martes, 3 de febrero de 2015

ESCOLA DE LAGO- FEBREIRO 2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

00- Un ano máis fomos a Santiago para celebrar, o día 11, o da Radio
con Campus Culturae (da Universidade de Santiago)
ó que mandamos 4 traballos que mereceron
un dos 3 premios deste ano. Fotos de Campus Culturae
Como coincidía co antroido, fomos disfrazados de cociñeiros
de productos orixinarios de América
porque estamos traballando nun proxecto sobre América.

  Diplomas


0- Desta vez 3 árbores no mes
Portada para o libro das árbores, portada que prepararon os de 3 anos representando o outono
e outras páxinas para o libro, feitas polos outros niveis
 
 

 
 
Nesta entrada temos:
00- Recollida de premio en Campus Culturae-
 Universidade de Santiago
0- portada e páxinas para o libros das árbores
1- caldo de melón, croquetas de nabizas e ñame
2-o maínzo da familia de Elena
3- os traxes dos nenos e nenas para a comparsa
4- día 11, viaxe a Santiago e debuxos
Día da radio con Campus Culturae
(non está completo)
 5- mandados do meco
6- inicio do meco da escola
 7- día 13 con roupa de América
8- día 13, festival de Antroido, en Meirás e debuxos.
9- debuxos das vacacións de antroido
10. - serrar e os baules do xardín
11- xogo das tendas e os números
12-postas a punto dixitais e reiniciar o traballo coa pizarra dixital
13- queima dos mecos
14-comimos na semá...
15-o que comimos
16-as pedras preciosas a conta dos mecos piratas
17- camiños para iniciarnos nas letras
18- o último maínzo
19-xogando metidos no dragón, como todos os anos...
20- Felicitar os 91 anos de Magdalena
21- o dragón que nos mandaron da Capela
22- as campás
23- a saída do oso
24- cousas de América
................................................................................................
............................................
1- O día 2 volvimos ter o rico caldo de melón que nos trae Sabela e o día 3 ricas croquetas das nabizas que entresacamos o día 2 e que fixo Montxo coa súa nai. Tamén probamos malanga, ou ñame, que preparou Patricia e que como era a primeira vez aínda non lle collimos o gusto...
2- rematamos de esfollar e debagar o maínzo que tíñamos da familia de Elena, desde o curso pasado, e despois de pesalo todo o día 2, con Sabela, os de 4 e 5 anos estivemos facendo pesadas, o día 3, con Mariana.
 
3- Os traxes para o antroido houbo que acabalos o martes
para podelos usar en Santiago o mércores.
Este ano a comparsa era sobre os productos orixinarios de América
e como a cantiga fala dos pratos que se fan con eses productos
e coincide que temos a roupa do obradoiro de cociña pois...
 aproveitamos os mandís e gorros e cada un elixei un producto para decóralo seu
e mesmo iso feito servirá para utilízalo despois noutra cousa...
Quedaron preciosos porque estaban moi ben feitos por Lela
e con un pouco de apresto quedaron como novos e ese super traxín fíxoo Sonia
Graciñas ás dúas!!!
e logo cos traballos dos nenos e nenas xa foi a guinda!!!

Samba, samba, samba, productos vidos de América
samba, samba, samba para cociñalos- bis
América deunos, deunos
as ricas patacas que hoxe temos
con elas facemos un rico caldo
un bo guiso ou un estofado.
América deunos, deunos
os ricos tomates que hoxe comemos
con eles facemos as saladas
ou o prebe prós macarróns
América deunos, deunos
os pementos que hoxe coñecemos
con eles facemos as empanadas
ou fritimos os de Padrón
en parrochas afogadas
ou usámolos en pementón.
América deunos, deunos
o maínzo, as cabazas e as fabas
de aí naceron as esfollas
e as caveiras de hoxe no Samaín
América deunos, deunos
as ricas patacas que hoxe temos
con elas facemos un rico caldo
un bo guiso ou un estofado.
Quitaron a fame hai moitos anos
e agora son... 
   a base da nosa alimentación!
América deunos, deunos
a chirimoia, o aguacate e a papaia
o xirasol, as ananás e o cacao
América deunos, deunos
o pavo, a vainilla, e os figos chumbos
a iuca ou mandioca, o boniato, o cabacín...
América deunos, deunos
a lima, o cacahuete, a maracuiá
a feixoa, o xuxú e moitos máis...
América deunos, deunos
as ricas patacas que hoxe temos
con elas facemos un rico caldo
un bo guiso ou un estofado.
Quitaron a fame hai moitos anos
e agora son...
a base da nosa alimentación!
Pero... America deunos, deunos
o tabaco que usamos moi mal
e hoxe en dia     
 é a nosa perdición.
por fumalo, por fumalo sen control!!!
 America deunos, deunos...
America deunos, deunos...
America deunos, deunos...
Samba, samba, samba, productos vidos de América
samba, samba, samba para cociñalos- bis, bis
                                                      S.D.R.


Pero tamén temos que dar as graciñas a Xoana (que veu xusto agora a facer as prácticas á nosa escola- e desde eiquí dámoslle a nosa benvida dixital!!!) e a Mariana que lle tocaba apoiarnos 2 sesións pero quixo quedar un bo tempo máis, que tiña ela libre, para axudarnos. Elas están na foto preparando para que os nenos e nenas  poideran ir colgando os complementos que fixeran a mandis e gorros
Graciñas Xoana, Graciñas Mariana

Na gala de Campus culturae, na facultade de periodismo.
O auditorio estaba repleto!
 fotos de Campus Culturae

Elena e Marta foron as primeiras cantantes voluntarias
 
E Lía, de 3 anos recén cumplidos, tamén deixou o pabellón ben alto!!

mosaico feito con fotos de Campus Culturae
 
 
en prensa:




 
Fotos nosas do día 11:
 
Así nos recibiron
Visita á facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago
O can, ou cadela, guía do coordinador das visitas, Zoira, houbo que tapala cunha mancha na foto
pois está prohibido subir fotos dos cans-guias.


 
No esceario, e o premio
Comimos na facultade de periodismo

.........................................
Pola tarde visitamos a cidade de Santiago e como era fora de horario lectivo está reflexado en:
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2015/02/dalle-que-dalle-na-escola-de-lago.HTML

 
Debuxos sobre ese día.


....................................................
5- Durante a semá tivemos que cumprir, na escola, os mandados do Meco do CRA: luns vir con babeiro, martes con babeiro e garabata ou pano ó cuello, o mércores engadir colorete (nós o mércores fomos a Santiago e iso non o fixemos) e o xoves engadir calzado desigual e calcetíns desiguais postos por riba do pantalón,,, por iso temos estas fachas tan divertidas o martes e o xoves... Este Meco!!!!

6- Dia 12 iniciamos o meco da escola que se decideu que fora un pirata,
os pequeniños empezaron con Xoana a encher de papel a roupa.
os medianos a pintar o papel para o gorro e
os maiores a diseñar o boceto da carauta para elexir a que máis gustara.
 
7- A primeira hora do día 13 estivemos vendo, tocando e probando roupa e gorros de América, E vimos que Xoana se fixo un precioso traxe da zona inca-andina-quechua, e probamos encantados ponchos andinos e roupa centroamericana. Entre os gorros salientou o feito de folla de plataneira.

8- Día 13, Festival de Antroido, de todo o CRA, en Meirás,
coas fotos que nos fixo Mari, amiga da familia de Lía.
Graciñas, Mari!!
Taraza fixo unha comparsa do antroido brasileiro, Vilarrube de Hawaianos,
Lago de cociñeiros de productos vidos de América e os adultos con roupa típica de América
e Vilaboa e a Carreira de piratas do Caribe.






O meco do CRA non se poido queimar  ese día porque choveu...
 As familias de cada escola levaron: freixós, rosquillas, orellas e torradas para compartir entre todos.


debuxos sobre ese día

 
9-
  
10- Tivemos que serrar os cabos dalgunha ferramenta para poder gardalos no arcón de fora que trouxemos para meter todo o da horta, e liberar espacio na aula
aproveitando que agora fora está todo pechado.
 E serrar e poñer as patas a unha mesa que fixemos para aproveitar mellor o arcón de fora cos xoguetes do exterior.
 
11-Xogamos ó xogo dos empaquetamentos con un número de elementos fixo, estes días con Xoana

 12- Son os cambios de base numérica feitos dun xeito manipulativo

 13- O 25 viñeron a amañarnos a línea da Consellería e a pizarra dixital que levaba moito tempo sen funcionar e por fin ...

 despois que Luís nola puxo a punto, volvimos a reiniciar o traballo nela, que flipe...!!!

14- Por fin, houbo un respiro entre chuvia e chuvia
e o día 25 poidemos queimar os mecos piratas
Mecos, mequiños
mecos, mecóns
ides ó lume
por ser piratóns.
ou guerreóns, ou matóns, ou armóns. ou trastóns, roubóns...
 Un deles era o meco do CRA que como choveu o día 13, non se poido queimar e pasáronolo para queimar co noso pero... adaptámoslle a carauta, puxémoslle a espada, etc... e está escangallado na silla por tomar moito, moito ron... E o ron que lles quedou, no testamento deixárono para Ferrol!!!
 Deseguida Garfiauro e Espadón  quedaron en cinza, non sen antes deixarnos o seu testamento, onde repartían os seus tesouros... Ó final Sabela saltou a cada un dos nenos-as sobre os rescoldos da fogueira para ter sorte, como di a tradición das fogueiras, e logo saltárona ela e Xoana, como recolleu en fotos, Candela...

15- O luns comimos as chaloas típicas de Cariño, que nos fixo Carmen, o día 23 Sabela tróuxonos torradas, o día 25  Xoana tróuxonos quinoa que preparou ela (semente dunha planta de América que se pode consmir coma un cereal) e mandarinas da súa mandarineira, de Cabanas, e o 26 comimos das rosquillas que nos trouxo Sabela, a quinoa que quedaba e alguns quivis dos moitos que nos trouxo Laura e tamén Lola... vaia semá... pero aínda temos mazás da axuda do Fogga.
Candela leu o texto que preparou Xoana sobre a quinoa:
A quinoa é apta para celíacos (persoas ás que o seu corpo non lles admite os cereais)
A quinoa é apta para os diabéticos
(persoas ás que o seu páncreas non lles fabrica a insulina que necesitan e teñen problemas coa glucosa-zucre)
A quinoa reduce o colesterol malo en sangue (graxa que tapona as arterias polo que o sangue non pode circular ben)
A quinoa é boa para os deportistas.
 
16- minerais e pedras preciosas a conta dos mecos piratas, O día 25 tróuxonos Xoana: ágatas, xofre, etc... e logo Sabela tamén outros, fómolos mirando por niveis pero como sempre faltaba algunha nena temos que volvelos a ver.

17- o último maínzo...


18- xogando metidos no dragón, como todos os anos...
 
19- día 27: A bisavoa Magdalena cumpreu 91 anos e chamámola por tf, con mans abertas, cando ela aínda non se erguera, para cantarlle as mañanitas, parabéns para ti, cumpreanos feliz...
É un gusto falar con ela!!! FELIZ CUMPREANOS BIS!!!!
 
20- camiños para iniciarnos...


 21- O día 27 tamén recibimos uns preciosos agasallos dos de infantil do colexio da Capela, un gran dragón e o seu conto, como o ano pasado nos mandaron unha carauta de león e o seu conto.
Vaia sorpresa!!!! Estamos moi contentos-as!!!


22- As campás e o antroido tradicionalmente axudan a limpar e liberar do malo...

 
23- O día 27 o tempo permiteunos facer a 1ª saída do oso deste antroido




24- Tamén estivemos vendo variados obxetos de América...


...............................................
Rematadas as árbores

 

--------------------------------------------------------