jueves, 3 de marzo de 2016

ESCOLA DE LAGO- MARZO 2016

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O

0-
-------------------------
Nesta entrada temos:
00- 
0- 
1- Trouxéronnos a Vera
Intentando golpear ben a billarda
2- o día 2 pola tarde cursiños de radio
enlace co blogue: Dálle que dálle na Escola de Lago
3- o cumpre de Gael
4- Os debuxos para a Xornada de Troco de Sementes da AVV
5- saída do dragón e do Oso, pola mañá
6- os tapóns
7- saída á casa dos peixes
debuxos
estudo manipulativo do escacho,
8- a horta en marzo
9- o agasallo do día do pai
10- a volta da Pascua
11- os primeiros vermiños da seda
12- deshidratados
...............................................................................
1- O día 1 veu visitarnos a preciosa Vera coa súa nai, para orgullo de Lía. Carmen contounos a súa experiencia no parto  e deulle de mamar polo que comprobamos que somos mamíferos...
 aprendendo a darlle á billarda

2- O día 2, pola tarde,  tivemos os cursiños de radio que está no blogue das extraescolares
http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2016/03/actividades-voluntarias-fora-do-horario.html 

3- O día 12 celebramos o cumpre de Gael que cumpleu o día 9



os debuxos de agasallo


5- día 16 saída do dragón e do oso, pola mañá


-
4- Os debuxos que nos pediron para colaborar na xornada de 
Troco de Sementes da AVV de Lago
para expoñer e que elixan se algún lls gusta para o fondo do cartaz do próxima vez que fagan a xornada de troco de sementes.



5- O ramo de pascua estilo Centroeuropeo, cos ovos soprados e logo aproveitados en tortillas que fixo Carmen.

6- tapóns recollidos no trimestre

7- Despois de preparar a visita na escola nos dias anteriores, fomos visitar a casa dos peixes de ´Coruña, con todo o CRA. 
Vimos moitos, moitos  peixes, e un polbo, medusas, tocamos unha estrela de mar, vimos cabaliños de mar...
Explicáronnos cousas curiosas:
os escachos ou libernas, ademais de aletas para nadar
 teñen patas para camiñar polo fondo..., por exemplo

Despois de estar no Nautilus e ver como  lles daban de comer ós peixes e de saudar a Gastón, o tabeirón touro, e de, por exemplo, ver un corno de narval... fomos  ver a parte exterior.
mentres comíamos a parva de media mañá vimos como lles daban de comer ás focas macho.
as focas femias

Á volta das vacacións  estudamos o escacho ou liberna, do que nos dixeron na Casa dos Peixes que era especial pois pode camiñar
 cando vai polo fondo ...
Coceuse para facer observacións, non para comer.

 8-A horta en marzo, os de infantil prepararon regadeiras con botellas.

9- Como as vacacións foron o día 18, a última hora levaron o agasallo do Día do Pai. Aproveitamos as preciosas mandalas de legumes feitas para a comparsa de Antroido para montalas nun cadro que completaron, dedicaron por detrais e empaquetaron para levar.


10- Despois das vacacións o ramo atopámolo folleado, soltáronse os ovos e levaronse para casa. O día 29 o coello de Pascua (tradición europea) deixounos no xardín ovos cocidos, como chovía deixounos dentro do baúl dos xogos de area, que detalle!. O día 30 tivemos o roscón de Pascua (tradición española) e a campá tróuxonos de Roma (tradición francesa) oviños de paspallás cocidos.
A campá fixo xogos denantes de espetarnos:
"Vós esquecíchedesvos de mandarme a Roma...
Fun por conta propia, e volvín agora."
Tamén fomos escollendo as quendas para elexir palma (das que tinguimos ante das vacacións pois son reutilizadas) para logo ilas pintando cada un ó seu gusto e para levalas para casa.
Elexiron, sen problemas, este orde: Gael, Elena, Lía, Marta, Mateo, Alba, Montxo, Jimena, Mauro, Tania e Lucía (Antía e Ainara non estaban)

Algunhas das palmas transformadas tiñan 2 caras 
e pintáronnas por ambos lados.
11- o día 29 xa estaban nacidos os primeiros vermiños da seda e rápido lles puxemos follas de moreira.

12- Neste mes tivemos para probar 2 productos deshidratados que nos tróuxo Lola, esta vez a maior novidade era a cebola,
 en cachiños pequerrechiños.
Cada un colle 1 só (a non ser que queira recuncar), dun cm cadrado, aproximadamente, e só  se fixo 3 veces no mes, distanciadss no tempo, polo que aínda quedan...