sábado, 4 de mayo de 2013

ESCOLA DE LAGO- MAIO 2013


Neste curso estamos 13 nenas e nenos de 3 a 7 anos, pero 3 xa cumpliron  os 8 anos.
Gabriel xa non ven desde o 29 de abril, foise para Vigo coa nai, que lle saíu un traballo temporal. Saúdos Gabriel!

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
1- día 2 e 3 remataronse traballos
2- as nais lucen broches
3- o xeranio para Carmen
4- a boneca de Marta
5- o cumpre de Antía Gutiérrez
6- folga do día 9 
7- música do día 10
8- flor de San Xosé
9- eirugas
10- recreo do día 13
11- clase de inglés
12- as rosquillas  de Madalena e galletas de Sabela
13- o leite que caeu
14- plantar
15- as eirugas xa fan o casulo
16- muíño de vento de refugallo
17- diálogos de teatro
18- o luns día 20 fixemos xeado de castaña
19.- letras Galegas con todo o CRA
20- a boneca de Elena
21- as cebolas medraron moito
22- Xeila leunos un conto.
23.- Migel leunos un conto
24- recreo do día 28
25- o día 29 cumpre de Elena
26- visita de Xabier da SGHN
17- recreo do día 30
28- enviamos máis tapóns
........
  1- O día 2 e 3 rematando todo para o día 5 pero as fotos do día 3 saíron mal porque a cámara estaba mal...
Os teares con tiras de trapos e as flores aproveitadas das sacadas 
das saias mercadas para fabricar os traxes Dogon no antroido 
diron tapices ben floridos!!!
Feliz día da nai!!!
Os tarros decorados para levar o cabelo de anxo feito na escola...
e cadros de debuxos e unha escultura de
 "equilibrio de apariencia  inestable"

2- Despois do día da nai houbo quen luceu 2 preciosos broches,
 1 por cada fillo e filla!

 3- o xeranio para Carmen ten grandes raices...

 4- o martes día 7, Marta levou a súa preciosa boneca

 5- o día 8 foi o cumpre de Antía Gutierrez




O caderno que se lle fixo!





6- o xoves día 9 houbo folga do ensino de mestres e pais. En Lago non houbo clase. Os que querían mandalo fillo-a ese dia,
tiñan que ir á escola de Taraza.
7- música o día 10, cambiouse porque o mércores plantaron árbores na Carreira e María non poido vir...


 8- os do concello cortáronnos as flores de San Xosé que estaban a piques de sair (por máis que esteñan na zona na que avisamos que non toquen...) e esta foi unha das poucas que se salvou, mandámoslla á avoa Lela porque xa só quedaba Antía Dosil cando nos dimos conta de que era venres e de que o luns estaría demasiado aberta.

Que a disfrute!!!!



9- o día 13 xa estaban así de grandes as eirugas da escola pero ´morreron todas as que levamos os nenos e nenas a casa, as follas dalgunhas das moreiras  debían ter peste e pesticidas...


10- recreo do día 13: brilé, ó gato, a tiros de balón, etc.

 11- clase de inglés no día 14

 12- o luns 13 fixeron o programa dedicado á bis Madalena e como era longo levou rosquillas e Sabela galletas, etc, e como esas dúas cousas non as comeron nolas trouxo Sabela para engadir á parva do día 14.
Que ricas!!!!!

 13- Caeu leite e quedou así...

 14- Ás eirugas hai que cambialas para que esteñan limpàs e levamos a casa as plantas que trasplantamos das que nos diran os de Vilaboa.






 Plantamos as cousas que nos tocaron de Voz Natura: 2 piñeiros nun testo máis grande, e 2 pés fresas (morangos) ó lado das que tíñamos.

 E plantando a nova moreira, a outra xa morrera.
O furado tamén nolo fixo Vicente, do Concello
Graciñas Vicente!!!

 15- as eirugas empezaron a facer o casulo desde o martes...



día 18

16- O día 20 Antía tróuxonos a ensinar un muíño de vento que lle fixo a familia de Outes, ten 3 aspas.

17- diálogos en honor de Roberto Vidal Bolaño a quen se lle adican as Letras galegs deste ano.

18- luns día 20 fixemos xeado de castaña

 Fixemos merengue

Tomámolo recén feito e a outra are a conxelamos para tomaa xeada.

19- O maretes 21 celebramos as Letras Galegas con todo o CRA
Os do grupo de baile do Concello de Narón, no que baila María, a profe de música, primeiro nos explicaron o traxe e logo bailaron unha xota, unha muiñeira, logo subimos nós a bailar con eles
e logo volveron a bailar.
Foi precioso, graciñas por vir, foi estupendo!!!!!






Logo tivemos obradoiros e os de infantil de 3 e 4 anos fixeron
 un obradoiro de alfombras florais,
unha delas a xeito de mandala, con Sabela.
 para a outra tamén fixemos sal de cores con Sabela

 Como estamos co tema de África fixemos o precioso mapa físico de África e un camelo, un elefante, unha xirafa e un león
guiados por Maribel e María, que quedou Guai!!!!.

Os de 5 anos e primaria fixeron o Maio con Xan, Mercedes e Laura

Mentras houbo outros 2 obradoiros referentes ás letras Galegas para cambiar cada grupo, os de 3 e 4 anos con Mariluz e Soraya e os de 5 e Primaria con Elisa e Cris
E despois a repoñer forzas e recreo....

 comer xuntos cos das demais escolas...

Logo cantámoslle todos ó Maio
a cantiga que sabía Laura e que María nos ensinou a todos e todas.
Agora que ven o Maio...
imos todos a cantare, (bis)
ó redor das nosas xestas
tamén imos a bailare. (bis)
laralalalá lalá laralalalá lalá (bis)
....(e 4 estrofas máis...)

Despois  de cantar fomos ver o conto viaxeiro e a revista
proxectados no auditorio e aínda cantamos unha estrofa do Maio!
Vaia ´mañá!!!!


Letras galegas na escola
mostra dalgúns dos marca páxinas feitos
Ademais crearon traballos propios
ou con África

 20- Elena rematou a súa preciosa boneca

21- O día 23 están así de grndes as plantas das cebolas da escola

22- o día 24 Xeila leunos o conto que xa empezara outro día...
23- Miguel leunos un conto o día 27
pola tarde fixemos o programa de radio


24- Recreo día 28

25- Cumpre de Elena o día 29




o caderno de debuxos de agasallo






26- Visita de Xabier da SGHN para correxir o traballo da lagoa

27- recreo do día 30

28- o día 30 Dopico veu recoller os tapóns que xuntamos