Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
43º 35´ 40.81" N
8º 09´ 44.40" O
0- Cos do CRA, diante da Casa das Ciencias, en Coruña
43º 35´ 40.81" N
8º 09´ 44.40" O
0- Cos do CRA, diante da Casa das Ciencias, en Coruña
Nesta entrada temos:
0- foto de grupo con todo o CRA o día 16 en Coruña
1- ovos do Coello de Pascua (tradición centroeuropea)
2- debuxos das vacacións
3- viñeron de novo de R a ampliar a conexión4- estreamos o novo areeiro
5- xogo dos tesouros e novos aspectos cos maiores
6-o roscón de Pascua-España, e a Campá de Pascua (tradición francesa) esta semá
7- Empezamos coa cría das eirugas da seda
8- Este mes será mes do libro, relatos e poesías e xa empezamos
9- exemplos de fichas de lectura
10- flores e chícharos na horta. Xa naceron Xoana!!!
11- varios desta ´1º semá: catxita maia, final dun experimento con auga do mar, facendo furados en lata.
12- Excursión a Coruña o día 16
13-as eirugas o día 16
14-o día da nai (sen subir)
15-
16-
17-
18-
19-
20-
21- ata o día 16 en que se
accidentou Sabela na excursión de Coruña
6-o roscón de Pascua-España, e a Campá de Pascua (tradición francesa) esta semá
7- Empezamos coa cría das eirugas da seda
8- Este mes será mes do libro, relatos e poesías e xa empezamos
9- exemplos de fichas de lectura
10- flores e chícharos na horta. Xa naceron Xoana!!!
11- varios desta ´1º semá: catxita maia, final dun experimento con auga do mar, facendo furados en lata.
12- Excursión a Coruña o día 16
13-as eirugas o día 16
14-o día da nai (sen subir)
15-
16-
17-
18-
19-
20-
21- ata o día 16 en que se
accidentou Sabela na excursión de Coruña
................................................................................................
............................... .............1- O día 6 a primeira hora xa buscamos os ovos do Coello de Pascua!!!
2- Debuxos das vacacións
3- Viñeron de R poñer una conexión máis completa
4- Estreamos moi ledos o novo areeiro...
5- Os maiores, o martes xa seguimos con outros aspectos do xogo dos tesouros. As palabras-tesouro dividímolas en verbos e nomes, buscamos as familias e os campos semánticos, escollimos palabras e creamos cada un o seu conto.
6- O mércores día 7 tivemos o noso roscón de Pascua pero o xoves deixounos, campá que mandamos a Roma, oviños (repartímolos e tocáronnos a 4 cada un e sobraron 2, xa faremos as contas para saber cantos trouxo) e queixo francés que colleu ó pasar por Francia pois non quixo ir sobrevoando o mar porque se caía iríase ó fondo xa que é de metal e o venres deixounos galletas integrais italianas, con arandos vermellos
tocáronnos a 2 e media e sobraron 3 e media para os máis comilóns e tamén faremos as contas para saber cantas trouxo, entón.
Pero aínda trouxo máis cousas coas que nos sorprenderá
a semá que ven...
Trouco boliños e tortas ao pasar polo norde de España
cos que tamén fixemos repartos.
7- Esta semá poidemos, por fin, conseguir folliñas de moreira porque coa calor xa estaban nacendo as eirugas e morrían sen comida.
Estas son as nacidas desde o luns á tardiña.
8- Este mes será o mes do libro, dos relatos e poesías.
Desenvolverémolo en moitos aspectos e un deles é que cada un veña compartir un libro, unha historia, ou o que seña, que lle guste moito e que teña na familia.
A primeira en estrear este aspecto foi Lía que nos trouxo un precioso libro sonoro que ata hai pouco non lle gustaba nada porque lle ausutaba o "Muuu" da vaca, pero que xa lle gusta moito.
Yasmín e a nai cantáronnos unha amorosa historia que saben na súa familia e logo Yasmín leunos un seu conto que ela aprecia desde moi pequeniña. Montxo leunos outro precioso conto que lles gusta moito tanto a el coma a súa nai. Ademais tamén leu para todos Marta, foi un dos libros da escola que xa levan un tempo lendo os de 5 anos ós demais compañeiros e que forma parte do que xa se estaba a facer e que tamén se vai seguir facendo.
Vimos varios de América e galegos e tamén en libro.
do conto do quiquirincho
9- Exemplos de fichas de libros lidos polas de 2º,
en Nadal e Semana Santa
de 1º e 2º
10- Esta semá florearon máis plantas de bulbo e naceron os chícharos
que se plantaron con Xoana, a quen botamos de menos!!!
11- Está semá Yasmín tróuxonos a ensinar a súa "catxita"; a auga do mar que nos trouxera xa está evaporada e quedou o sal!!!
Empezamos unha sorpresa furando latas por embaixo...
12- O día 16 fomos de excursión á Casa das Ciencias de Coruña, con todos os do CRA: vimos experimentos moi interesantes e o planetario...
algúns debuxos da escursión
14- as cousas preparadas para o día da nai
Todo estaba a medio facer (mesmo algo xa estaba rematado con Sabela) pero logo co accidente foi un lío e só foron rematando algo con Mariana e Marcos. Case non hai fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario