Este mes iniciouse a web do colexio en
https://www.edu.xunta.es/centros/cravaldovino/
á dereita picades en Actividades e dentro delas en Lago e aí temos a nosa presentación como escola dentro do centro, que tamén imos completando.
Desde o 27 de febreiro tamén temos fotos colgadas nesa mesma web, picando en Galerías e logo indo a Lago 2009-10 e sobre todo en Lago 2010-11.O xoves día 3 veu Hugo, está moi, moi crecido... El come e durme, Sabela e Dana teñen sorte porque non é chorón. Hugo sigue tan lindo e domilón como sempre... Sara
As pombas que nos deu Sita fixémolas coloreándolles as azas coas cores do arco da vella e quedaron moi bonitas e o día 3 levámolas a casa despois de cantar con elas as cantigas da PAZ que aprendimos ("Que canten os nenos...", "Viva a xente" e "Había unha vez... un mundo de Ben") ós familiares que viñeron a buscarnos. Alba
O venres día 4 fomos á obra de teatro de : "SR. Mundo, Dígame?" a Valdoviño. Eran moi simpáticos pero foi moi curta e tivemos que esperar a que nos viñeran a buscar. Xeila
Nós sempre temos que esperar ó bus e ese día tocounos esperar moito máis. Alba
En outono empezamos o mural das estacións
e agora está así. Mateo
O día 9 a avoa de Antía tróuxonos orellas de antroido. Estaban riquísimas. Xeila
Mariluz axúdanos un rato dos martes e mércores a que fagan as rutinas no ordenador as de 3 anos e os de 4. Sara
Nós escribimos moito no ordenador: recibimos e enviamos correos-e, escribimos no blogue e agora na web tamén e consultamos en Internet. Sara
Estamos pintando as xardiñeiras que nos trouxo Sabela a principio de curso, da súa terraza. No outono plantamos as plantas que tamén nos trouxo e agora imos pintar derriba figuras xeométricas. Xeila

O venres día 11 comimos plátanos e aproveitamos a facer os polbos coas peles como vimos no pps que nos enviou Gloria e que nos gustou tanto. Sara
O luns día 14 veu María, de Lugo, para ver como traballamos na nosa escola.Tróuxonos un lapis cuns muñequiños na punta de arriba que nos gustou moito, para cada un. Levámolos a casa todos contentos. Graciñas!!! Alba
Empezamos a facer as cousas de antroido. Este ano imos de pilotos de globos aerostáticos. Xeila
As nenas de 3 anos empezamos 1 cadro de tea. Candela e Yasmín
O día 16 veu Nuria a lernos os contos que trouxo Sabela de Cataluña. Ela tróuxonos unhas lambetadas caseiras feitas de froitas e xelatina con formas de canciños, estrelas e corazóns. Xeila
3 dos libros están en catalán e como Nuria é catalana poidemos saber como soa o catalán e vimos que o catálan ten palabras igual que en galego, por exemplo a palabra meu, ou familiar que tamén é igual que en castelán. Algunhas normas de escritura son diferentes ás nosas por exemplo para escribir nai poñen mare e din mara ou no conto do Caganer que se di Cagané. Sara
Contounos tamén a lenda do seu nome, Nuria, dun val dos Pirineos cataláns. Sara
Ata hoxe, neste curso, non falamos nada de Quique e da clase de Educación Física porque como damos esa clase no salón da asociación de veciños Sabela non nos ve e non nos pode sacar fotos pero onte, día 17, Sabela subeu e fixo fotos. Xeila
Pasámolo ben con Quique nesta clase porque nos movemos moito... Alba
Patricia tróuxonos un ovo de galo... Mónica veu esta foto no blogue e pensou que Sabela nos vendera unha broma, pero non era unha broma. Os galos poñen algún ovo na súa vida e son pequenos e sen xema, por iso nolo trouxo Paticia, para que o comprobáramos. Xeila
Estamos cosendo no chaleque. Candela e Yasmín
O venres 18 Sara e Alba fixeron golfiños e Xeila e máis eu, un canciño. Mateo
O luns 21 Quique contounos un conto pero con títeres.
Onte, martes día 21, empezamos o noso propio programa da radio, pero axudounos Iago. Chámase "Dalle que dalle nas ondas" en Radio Filispim e esta vez foi sobre a Educación para a PAZ. Xeila
Para min foi o primeiro día na radio porque en decembro, cando fomos ó programa de André, eu estaba enfermo. Gustoume moito. Mateo
Fotos de Mónica:


Eu ó sair da radio, estaba emocionada e ó chegar a casa fixen este debuxo para Sabela. ALBA
O mércores 23, veu por fin Antía que estivo enferma. YasmínNós xa estamos cos globos e ela aínda ten que empezar a retallar no chaleque... Candela
A min fáltame moito do traxe de Antroido. Antía

O día 24 fomos de excursión a Barallobre. Fomos cos da Carreira. Foi un día soleado.
Visitamos a lonxa e "Cesio" explicounos as ferramentas que usan para mariscar as ameixas e dixo que a variedade que cultivan, que lla trae a Xunta, non é das de equí e que se están acabando as nosas variedades...
Neste aparello clasifícanas por tamaños e as pequeniñas as volven ó mar e á area.
Esta é a depuradora, nela están 2 días. A auga que usan é a do mar pero pásana por raios ultravioleta que matan todas as bacterias que van na auga. A auga entra por grandes chorros para que xenere osíxeno para que respiren as ameixas. Tamén teñen un depósito con baterias que se alimentan das cacas e pises das ameixas...
Fora esperamos a que lle diran á Directora, copia dixital de fotos e un pps sobre o cultivo das ameixas. Moitas graciñas por todo!!! E xa nos fomos para a antiga estación de Barallobre onde nos esperaban para facer Educación Vial.
Explicáronnos como debemos circular de peóns e coa bicicleta. Xeila
Logo comimos e logo... Os cascos e os chaleques e...
A conducir e circular!!!!!
Nós non nos fixábamos dos sinais do chan e ás veces íamos por onde non debíamos pero os semáforos os respetábamos, eh!!!
Había varias cousas para montar... Pero ós de 3 anos nos levaron tamén, algún ratiño, de acompañantes...
Yasmín ía diante dos maiores da Carreira!!! Eses colleron os coches grandes e xa non os soltaron... Que sorte!!!
Eiquí falta a foto de Sabela levando nunha bici-carro a 2 nenas... Poñerémola cando a mande Cris.
Estas son as fotos do noso carnet de educación viaria.
Esta semá recibimos un envío da escola de Vixoi, do CRa de Bergondo, cun traballo sobre o Pandingueiro e un CD cunha presentación dos seus traballos sobre todo cara ós avós, demais maiores da zona e o Centro de Discapacitados de Bergondo, que os exalumnos coñeceron cando viñeron a facer unha obra de teatro a Valdoviño, hai varios anos...
Alicia e máis eles fan cousas moi interesantes que nos gustaron moito!!!
Nós tamén fixemos cousas sobre o Pandigueiro por iso este libriño nos gusta moito, Sara e Alba xa o levaron a casa pero os demais tamén o iremos levando.O CD tamén nos gustou moito por iso mandamos dende eiquí un bico para cada un de vos e un especial a avoa Rosario, por ensinarvos tantas cousas.
Os de Vixoi ó principio de curso tamén nos mandaron un traballo moi bonito que lle fixeron ós fillos de Viqueira, e o curso pasado nos mandaran outro traballo que lle adicaron a Viqueira porque ese escritor tiña o seu pazo ó lado da súa escola, e na guerra tivo que escapar e exiliarse.Graciñas por ser os nosos amigos!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario