sábado, 22 de septiembre de 2012

Traslado: ESCOLA DE LAGO_SEMÁ DA CIENCIA EN GALEGO-NOVEMBRO 2011

IREMOS COMENTANDO POUCO A POUCO.
AUMENTAMOS FOTOS POLO FINAL... Ollo!!!!!
Tamén ver en: http://www.cienciaengalego.org/drupal6/ , eiquí temos varias entradas, e fotos na galería.O día 3 fixemos moitos experimentos acompañados de Mónica que tamén se encargou de facer fotos:



Algúns vistos máis de perto...


Pola tarde fixemos máis pero as fotos malográronse...
O día 4 seguimos co tema


Unímonos a outros centros para alumaer ás 12 h...
e seguimos mentras comimos...
Experimentamos o fluido "non newtoniano" de novo.
O DÍA 7 comprobamos como estaba o ovo que puxemos en vinagre o día 3, a súa cáscara é como unha tea... volvimos a poñer outro ovo para deixalo máis tempo aínda.
Algúns experimentos con velas e auga... etc.

Experimentos con efectos contrarios...
O día 8 fixemos transformacións na cociña facendo un bretzel de San Martiño (tradición alemana que nos ofreceu Stefanie)... O lévedo fai levedar, o calor do forno coce e doura e se coces de máis se queima, ollo!!!
No intermedio mestúranse e amásanse os ingredientes. Esta vez son Metemedos, do Samaín aínda, os que fan os Bretzels baixo a dirección de Stefanie.
Denantes de ir ó forno hai que barnizalos con ovo e finalmente os Metemedos os comemos o día 8 e día 9.
Como Estefanía nos trouxo tamén mazás, o día 9 fixemos un postre que nos propuxo ela, aínda que ela xa non estaba: mazás troceadiñas polas maiores con canela e galletas de avea desfeitas polas medianas, e ó forno...! Outra transformación diferente. Para que non se oxide a mazá un pouco de pingas de limón e tamén se lle pode poñer un pouco de aceite para que aglutine mellor...
Graciñas Estefanía todo estaba boísimo!!!!
O día 8 mentras levedaba e cocía o bretzel empezamos os farois persoais, ó estilo alemán, guiados por Stefanie Pasterkamp que hai 2 cursos tamén nos guiou para facer o ramo de Pascua estilo alemán..
Rematámolos o día 10, falta o de Yasmín que estivo enferma e non veu ata o venres. Polo San Martiño en Centroeuropa fan procesións de farois pois a luz solar xa é claramente pouca e como di a cantiga: Farol, farol (bis) /estrela, lúa e sol/ apágase a luz (bis)/ menos a do meu farol/ Eu vou co meu farol / o meu farol conmigo/ brillan as estrelas e tamén brillamos nós.
As crenzas precristiáns que provocaban os trocos de tempo que levaban hacia a dureza do inverno, están cubertas polas crenzas cristián sobre San Martiño que reparte a súa capa cun home cheo de frío. A procesión dos farois (os máis tradicionais adornados con estrelas, sol e lúa) remata cunha gran fogueira e ós participantes se lles agasalla un bretzel. http://www.youtube.com/watch?v=pEkdABUs7OM&feature=related
Os farois teñen que ver coa luz e o lume tema que estamos a traballar pero facéndoos fixemos aprendizaxes como o de ver como se pode cortar un aramio facendo xiros dobrándoo sobre un punto, pois para colgar os farois persoais usamos aramios.
O sol, a luz, a noite e o día, o calor e o frio dan moito para motivar...
Tamén chegaron cocidos os farois de cerámica que fixemos hai tempo e estreámolos todos.
Estes son os novos farois feitos en equipo: o lume, o Apalpador e a castañeira, con 2 lados de visión.
Fixemos equilibrios...
e outros experimentos... logramos facer xirar un DVD coa axuda dun globo!
O día 11, no Magosto do CRA asamos algunhas castañas con lume de verdade (nós xa asáramos na escola cun forno) e fomos pasando os grupos de nenos e nenas para ver como se asan. Para facelo Pilar Taboada levou un asador antergo e Sita Glez fixo de Castañeira, graciñas ás dúas mestras!!!!.
Día 16, pesar o maínzo de Alba debaghado na escola, por quilos na pesa e o total con romana, ademais de sopesar... Eran 5 kg e 325 gr. Logo fixemos equilibrios e series cos carozos... O día 17 outros novos experimentos ademais de repetir algúns... Os globos atrae pelos!!!
Atravesar un globo cunha agulla de metal...
Meter un globo dentro da botella onde hai auga moi quente, poñendo a boca da botella baixo a auga fría...

Traslado: ESCOLA DE LAGO_OUTUBRO 2011


OLA!!! ESTA É A FOTO DE ENTRADA! EN OUTUBRO tamén iremos subindo as fotos, e comentándoas, pouco a pouco, mentras tamén imos rematando as entradas de DECEMBRO, XANEIRO, FEBREIRO, MARZO, ABRIL, MAIO, AS 2 DE XUÑO, XULLO-AGOSTO E SETEMBRO, delas aínda faltan fotos e comentarios... Recordade que ver a primeira foto de inicio sempre, neste blogue, non quere decir que non fóramos poñendo máis cousas novas pois nós colocamos por detrás o que sucedeu despois... dentro dunha mesma Entrada. Eso sí, as Entradas máis recentes están por diante das máis antergas. Pero dentro de cada Entrada hai a secuencia temporal da sucesión de feitos para relelo os nenos-as despois de días e que lles axude a manter as lembranzas no tempo e no seu orde. O día 3 fixemos castañas asadas... e dubuxo ó natural... O día 4 Cris púxonos unha cantiga na pizarra dixital e nós colocamos os silencios e sons. Ese día comimos un acio moi grande de uvas. Ó final levamos para casa os nenos que fixemos con Cris, xa hai días. Antía O día 5 fomos á praia e xogamos moito... Pasámolo moi ben! Fixemos moitas cousas. Candela Non ía vento e non poidemos voar os papaventos grandes. Yasmín Pero poidemos voar o tetraedro da escola que fixeron o ano pasado e que a min me gustou moito cando o voei. Sabela Graña Cando chegamos á praia fixemos moitas cousas mentres Xan e Martín preparaban os papaventos. Gabriel Para ir e volver fomos polo paseo marítimo e na praia recollimos algas, para fabricar xabón de algas, tamén recollimos lixo para contribuir a ter limpa a praia. Sara O día 6 visitamos 1 mámoa no monte, en Narón, e logo fomos a Aldea Nova. Candela tiña 1 grilo que tivo na casa 2 días, e aproveitou a deixalo no monte, na mámoa. Alba En Aldea Nova, Sedes, NARÓN, fixeron unha mámoa pequena para que os nenos e nenas saiban o que é unha mámoa. MateoEn Aldea Nova tamén hai unha reproducción dun castro con pallozas pequenas redondas, de antes da chegada dos romanos, e con esquinas redondeadas, de despois da chegada dos romanos, o muro defensivo... e xogamos a ser celtas e romanos e pasámolo moi ben. Xeila Vimos un reloxio solar e unha casa tradicional galega, na cabana merendamos, mentas orballaba, e logo debagamos mainzo, collido do hórreo, para llevarlle ás ovellas. Sabela Graña No baixo da casa está a cociña, e tamén a corte das vacas e o cuarto das ferramentas. Sabela Graña No sobrado, están os cuartos e a subida ó fallado. Nesta casa no sobrado e onde están as cousas para fiar a lá e o liño. Alba a casa do mel os animais coser Inglés a día 10 O corpo... O día 11 Sabela puxo unha pancarta en defensa da Escola Pública. Cando parou fúmola ver. Mateo O día 11 cumpreu Gabriel 4 anos O día 13 cumpreu Antía 4 anos O día 13 empezando novos teares... Xogos no parque O día 14 xogando coas follas... O día 17 obradoiro de cociña do grupo de 4 anos con Patricia: tarta de maínzo, sen ovo e con granadas... Fotos traballando na pizarra dixital en música con Cris e en apoio ás rutinas con Mariluz. Para as rutinas usamos o programa dixital, adaptado, de Mar Vaamonde do Cra de Carballo quen nolo facilitou hai varios cursos. Graciñas Mar!!! Xogos populares o xoves día 20: Pasa Perico... Zapatiño quieto é... tamén a Martín Pirulicio, con prendas... O día 21 viñeron de excursión ó noso parque nenos e nenas do colexio das Mercedarias... O día 21 cumpre Yasmín A entrega do caderno... A tomateira ventureira que naceu en setembro gracias ó bon tempo sacou adiante moitos tomatiños cherris pero chegou o trebón e houbo que recollelos... Ordenando por tamaños, sopesando e pesando... O día 26 xuntamos todas estas cabazas que troxeron de Antía, Xeila e Mateo. Cando lle celebramos o cumpre a Candela non estaba preparado o das rutinas na pizarra dixital e fixo a páxina do cumpre hoxe... O día 2 preparamos as caveiras... O día 28 saímos con elas antes de levalas para casa... O día 28 fixemos os colares de zonchos coas castañas que recollimos no parque e que gardamos para iso...
Esta cantiga das Caveiras é de Feli Fresco Cobelo, mestra que tamén estivo nesta zona e que foi quen lle ensinou a cantiga a Sabela e ela a nós. Graciñas Feli!!!! Gústanos moito!!!!









Os colares de zonchos é unha anterga tradición galega, agasallábanse ós nenos-as o día de Tódolos Santos. Agora fannos eles mesmos nas escolas. Nós aproveitamos tamén a facer un traballo de cálculo metendo 10 e poñendo a marca vermella da decena, e así sucesivamente, para ir sabendo a cantidade que van tendo.
A cantiga dos esqueletes, co texto desta versión, era popular en España hai moitos anos. Nós a temos pasada ó galego... Hai unha versión orixinaria de Costa Rica que aproveita as horas do reloxio.
Estas datas están unidas ó gusto polo macabro e que provoca medo, transformado en diversión.