onde sementamos os primeiros legumes  do outono e que arricamos en febreiro, na maioría,
 fara facer as fichas de cada planta.
As fotos das ervellacas na horta están no punto 6 deste mes.

Finalmente...
Sabela veuse enterar, conversando co seu irmá, 
que o toxo tamén é legume!
(Foi máis tarde, en xullo, pero vai cos últimos traballos dos legumes para que a información esteña máis doada de atopar).
O estrume das cortes das vacas en Galicia é moi bon abono, faise con toxo e curiosamente cos mexos e bostas das vacas potenciase o  aproveitamento do nitróxeno do toxo (que ten como todo legume) para nutrir a terra cando se abona co estrume.
foto de Internet

4-  Estanse rematando problemas orixinados por saídas
de principio de curso que requerían as últimas operacións
para as que agora están máis preparados.



5-  O día 8 fomos co CRA á área do muíño de Pedroso para asistir a actividades  que leva adiante a Asociación,
 sen ánimo de lucro, Tempus de Narón.
Primeiro estiveron todos xuntos cos monitores de Tempus e fixeron marmelo de quivi,
despois de probalo aínda diron un tarriño para que cada un levara para tomar en casa (e ós profes do CRA tamén) Graciñas!
 Despois fixeron sales de baño e tamén levaron para casa...


Despois saíron de marcha, buscando pegadas e foron ata atopar o río Castro, afluínte do  río Xuvia. A ida...
e a volta!
 Despois laváronse as mans e comeron....
Ainara estaba moi contenta pois fixo un novo amigo:
Marti, de Vilarrube.

Despois dividíronse en 2 grupos un foi facer pegadas de animais do bosque con barro (que cada qen levou a casa) e outro na horta ecolóxica, e logo ó revés...
Teñen un invernadeiro e un horto e no mesmo día plantan a mesma cousa nun lado e noutro para ver a diferencia ó medrar. Sempre o observan dos anteriores e o fan para os seguintes.
Tiñan para observar leitugas e espinacas en ambos lados.
Con xogos foron preparando para levar cada un unha leituga transplantada e regada esa tarde.

Despois  só quedamos os de Lago porque como era día da nosa extraescolar viñeron as familias e fixemos outras cousas que están contadas no blogue das extraescolares.
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2016/06/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago-xuno.html  

6-  Como sigue a natureza no noso patio...



7- aAs bolboretas da seda desde o día 5
Os casulos estaban en 2 caixas pero as que ían saíndo as fomos pasando a unha caixa limpa.
 As bolboretas soen saír entre as 8 e 9h da mañá polo que os nenos e nenas poucas veces as ven ir saíndo, por iso as fotos que Sabela foi pillando, dese proceso, que tarda minutos, lles sirven para aproximarse a como sucede...



O día 6 había 14, como se ve, rapidamente se acoplan para copular.
Os machos son algo máis pequenos.
O día 7 xa estaban os primeiros ovos e cada neno e nena poido levar un casulo dos baldeiros para casa anque dentro queda a última camisa da eiruga que tiña no seu estado de pupa ou crisálida..
O día 8 xa había moitos máis ovos. Os ovos son brancos e deseguida amarelos pero según pasan os días van volvéndose de cor marrón cada vez más intenso e finalmente son negros na primavera seguinte. Unha vez nacidas as novas eirugas, que son negriñas, queda o ovo oco, de novo de cor branca.
As bolboretas da seda non comen nada, só copulan e poñen ovos.
As eirugas sí que comen moitísimo pero só follas da árbore de moreira.
Non voan porque levan milenios en cautiverio.
O  día 9 saíu unha bolboreta máis escura, nunca nos pasara...
 O día 10 saíran xa todas as que tíñamos e xa hai ovos marróns...
Son 46 bolboretas:
As primeiras eirugas naceron  o 29 de marzo. A primeira que fixo o casulo foi o 9 de maio e o 3 de xuño saíu esa bolboreta.
O día 5 saíron 9, o día 6 había 14 en total, o día7 saíron 10, o día 8 saíron 12 + 1 especial de cor dourado.
O dia 9 saíron 7 e o día 10 saíron 2.

8- O luns día 13 xa estaban así
Agora ata próxima primavera! Os ovos esperan
a que saian de novo as follas da moreira
que como é unha árbore caduca, no  inverno non ten follas.
Mentras hai que telos en lugar seco e fresco.



9- Pequeno mostrario de follas
Cada quen escolleu as follas a poñer e o fixo ó seu xeito












10- O día 14 Lita, a avoa de Mateo, mandou un queique para todos. Graciñas!

11- O día 16 veu visitarnos Xoana, levábamos 1 ano sen vela, desde cando fixo as prácticas de maxisterio na nosa escola.
Veu desde Pontedeume.
 Deunos unha grande alegría volver a vela
 e saber que lle van ben todas as cousas.
Este ano remata maxisterio e desexámoslle moita sorte en todo.
Tróuxonos algo moi especial, un instrumento que fixo con bugallos de carballo, foi xuntando e xuntando ata ter para todos os nenos e nenas  que había o curso pasado e para os novos deste curso.
Fíxolles uns círculos para poder soprar, por dentro están ocos.
Cando logras soprar ben, podes imitar o soído da curuxa.
A landra,  é o froito do carballo.
Mais estes son bugallos de carballo, carrabouxos ou cocas,
 tecnicamente "cecidios"
 "son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos véspidos (ou outros insectos) que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos." Internet
Tamén nos trouxo un rico queique que fixo tamén ela...
Xoana é superxenerosa e super detallista!
Graciñas mil Xoana sobretodo por acordarte de vir.
Foi estupendo volver a estar contigo.
A escola agasalloulle tamén algunhas cousiñas
das que se foron facendo no curso

12- Mateo atopou fora este "bicho" que ensinou a todos-as...
Inserto pau verde. A natureza é abraiante!

13- O día 21 celebramos o cumpre de Tania porque ela cumpre en xullo e xa non estamos na escola...




A entrega do caderno dos debuxos e o queique que nos trouxo
 Tania non poido facer o traballo do seu cumpre no ordenador porque se puxo enferma e xa non veu o día 22 que era cando o íamos facer pero fixémosllo sen ela pois xa non quedaban días para que ela o fixera (ademais foise de viaxe)
así lle queda a foto das rutinas parecida á dos demais
 o caderno de debuxos que se lle agasallou...



E agora é un bo momento para explicar como van elexindo os temas dos debuxos tendo en conta que non se teñen que repetir nos temas  ó longo do ano (para estimulalos a expresarse variadamente) nin deben repetir os temas en cada caderno (para que vaia variado o caderno que se agasalla, por iso vaise facendo o gráfico do xa feito para comprobar o que vai feito pois se esquecen... con todo algunha vez  "despístanse" e saltan as normas. Os debuxos de bolboretas, e outros simétricos, fan un eixo dobrando a folla, inventan un lado e calcan
o outro para que lles saía perfecto.
14- Horta
Así quedan as lentellas e garavanzos desenrolando os froitos
 Xusto agora empezan a saír as frambuesas, máis tarde ca outros anos.
 Empezan a saír os froitos do freixo de flor
 Non sabemos o que é agora lembramos que botamos graíñas por botar,
sen pensar que ían sair e non aparecen anotados...
Esperemos a que medren para saber o que é, o que si sairon moi ben...


15 - O día 21 pola tarde fíxose o festival de danzas que está reflexado nas extraescolares pois foi fora de hora

16- O día 22 entregamos os últimos tapóns recollidos 
solidariamente neste curso.

17- Levamos 10 cursos cumpridos coa escola de Lago, dentro do CRA, en funcionamento. Sempre viñeron algúns nenos-as en bus desde Meirás, esa foi  a condición cando a habilitaron para uso do CRA.
Os primeiros anos paraba eiquí diante da entrada pero finalmente houbo que ilos recoller á parada do bus.
O bus é o do colexio de Atios e chega e vaise algo denantes
do noso horario.
Ultimamente é Elena soa quen o usa e ultimaqmente algunha rara vez a deixan eiquí, como este día de xuño
na que fixemos foto para a lembranza...

18-  Inmediatamente de rematar as clases o día 22, houbo que recoller a aula para as eleccións do día 26 e logo outra vez a recolocar todo,
como cada vez que hai eleccións. É un gran trastorno na aula...
19- En xuño ían vir visitarnos os de infantil do colexio da Capela, finalmente non poideron, complicaronselles as obrigas ás titoras.
Vaia pena! 
Tíñamoslles feito este agasallo que lles mandaremos en canto poidamos.

20- Claro que este ano toca máis, como o ano que ven entran moitos 4 nenos e 2 nenas e só se van 2, hai que reestructurar a aula para que haxa espacio para todos.
Por iso haberá que traballar moitos días do verán para 
empezar unha nova etapa.
Carmen Vega xa axudou, o 30 de xuño, a empaquetar e subir material creado nestes 10 anos polos pais e Anpa de Lago.
Queda moito por facer aínda!

21- Para esa nova etapa abriuse xa o 25 de xuño un novo blogue 
e un novo correo para facer máis lixeiro o uso deles 
pois os outros están moi cargados para buscalas cousas, 
anque de momento siguen en uso os que tíñamos.
Os novos:
http://escoladelago2016.blogspot.com.es/
escoladelago2016@gmail.com

Faltan cousas por subir neste, que se irán completando nos meses
e anos nos que foron feitas.