Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´ 40.81" N
8º 09´ 44.40" O
00 - O Meco Paco-2016, que é un pillo, non sabe como poñerse para explicar
por que nos está roubando
os legumes
ós nenos e nenas!!!
-------------------------
Nesta entrada temos:
00- o meco
00- o meco
0- saquetos de legumes dentro da comparsa dos labregos
1-mandados do Meco
2- carautas para xogar
froita e berzas deshidratadas
froita e berzas deshidratadas
3- preparación final do Antroido
fichas de legumes, os 2 logotipos feitos por cada un,etc
e novo logotipo feito posteriormente...
fichas de legumes, os 2 logotipos feitos por cada un,etc
e novo logotipo feito posteriormente...
4- o día 5 celebrouse o Antroido, preparámonos na escola
5- celebrámolo coas escolas do CRA no local da AVV de Meirás
Os de Vilarrube foron de prato de lentellas.
Os de Taraza de chícharos.
e a nosa comparsa era da cooperativa de labregos-as produtores de legumes "Eslaval" (Escola de Lago, Valdoviño), os lobregos-as eran os familiares e profe e os nenos e nenas os sacos de variedades de legumes que cultivaron eses cooperativistas.
(sin subir parte do nº 5)
As fotos de Eduardo
Os debuxos sobre o Antroido
As fotos de Eduardo
Os debuxos sobre o Antroido
6- letras das cantigas da comparsa de Lago
7- o día 12 fomos a Santiago a celebrar o día Mundial da Radio,
na Facultade das Ciencias da Información, Xornalismo.
e pola tarde visitamos a Cidade da Cultura.
debuxos da excursión e problemas a conta do Día M. da Radio
8- semá do 15 ó 19
debuxos e problemas sobre a saída do día 12
seguimos rematando traballos sobre a paz e o antroido:
debuxos amistosos
xogo sobre as desigualdades sociais
problemas e gramática relacionados co tema da paz.
O venres fixemos a queima do meco
e logo debuxos
o concello fixo amaños
plástica con gominolas
para comer froita, e chaolas e queique de laranxa das nais.
9- Semá do 22 a 26:
na clase de relixión, retallando e Miguel con Alba
O día 24 traballamos sobre Rosalía de Castro
A bisavoa Madalena cumpre 92 anos o día 27!
10- A mesa de cultivo e a horta, este mes
11- día 29 na horta
xogo de antroido: galo de Cobres
7- o día 12 fomos a Santiago a celebrar o día Mundial da Radio,
na Facultade das Ciencias da Información, Xornalismo.
e pola tarde visitamos a Cidade da Cultura.
debuxos da excursión e problemas a conta do Día M. da Radio
8- semá do 15 ó 19
debuxos e problemas sobre a saída do día 12
seguimos rematando traballos sobre a paz e o antroido:
debuxos amistosos
xogo sobre as desigualdades sociais
problemas e gramática relacionados co tema da paz.
O venres fixemos a queima do meco
e logo debuxos
o concello fixo amaños
plástica con gominolas
para comer froita, e chaolas e queique de laranxa das nais.
9- Semá do 22 a 26:
na clase de relixión, retallando e Miguel con Alba
O día 24 traballamos sobre Rosalía de Castro
A bisavoa Madalena cumpre 92 anos o día 27!
10- A mesa de cultivo e a horta, este mes
11- día 29 na horta
xogo de antroido: galo de Cobres
......................................................................
1- Toda a semá tivemos que cumprir cos mandados do Meco so pena de penalización... como lles pasou a 3 o luns...
Este ano os mandados non os puxo o CRA, cada aula decideu os seus. Na nosa escola os 2 primiros días os decidiron os pais coa profe e os dos 2 últimos os nenos-as coa profe.
a- algo na cabeza
b- + algo no pescozo o 2º día
c- + pixama o 3º día
d- + un calzado diferente en cada pé o 4º día
E ó final estábamos como puras mascaritas e choqueiros...
2- Durante a semá preparamos carautas e antefaces para levar a casa. Algunhas quedaron para rematar á volta!!!
O mesmo que a queima do meco etc...
Nesta semá Lola tróuxonos froita caseira e berza deshidratada (a maioría gustounis moito), ademais de mercarnos outra froita
3- Preparación final do Antroido.
Fomos rematando as follas plastificadas coas variedades de legumes que cada quen escolleu. Faltan algúns dos traballos por subir.
As fabas son os de 4 anos
os chícharos os de 3 anos, estes 2 pés con flor, e as sementes, nolos diron os avós de Jimena, que nós non tíñamos. Graciñas!!!
Desde cando sementamos os primeiros legumes sementamos soia pero non saíu, polo menos todavía e seguimos sementando... A última hora Montxo non tivo máis remedio que preparar esta falla así,
sen a pranta nosa.
E así a levou na festa do Antroido
Preparamos cartoliñas para base dos logotipos que fixemos
Pegamos os logotipos de legumes pegadas nunha das cartoliñas
e na outra pegamos os logotipos-mandalas que coloreamos.
Despois, como para o día do pai sacáronse as mandalas de legumes para montar con elas un cadro de agasallo, durante os meses seguintes foron diseñando
un novo logotipo para poñer no seu lugar:
4- O día 5 celebramos o Antroido, preparámonos na escola!
este 1º mosaico está feito con fotos de Carmen Vega
mentres nos preparábamos.
5- Co resto das escolas do CRA
celebrámolo en Meirás
Lago con sacos de legumes
Taraza con chícharos
e Vilarrube con pratos de lentellas
Nós éramos a comparsa da cooperativa de labregos-as produtores de legumes "Eslaval" (Escola de Lago, Valdoviño), os labregos eran os familiares e profe e os nenos e nenas os sacos de variedades de legumes que cultivaron eses cooperativistas.
Cada neno-a creou 1 logotipo feito con legumes a xeito de mandala
para poñer no saco de cada produtor
e o nome do produtor era o anagrama
que elixeu dos sacados do seu propio nome.
Como o logotipo cos legumes era moi pesado para estar todo o tempo con el colgado, fixeron outro, tamén de mandala, pero coloreado
e este ía colgado por atrais mentras diante levaban a planta natural plastificada coas semente e fotos das flores.
No momento da actuación por riba do 2º logotipo feito
púxose o dos legumes e ó finalizar este soltouse,
para deixar máis lixeiros ós nenos-as.
Na diadema puxeron a súa variedade de legume
e fíos de plantas naturais a xeito de palla que seca os legumes.
Así con esta comparsa ademais de traballar sobre os legumes houbo que sementar, coidar e estudar as plantas, plastificar, escribir moito, crear un logotipo cun precioso traballo plástico con variedades de legumes e outro coloreando, formar anagramas, coser no saco, atar
traballar sobre os traballos produtivos e de servicios,
sobre as empresas e as cooperativas, etc...
Tivemos 2 cantigas con moitas estrofas cada unha sobre os legumes, fixemos maracas usando legumes , tivemos que movernos moito....
Un traballo de moitos e divertidos aspectos!!!
Despois das actuacións houbo ricos doces de antroido que levaron as familias:Vilarrube levou freixós, Taraza orellas e Lago torradas e todas as escolas rosquillas de antroido, bebida quente, etc.
Despois houbo piñatas!!!!
E como non choveu tamén houbo saída a xogar fora...
As preciosas fotos de Eduardo chegaron....
E cantas nos fixo!
E cantas nos fixo!
6- As cantigas da comparsa de Lago
a 1ª cantiga
(variantes con leguminosas, da cantiga "Meu caldo, meu grelo")
-Meu caldo, meu grelo,
porrompompom pon pón
Sinto
un gran pracer en-comelo, porrompompom pon pón
Nada
hai máis rico que o caldo,
que o
caldo do grelo do grelo do nabo… (bis)
Hai moitos tipos de
caldo-galego, porrompompom pon pón
Ese
caldo que é o centro da nosa cociña, porrompompom pon pón
Faise
de nabizas, grelos e nabicol (bis)
de
repolo, de melón e tamén de castañas.
O caldo leva moi-tas
fabas porrompompom
pon pón
e as
fabas dan ener xía porrompompom pon pón
porque
as fabas son legumes (bis)
de
moita categoría.
As fabas proceden-de
América porrompompom pon pón
O
mesmo que os ca cahuetes porromponpom pon pón
Alí as
fabas chámanse feixóns-Alí as fabas chámanse “frijoles”
E son
un importante alimento.
En Nicaragua toman
moito-“Galo pinto” porrompompom pon pón
Usando
fabas pintas con-arrooz,
porrompompom pon pón
Porque
os legumes con arroz (bis)
Combinan
ben e se potencian.
Os garavanzos no-cocido porrompompom pon pón
E no
lacón con grelos-están moi bons porrompompom pon pón
Ai que
ricos están nos callos (bis)
E
tamén na potaxe son moi sanos…
As lentellas proceden-de
oriente porrompompom pon pón
O
mesmiño que -a soia porrompompom pon pón
E como
tódolos legumes (bis)
Hai
milenios que se cultivan.
Os chícharos son ex-quisitos porrompompom pon pón
Ben
cociñados coon-peixe
porrompompom pon pón
Porque
son legumes verdes (bis)
Igual
que as xudías e tirabeques.
En Galicia cul-tivamos porrompompom pon pón
Uns
cantos ricos-legumes porrompompom pon pón
As
secas fabas, os verdes chícharos (bis)
As
xudías e tirabeques.
Os legumes hainos -multicolores, porrompompom pon pón
Hai
variedades de todo-tipo, porromponpom pon pón
Por
iso nós fixemos (bis)
coas
súas sementes estes logotipos…
Os legumes alimentan-moito, moito porrompompom pon pón
Pero
dan fla-tulencia porrompompom pon pón
I é
que producen algúns gases (bis)
Que camiñan polas tripas
Para evitar este-problema prrrr!!porrompompom pon pón
Que é
comprometido e ás veces-oloroso prrrr!!! porrompompom pon pón
Cociñanse
con cominos e fiuncho (bis)
En
modo máis ben xeneroso.
Comamos Moitos
Legumes!!!!
Comamos Moitos Legumes!!!!
Comamos Moitos Legumes!!!!
Comamos Moitos Legumes!!!!
A 2ª cantiga
con variantes con leguminosas da cantiga do mercado e a formiga
-Fun ó
mercado vender soia e veu unha formiguiña
a
picarme na coxa .
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó mercado vender fabas e
veu unha formiguiña
a picarme nas cachas.
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender chícharo e
veu unha formiguiña
a
entrarme
no fígado
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender garavanzos e
veu unha formiguiña
a picarme
nos brazos.
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender altramuces e
e veu unha formiguiña
a tirarme de "bruces".
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender alfalfa e veu unha formiguiña
a picarme na cara.
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender xudías e veu unha formiguiña
a
picarme nas encías.
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender cacahuetes e
veu unha formiguiña
a picarme nos dentes.
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado vender, lentellas e veu unha formiguiña
a
picarme nas orellas.
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir.
Fun ó
mercado cos meus legumes
e unha condenada formiga
Subeuseme
ata “a cacorrochiña”
Eu
sacudín, sacudín, sacudín mais a formiguiña non paraba de subir...
7- O día 12 celebramos o Día Mundial da Radio
na facultade de Xornalismo de Santiago.
Nada máis chegar nos recibeu Iria a nosa madriña na gala e ela e o profesor Neira nos levaron a ver un dos estudios de radio da facultade e despois Neira nos levou a ver un plató de TV onde algúns dos maiores fixeron unha "proba"
Despois asitimos á gala e Montxo e Marta nos representaron nas actuacións pero logo poidemos subir todos-as
Estas son algunhas das 1ªs fotos que subiron os de Campus Culturae.
Os nosos teñen un pequeno símbolo, círculo laranxa,
para situarnos, nas fotos, entre tanta xente.
De todos xeitos éramos a escola con nenos-as máis pequenos
e que levábamos familiares, nais-pais e 1 avó.
Volvimos gañar outro curso de radio así que faremos 2 moi pronto.
Despois comimos no bar da facultade e logo fomos
visitar o Cidade da Cultura,
este 1º mosaico está feito con fotos de Carmen Vega
no que ó final do mosaico vemos cando chegamos ó Gaiás
como choviscaba non fixemos case fotos fora, estas son de Internet.
"O proxecto de Eisenman crea un novo cumio no monte Gaiás. Trátase dunha codia pétrea que quere lembrar un pregamento xeolóxico dividido por cortes naturais que evocan o motivo da vieira. O complexo proxectado sobre o Gaiás pretende transmitir a sensación de que se funde co terreo como se estivese tallado nel, configurando unha masa pétrea na que urbanismo de figura/figura no que os edificios e a topografía son un todo.
A proposta de Eisenman constitúe unha acrópole cultural nun outeiro que convoca a peregrinos do coñecemento. Nos seus espazos, a Cidade da Cultura acollerá servizos e actividades destinados á preservación do patrimonio e da memoria, ao estudo, a investigación, a experimentación, a produción e a difusión nos ámbitos das letras e o pensamento, a música, o teatro, a danza, o cine, as artes visuais, a creación audiovisual e a comunicación."
Alí vimos a exposición de fotos de José Suárez,
que foi de Allariz coma o pai de Jimena...
Resultounos moi interesante sobre todo ver 3 das súas fotos en 3 dimensións, mirando por 2 furadiños
e o logran poñendo 2 fotos iguais, ó lado unha da outra...
3 fotos de J. Suárez da exposición "Uns ollos vivos que pensan"
pero sen mirarnos directamente!
Despois os nenos-as foron ver revelar unha foto, sempre guiados por Lorena que nos explicou moi ben todo...
Vimos como pasa a foto ó papel desde o cliché, logo pasalo polo líquido de revelado, logo polo de "paro" estes 3 pasos con luz vermella e logo polo de fixación e despois pola auga... e a secar!
Nunha estancia con asentos moi molóns nos que disfrutaron moito!!!
Alí revelamos esta foto da Cidade da Cultura
ver aparecer a foto no papel foi como se fora maxia ...
e logo a experimentar cunha caixa negra mentres os familiares foron ver a arquitectura da Cidade da Cultura.
A caixa negra nola regalaron para a escola. Graciñas!!
E despois de merendar no bar, volvimos.... e xa chovía algo máis.
Coma sempre no bus cantamos, bromeamos e xogamos...
Debuxos da excursión
No monte Gaiás
cálculo vivo: problemas a conta do Día da Radio
8- Semá do 15 ó 19
Nesta semá completamos o traballo sobre a Paz e o antroido
no da paz 1º fixéronse debuxos a compañeiros reflexionando como facer para que todos tiveran polo menos un debuxo.
Decideuse elexir pero sempre tendo en conta iso e estableceuse un orde: de pequenos a maiores pois case sempre o fan ó revés.
Estes son algúns dos debuxos que empezaron na casa
e completaron na escola
Logo, ante os debuxos reflesionamos sobre o esforzo que cada un puxo no debuxo e plantexamos facer outro xa totalmente libre, absolutamente a quen se quixera, así se entregarían todos o venres e todos recibirían polo menos 1 debuxo e todos farían polo menos 1 a quen realmente quixeran.
Tamén se fixeron na casa e se remataron na escola.
Volveuse a reflexionar sobre o traballo feito.
Desta segunda tanda houbo 2 nenas que recibiron varios (unha 2 e outra 3) e outros nada, claro. Algúns coincidiron: un a outro e o outro a un e algún llo fixo ó mesmo que xa lle fixera na primeira vez porque xa o primeiro día lle coíncideu en elexir a quen quería realmente e prefireu volver a facerlle que facerlle a outro. Cando se entregaron o venres todos os debuxos, todo o mundo tiña garantizado recibir polo menos un debuxo.
Algúns dos debuxos elexidos totalmente:
reflexionando sobre eles vese por exemplo que 1 fixo unha serea a outra que é o que máis lle gusta ver e debuxar a esa outra, as de 3 anos fixeron corazóns e flores, e algúns de 4 tamén, algúns fixeron algo máis esmerado que a vez anterior, agora para o seu amigo-a.
E unha, as 2 veces o fixo moi traballado sendo á mesma nena a quen llo facía, a súa millor amiga.
Entre medias das 2 quendas de debuxos amistosos o xoves fixemos un xogo con Óscar, que xa nos ensinara hai anos nesta escola, para entender a inxusticia das desigualdades sociais.
Por un lado uns pouquiños (na proporción de 13 só tocou 1) moi, moi privilixiados (viven alleos e con todos os medios), un grupo máis numeroso con certos medios, pero non tanto, e o máis numeroso, os máis desfavorecidos...
Na clase a representante dos ricos tiña sobrante case todo, podía escoller enttre todo o material da escola, todo ó seu alcance e con toda a atención: o que quería se lle traía....Un grupo de 4 nenos representou á situación dos que están nunha situación intermedia con menos espacio, pero suficiente, e con material reducido pero minimamente aceptable e 1 folio branco.
8 nenos-as representaron ós máis desfavorecidos, non tiñan case espacio, media folla e pouquisísimo material para pintar,
tiñan que compartir...
Cada un fixo un debuxo e o tempo para facelo o marcou a que tiña de todo. logo mirándoos fixemos reflexións!!!
Debuxos do 1º e 2º grupo O tempo para realizalos o marcou o 1º grupo que era unha soa nena de 1º de EXB,
pola proporción que se podía facer cos 13.
No 2º e 3º grupo había nenos pequenos e maiores en cada un.
Debuxos do 3º grupo. O de 5 anos revelouse como o razanador, foi quen espontaneamente intentou reflexar no seu debuxo, según nos explicou ó final, detalles curiosos mostrando aspectos que afectan ós 2 bloques máis fortes: non ter privilexios e telos, de esquerda a dereita. Algunhas cousas non se perciben por estar en amarelo pois ese grupo non tiña apenas con que pintar e tivo que debuxar cousas con amarelo porque nese intre as outras cores as tiñan os demais. Así non se perciben as figuras que hai no castelo verde (o rei, a raíña e os pobres), nin se ve claro parte do outroo castelo (diante ten 1 piscina)
nin as figuras a cabalo da dereita
os problemas feitos e gramática, relacionados co tema da paz
Non poidemos empezar a facer o meco ata o día 11
e seguimos do 15 en diante
Logo, polo tempo, non poidemos queimalo ata o venres. Fixémolo a última hora por non desaproveitar o apoio de Benxa durante a mañá.
Co meco Paco, ladrón de legumes "fabón, lentellón, garavanzón, alfalfón, chicharón, altramuzón, cacahuetón...
despedimos o antroido "Ata o ano que ven..."
Quédannos por facer a saída do oso e o galo de Cobres , etc
que faremos a semá que ven
Meco furtivo que rouba nas hortas
ou Meco labrego que usa a química
para sacar moitos máis cartos,
ou Meco Taco, Meco Caco,
ou Meco Paco ladrón dos legumes da horta dos nenos e nenas.
e para decille, entre:
Meco mecón, meco mequiño
protéxenos dos furtivos.
Meco mequiño, meco mecón
protéxenos dos ladróns.
Meco mequiño, meco mecón
vas ó lume para darnos protección.
(a queima do meco é tamén 1 ritual ancestral de búsqueda de protección)
Furtivo dos nosos legumes, máis que ladronazo!
Que nós as cultivamos dobrando o espiñazo…!
Dóbrao ti coma nós
e teralos tamén a montóns!!
Pero cantouse:
Meco, mequiño, Meco mecón
vas o lume por ser ladrón.
Despois de despedilo cantando ó redor, os familiares que chegaron a recoller os nenos-as, chegaron a tempo de saltala (antes Sabela pasou polo aire a cada neno-a, menos a Alba que non quixo,anque non temos fotos desta parte)
Os familiares que foron chegando saltaron todos, ata Tete saltou!!!
debuxos da queima do meco
de infantil
O día 18 veu Vicente tamén e amañou na pechadura, que non funcionaba ben, e a falar doutras cousas pendentes.
Cando fomos a ver o faro viñera con nós Inés, unha profe vasca que veu visitarnos (a que lle ensinara hai moitos anos, a lenda e cantiga do Olentzero a Sabela) e sen ter tempo de pensalo e buscar outra cousa tróuxonos gominolas e cando as veu Sabela,
que quere facer unha escola con educación para a saúde...
díxolle: ben, pero gardáremolas
e usarémolas para facer un traballo plástico.
E Inés, que rapidamente entendeu a razón dixo: Estupendo!
E aínda nesta semá empezamos a usalas.
Van pegadas e barnizadas con pegamento para que non se deterioren
nin se poidan comer.
Estes coloridos traballos xa se levaron este venres:
de Gael, Lía, Jimena, Marta, Elena, Montxo e Antía
de Lucía, Tania, Mateo, Ainara, Alba e Mauro:
para agasallar
(Fóronse entregando entrando marzo)
Esta semá a nai de Lía mandounos chaolas, postre tradicional de antroido en Cariño (como o ano pasado: estaban riquísimas!!! Graciñas Carmen) , tivemos aínda das ricas mandarinas que nos trae, dunha horta que ten en Vigo, o avó Angel e o xoves Jimena tróuxonos un riquísimo queique de laranxa que fixo ela coa súa nai. Gustou moito a todos-as!!!
Ademais tivemos mazás das que nos merca Lola e aínda rematamos agora as berzas deshidratadas que nos quedaban, das que nos trouxera a probar a primeiros de mes.
Gustaron moito á maioria!!
9- na semá do 22 ó 26
A clase de relixión, retallando. e Miguel con Alba!
O venres tamén felicitamos por tf (en posición de mans abertas) á bisavoa Madalena porque o sábado cumplía 92 anos.
Como fixemos estes últimos anos sorprendímola cantándolle
"Las mañanitas" completa, "Cumpreanos feliz" e "Parabens para ti..."
Contounos que se atopa moi ben e nós aledámonos moito.
Feliz cumpreanos Madalena e que cumpras moitos anos, así de ben!
O día 24 traballamos sobre Rosalía de Castro: vimos vídeos, fotos, libros e
aprendimos:
Airiños airiños, aires,
airiños da miña terra.
Airiños airiños, aires
airiños levaime a ela.
E ademais fixemos cálculo vivo con datos dela.
10- A horta este mes:
Na mesa de cultivo sementárase o 19 de xaneiro
As fabas lobas ou altramuces foron saíndo
Os garavanzos tamén
e os chícharos ou ervellas (sementados uns días despois que o resto.)
lentellas do día 19 de xameiro (sairon menos e medran máis lento que os legumes sementados na terra, na segunda semá de novembro)
pero sigue sen saír a soia!!!!
E na terra aínda temos garavanzos dos pequeniños e nabizas sementados na 2ª semá de novembro.
Do sementado nesa data queda pouco porque arrincamos moitos pés de fabas, lentellas e garavanzos para plastificalos para o traballo dos legumes para o taxe de antroido,
e ademais, en xaneiro, un vendaval acabou con moitos pés,
e mesmo que rompeu o noso pequeno invernadeiro...
(As nabizas non están rareadas, aínda!! e apenas medran).
Tampouco estaba abonada a terra (non usamos abonos químicos) porque non nos aparece unha caixa de abono de galiña,
mercada, que tíñamos...
Xa tivemos todo o mes flores de bulbos de fresia!
11- Día 29
hoxe probamos uns pétalos de caléndula,
que son comestibles, sendo de xardín ecolóxico.
Apareceu unha planta de faba loba rota...!
Hoxe estivemos vendo vídeos da mascarada do Oso de Salcedo e do antroido de Cobres e no recreo por fin xogamos,
este ano, ó galo de Cobres.
Sabela parabéns polo premio.(gran traballo cos pequenos)
ResponderEliminarQue sorte os que foron.
Fixeronse cousas moi interesantes.