Iníciase un novo curso e con el
o novo blogue vai ir a
"todo filispim"...
O día 22 rematouse o traslado de toda a parte da Escola de Lago que está dentro deste blogue do CRA:
para que así esteña todo xunto no novo blogue anque seguirá estando tamén no outro,
polo menos un tempo...
As clases empezaron o 12 de setembro!!!
Canto traballo para lograr unha foto na que nos vexamos todos! Estas fotos foron as millores pero... temos que lograr unha millor para que esteñamos todos moi ben!!!!!
Así estaba a horta o primeiro día de escola: coa cabaceira, os pementos...e os tomates cherris
A cabaza xa está crecidiña e recollimos agora todos estes pementos, no verán xa recolleran 9 entre Gabriel e Ana.
Por fin imos ter algún estante novo para ter as cousas millor ordenadas, pero houbo que montalos... e as familias estiveron dispostas!
Graciñas mil !!!
O xoves 13, o xoves 20 e o xoves 27, pola tarde,
fixemos estupendas saídas coas
familias,`podedes mirar en:
O luns día 24 non poidemos facer o noso programa de radio porque houbo unha tan grande subida de tensión eléctrica
que queimou o disco duro do ordenador.
Neste mes fomos facendo debuxos de ceras:
de simetrías aproveitando retallos do curso pasado...
Desde o primeiro dia de escola recollimos castañas no parque. algún día nolas preparou Sabela en zonchos e 1 día asámolas. Moitas as gardamos para o colar de Tódolos Santos.
As de 3 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario