viernes, 4 de septiembre de 2015

ESCOLA DE LAGO, SETEMBRO-2015

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola nosa escola, fora do horario lectivo.

Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´  40.81"  N
8º  09´  44.40"  O



00- 13 nenos e nenas de 3 a 7 anos
0- Os de Primaria


Os de infantil



Nesta entrada temos:
00- foto do grupo total
0- grupo de Primaria e grupo de infantil
1- traballadores do concello limpan o patio
2- reencontro co patio e parque da escola
3- o avó de Tania explica a necesidade dos faros para os barcos
4- celébración  do cumpre de Mateo

------------------------------
1- Antes de empezar as clases o concello mandou limpar o patio
Graciñas!

 2- O reencontro co noso patio escolar e parque
Xa recollimos castañas desde o día 11, coma sempre...



 3- Vicente, o avó de Tania, veu á escola a explicarnos a importancia dos faros para os barcos, xa que el foi marino mercante.
El axudounos a preparar a saída do día 30 ó faro da Frouxeira (tamén fomos visitar a capela do Portiño) que está reflexada no blogue das extraescolares, xa que a fixemos pola tarde.
Á escola trouxo unha carta náutica...
Explicounos a diferencia do norte xeográfico e o norte magnético, o uso do sextante para calcular a distancia do barco ó faro, por exemplo, por iso levan.no barco información sobre as alturas do faro  e do faro ó mar, dos destellos que dán e en que tempos, do edificio, etc...
Falounos das millas náuticas e cos seus datos faremos problemas!
e improvisamos faros na costa, para que nos explicara como fan co sextante para calcular a distancia ós faros, cos datos que veñen nas guías de faros que levan nos barcos.

Días despois Lía e Mateo preparan esta costa con faros:

4-
Empezamos co novo ciclo dos cumpreanos. De agosto ó 5 de outubro cumplen 7 dos nenos e nenas desta escola... O primeiro foi Mateo.


o cumpreanos dixital:

Celebrámosllo o día 30 pois hai que preparar o caderno que se agasalla,
con debuxos e escritos dedicados a quen cumpra.
Leva tempo facer tantos! pero para empezar co primeiro
necesitábamos a foto de grupo: e primeiro faltaba Marta que estaba en Lanzarote, logo foron faltando outros por estar enfermos...
Total, ata o día 30 non tíñamos todo preparado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario