martes, 8 de enero de 2013

ESCOLA DE LAGO- XANEIRO_2013

Neste curso estamos  13 nenas e nenos de 3 a 7 anos

A escola de Lago ten tamén o blogue de "Dálle que Dálle na Escola de Lago" porque desde abril do 2012 nos vimos na obriga de separar, noutro blogue, as actividades voluntarias feitas, pola
nosa escola, fora do horario lectivo.
Nesta entrada temos:
!
000- montaxe de Feliz Ano: titora
Miguel estivo enfermo ese día e non poido participar de pastor.

0O-  Montaxe de Mariluz Alonso Díaz coas tarxetas feitas en inglés nas escolas do CRA para enviar a escolas de Europa, dentro do proxecto europeo "etwinning" do que ela foi coordinadora. Nós fixemos 2 con 3 follas de acivro verde cada unha (a de primaria e a de infantil) relatando os mitos do Nadal de España, co apoio da titora.
https://www.dropbox.com/s/7nbpexsxcjmoguj/christmas1.wmv

0- Video feito por Mariluz Alonso Díaz coas tarxetas feitas polos nenos nenas de Lago coas súas familias para enviar a outros colexios de Europa no proxecto europeo "etwinning" do que tamén ela foi coordinadora.
https://www.dropbox.com/s/nukso2duzkq75kz/lago.wmv
Graciñas Mariluz!!!!!!!!!
!
1- pasaron as vacacións
2- agasallos de Nadal
3- O RECICLADO
4- RECOLLIDA DE TAPÓNS para Alba de ASPANEMI
5- o contacontos con Cris
6- xogo das bolas
7- guiñol
8-  chegaron máis tarxetas europeas
9- por fin a conexión de Internet da Xunta
10- os xogos das bolas
11 - o 28 fomos á radio
e envío axuda de alimentos.
12- xogos no ordenador
13- correos-e a Camelle-A Coruña
14-recibimos fotos de Beas de Ganada
e nós enviamos material sobre a paz
15- o día da Paz
16- wifi da Xunta e problemas coa posición do brazo do proxector
17- xogo das lombas
18- apareceu forzada a porta da escola
19- adiantando para o antroido
20- as plantas que nos mandaron de Vilaboa
.............................................
                            
1- Pasaron moi rápido as vacacións...

2- No Nadal cada un tivemos  moitos agasallos...



3- EMPEZAMOS O TRIMESTRE RECOLOCANDO  CERTOS RINCÓNS 
E IMOS VER SE ESTE do reciclado FUNCIONA CADA VEZ MILLOR!!!


4- NO 2012 ENTREGAMOS 3 ENVÍOS DE TAPÓNS E SEGUIREMOS RECOLLENDO. AGORA SON EN AXUDA DE ALBA, DE ASPANEMI, FERROL. ISO É TAMÉN  RECICLAXE
PERO SOLIDARIO CO PROBLEMA DUNHA NENA...

5- Do contacontos de xaneiro Cris fixo este mosaico coas fotos na nosa escola, baixáronse do seu blogue no CRA: Proxecto Lector.

6- inventos de circuitos para xogar ás bolas que lles trouxo o Apalpador... este tiña como tema África...
Este era máis xinxelo
 con pontes incluidas no circuito...
7-  A conta dos monicreques recibidos no Nadal, argalladas co guiñol...
8-  Mariluz trouxo as últimas tarxetas
que chegaron de colexios de Europa

9- O día 21 viñeron de novo enviados da Xunta para mirar o que necesitábamos para rematar a conexión de Internet!!!
Esta vez era outro rapaz. Non se pode crer isto de que envíen a alguén tantas veces para o mesmo!!! E houbo que enfadarse...

Por iso o día 23 por fin os mandaron, pero con material para facelo!!!
Claro que a mañá de clase foi chea de ruídos
e de poñer a clase patas enriba......
A conexión quedou só coa páxina da Xunta...
Agora anda a pobre Mariluz tendo que chamar á UAC para que lle orienten para amañar e poder entrar en google, por exemplo... ou mirar en gmail... En fin, xa logrou amañar nun portátil
e nos imos apañando... Pero ten sentido?
Eso sí, os rapaces foron amables e deixáronnos colocado o SAI que nos dira o CRA para o ruter...
10- O xogo das bolas dá pé á argallar modos entretidos de practicar afinando os tiros de bolas...

´11- O 28 fumos  á radio:
 http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/2013/01/dalle-que-dalle-na-escola-de.html
Despois de preparar a radio, pola mañá, Patricia levou ó concello algunhas cousas de Axuda que non viñeran recoller.

12- Mariluz nos apoia especialmente nas TICS, imos por quendas para facer xogos e actividades educativas no ordenador...

Ademais cando podemos facemos traballos con Sabela,
no resto do horario: cartas, tarxetas de felicitación, correos-e, blogue, buscar datos en Internet, escribir e dar formato a traballos, etc...
Gústanos moito estar no ordenador!!!

13- Mandamos un correo-e á escola de Camelle, A Coruña, acompañado de: as felicitacións de Nadal (antes non tíñamos o correo deles e o fixemos con retraso) fotos dos de primaria coa foto da escola, a foto de todos que é tamén felicitación, a cantiga de Alná Kané coa letra e a tradución e mandamos enlaces de material sobre a Paz:
http://www.youtube.com/watch?v=7J5KlXUu7xs&feature=share    sobre Wangari, premio Nobel da Paz
 http://youtu.be/Cr2LisF28PE   Cantarela dos nenos
14- mandáronnos fotos por correo-e os de Beas de Granada!!!!
Ola amigos e amigas!!!
e nós mandámoslles material da Paz
en galego e castelán: contos e cantigas
O día 30 intentamos chamar pero non nos colleron o teléfono...
igual tiñan actividades especiais e non o ouviron.
Volveremos a chamar!!!!

15- O día 30 celebrámos o día da Paz e Xan prestounos un rato da súa clase para facer 2 xogos solidarios que facemos coa titora porque enriba o facemos millor, hai moito máis espacio... Graciñas Xan!
Fixemos o xogo dos bandos da Paz e o de soternos en cada vez menos espacios altos, téndonos que axudar moito!!!
 e despois xa fixemos a clase con Xan.
Miramos os murais da Paz que fixemos outros cursos.
Fixemos símbolos, estes son algúns...
pombas de diseño persoal e pombas de mans....

Tamén fixemos unha pomba coa man de Xan!!!

 Corazóns rotos e curados. feitos con Cris...

Do xogo das clases sociais.... debuxo dos que teñen
de todo tipo de material....
debuxos do xogo das clases sociais máis desfavorecidas
e abaixo debuxos sobre a paz feitos fora dese xogo.

Tamén fixemos frases, ademais das cantigas e todo o preparado para o programa de radio do día 28 dedicado enteiramente a este tema.
Nestas frases persoais ademais cada un e cada unha
escolleu o seu tipo de letra, tamaño e cor...
Ó final da mañá, e de sorpresa, soltamos 2 pombas mensaxeiras do pai de Antía G. que chegaron rapidiño de volta a casa...!


Despois cantámoslles ós familiares: que Canten os nenos... de despedida!

16- Pero no medio da mañá viñeron poñer : esta vez a wifi da Xunta!!!!! e outra vez disque quedou todo ben codificado como estaba pero logo non podímos ver Internet en 2 ordenadores.... e o proceso de novo ata que en días, todo volva a traballar normalmente... Martín, pai de Antía D. (que xa nos codificara o martes o proxector e ordenador para poder usalo) tivo que intentar  solucionar a posición do proxector que o concello colocou  pero que non está ben situado e vemos parte da imaxe por fora da pantalla... Mais non logrou arranxalo pois non tiña ferramentas adecuadas. Así son os sucesivos atrancos na nosa tarefa diaria...!!!!!!! A ver cando podemos usar a pizarra dixital a pleno rendimento!!!!!!

17- o día da Paz varias nenas-os máis lograron saltar ás lombas con soltura gracias a que Xeila e Alba fixeron de monitoras...
 18- Na última semá apareceu forzada a porta de fora, por dentro e por embaixo, e non sabemos como poido ser...!
19- como o antroido xa é a primeiros de febreiro fomos adiantando facendo colares de varios tipos, tambores africanos e "paus de chuvia"
Nas fotos estamos facendo colares de estrelas...

20- Uns pais de Vilaboa mandáronnos plantas de flores.
Nós transplantámolas en botes pero o día 30 só 4 porque non tíñamos máis botes na escola
Graciñas Vilaboa!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario